NOVAS DIRECCIÓN
AVALIACION ORDINARIA 2º BAC CURSO 2023-24
Enviado por Dirección o Ven, 26/04/2024 - 11:16PERÍODO DE AVALIACIÓN ORDINARIA:
SESIÓNS DE AVALIACIÓN: | 15 de maio á tarde. |
ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS AO ALUMNADO | 16 de maio a partir das 09.00 horas na Secretaría do centro e publicación das cualificacións en AbalarMóbil . |
REVISIÓN DE EXAMES | 16 e 20 de maio antes das 14:00h |
PREMATRICULA NA ABAU (*) | 16 e 20 de maio antes das 14:00h |
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE BACHARELATO: |
20 e 21 de maio antes das 14:00h |
ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DOS DEPARTAMENTOS Á DIRECCIÓN | 22 de maio antes das 11:00h |
ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS AOS INTERESADOS/AS | 22 de maio antes das 12:00h |
RECLAMACIÓNS NO CENTRO PARA ELEVAR A XEFATURA TERRITORIAL | 23 e 24 de maio antes das 14:00h |
COMUNCACIÓN POR PARTE DO CENTRO A XEFATURA TERRITORIAL | 24 de maio antes das 14:00h |
RESOLUCIÓN POR PARTE DE XEFATURA TERRITORIAL | 27 de maio data límite |
PROBAS ABAU | 4, 5 e 6 de xuño |
(*) O alumnado que faga reclamacións as cualificacións de bacharelato e dita reclamación se resolva favorablemente por parte do departamento didáctico correspondente sen necesidade de elevala a Xefatura Territorial, terán de prazo para facer a prematricula no centro ata o día 23 de Maio ás 12:00h.
PROCEDEMENTO E MODELOS DE FORMULARIOS PARA A RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS | ENLACE |
FORMULARIO DE RECLAMACIÓNS | ENLACE |
AVALIACION EXTRAORDINARIA 2º BAC CURSO 2023-24
Enviado por Dirección o Mar, 30/04/2024 - 09:35PERÍODO DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA:
DATAS DE PROBAS EXTRAORDINARIAS | Aprox. 10, 11,12 de xuño (elaborarase horario a partir do 15 de maio despois da avaliación ordinaria) |
SESIÓNS DE AVALIACIÓN: | 13 de xuño á tarde. |
ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS AO ALUMNADO | 14 de xuño a partir das 10.00 horas na Secretaría do centro e publicación das cualificacións en Abalar Móbil |
REVISIÓN DE EXAMES | 14 e 17 de xuño antes das 14:00h |
PREMATRICULA NA ABAU (*) | 13 e 17 de xuño antes das 14:00h |
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE BACHARELATO: |
17 e 18 de xuño antes das 14:00h |
ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DOS DEPARTAMENTOS Á DIRECCIÓN | 19 de xuño antes das 11:00h |
ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS AOS INTERESADOS/AS | 19 de xuño antes das 12:00h |
RECLAMACIÓNS NO CENTRO PARA ELEVAR A XEFATURA TERRITORIAL | 20 e 21 de xuño antes das 14:00h |
COMUNICACIÓN POR PARTE DO CENTRO A XEFATURA TERRITORIAL | 21 de xuño antes das 14:00h |
RESOLUCIÓN POR PARTE DE XEFATURA TERRITORIAL | 24 de xuño data límite |
PROBAS ABAU | 2, 3 e 4 de xullo |
(*) O alumnado que faga reclamacións as cualificacións de bacharelato e dita reclamación se resolva favorablemente por parte do departamento didáctico correspondente sen necesidade de elevala a Xefatura Territorial, terán de prazo para facer a prematricula no centro ata o día 20 de Xuño ás 12:00h.
PROCEDEMENTO E MODELOS DE FORMULARIOS PARA A RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS | ENLACE |
FORMULARIO DE RECLAMACIÓNS | ENLACE |
SOLICITUDE DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE CURSO 2024-25
Enviado por Dirección o Dom, 28/04/2024 - 17:54Desde este luns 30 de abril e até o 13 de setembro estará aberto o prazo para a solicitude de bolsas
Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.
Anuncio da convocatoria
https://www.boe.es/boe/dias/
ABAU ORDINARIA 2024
Enviado por Dirección o Ven, 26/04/2024 - 11:15O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de 2024 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación ordinaria de 2º de BAC realizarase entre os días 16 ao 20 de maio. E do 13 ao 17 de xuño para a convocatoria extraordinaria.
Prazo especial de matricula na convocatoria ordinaria: poderá matricularse no prazo especial de matricula da convocatoria ordinaria (respectivamente extraordinaria) o alumnado que obteña resolución favorable da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato ante a Xefatura Territorial correspondente. Poderá matricularse a través da aplicación NERTA, das 9:00h ás 14:00h do día seguinte a comunicación da resolución.
PROCESO DE MATRICULACIÓN:
- Día 16 de maio, xoves: na secretaria do centro recollida de impresos e documentación ou descarga.Cumprimentación de impresos e abono taxas.
- Días 16 e 20 de maio, xoves e luns: entrega de documentación na administración:
- Xustificación abono de taxas (se non se pagou telematicamente en NERTA) ou documentación que acredite a exención deste pagamento.
- Fotocopia do DNI
- Impreso oficial de matricula ABAU debidamente cumprimentado.
- Resgardo acreditativo de ter efectuado o pago para a solicitude do Título de Bacharelato.
- Día 21 de Maio: Publicación provisional do alumnado matriculado a través da aplicación informática Nerta. Comprobación de datos e reclamaciónde posibles erros na matricula no centro ata as 14:00h deste mesmo día.
- Día 23 maio: publicación en NERTA do alumnado matriculado.
- Días 4, 5 e 6 de xuño exames ABAU da convocatoria ordinaria.
- Día 13 de xuño: Xeración e Publicación on-line das actas de cualificacións provisionais da proba de ABAU (a partir das 20:00 horas).
- Día 14 de xuño: o alumnado recibirá por correo a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU. Para recibir a Tarxeta é necesario ter rexistrado un correo electónico en NERTA.
- Días 14-18 de xuño: Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba ABAU (ata as 14:00 horas). Tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións.
- Día 20 de xuño: Publicación on-line das cualificacións definitivas despois da resolución das solicitudes de revisión a partir das 20:00h . Contra a resolución adoptada pola CIUG, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publiciación ante a propia CIUG.
- Día 21 de xuño: o alumnado recibirá por correo a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU no caso de que se solicitara a revisión de cualificacións.
- Días 21 e 25 de xuño: solicitude para ver os exames con revisión ata as 14:00h
- Día 27 de Xuño ás 10:00h: data para ver os exames solicitados.
INSTRUCIÓNS E DATAS IMPORTANTES:
- Instrucións ABAU 2024 da CIUG
- Instrucións para a aplicación NERTA alumnado
- Horario e datas das probas de ABAU ORDINARIAS.
- Relación de Comisións Delegadas coa asignación dos Centros de Secundaria
- Ponderacións
- Enlace páxina da CIUG
- Prazos de chamamento para matricula nas universidades da SUG
IMPRESOS:
- Impreso para o pago das taxas ABAU se non se fai online.
- Instrucións para o pago de taxas ABAU
- Impreso de prematrícula na ABAU: solicitar en administración do centro ou descargar AQUÍ.
- Impreso para o pago do título de bacharelato: solicitar en administración co resto da documentación ou ben descargar modelo AQUI. Para descargar o modelo premer en "INICIAR TASA", premer no candado aberto e despois en "DESCARGAR MODELO".
NOTA: Toda esta documentación tamén podedes recollela en administración.
VIDEO:
PROCESO ADMISIÓN 2024_25.
Enviado por Dirección o Ven, 05/04/2024 - 22:57Todo alumnado que presentou solicitude de admisión neste centro para 1° ESO, 2° ESO, 1° BAC e 2° BAC foi admitido para o vindeiro curso escolar 2024-25.
Para o alumnado que fixo solicitude para 3° e e 4° ESO procederase a baremar.
As listas provisionais serán publicadas a partir do 25 de Abril na aplicación admisión alumnado e no taboleiro do centro en administración.
Para presentar as oportunas alegacións ábrese un prazo de 5 días hábiles a partir do día de dita publicación e as listas definitivas serán publicadas o 15 de Maio.
BECAS EUROLINGUA VERÁN 2024
Enviado por Dirección o Mér, 03/04/2024 - 11:14Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.
Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.
O programa está financiado ao 100% e inclúe:
- Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
- A data do curso será no verán, nos meses de xullo ou agosto .
- Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
- Proba de nivel.
- Programa de 20 clases de inglés semanais.
- Material didáctico.
- Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
- Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
- Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
- Teléfonos de emerxencia 24 horas.
- Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA: Ata as 23.59 horas do 21 de abril de 2024.
SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDO 2024-2025
Enviado por Dirección o Mér, 20/03/2024 - 14:22ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE
BOLSAS DE ESTUDO MEC DO CURSO 2024-2025
Poderá ser beneficiario o alumnado que no ano 2024-2025 curse:
- Bacharelato
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior
- Ensinos artísticos: profesionais e superiores
- Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
- Ensinos deportivos
- Estudos relixiosos superiores
- Formación Profesional de Grao Básico
- Ensino universitario: Grados, Máster...
PRAZO: 19 DE MARZO AO 10 DE MAIO DE 2024
Para máis información premede na ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2024/25
Enviado por Dirección o Mar, 27/02/2024 - 15:19
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2024/25 DENDE O 1 AO 20 DE MARZO |
|
|
|
|
|
NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.
O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.
CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
Enviado por Dirección o Lun, 29/01/2024 - 17:47ENLACE:Convocatoria de probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2024
Públícase o calendario para a solitude e realización das probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior para o alumnado que non conte coa titulación esixida (ESO/BAC ou equivalentes respectivamente) e ademais conte cos seguintes requisitos:
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR
NOTA: A solicitude a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR realízase no mes de xuño unha vez obtida a titulación correspondente, estas probas son para as personas que non conten coa titulación requerida para dito acceso.
Orientadora
RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2024-2025 NOS CENTROS ADSCRITOS
Enviado por Dirección o Ven, 19/01/2024 - 20:00Ábrese o prazo para a reserva de praza dos centros adscritos, (CEIP DE PEDROUZOS).
Deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.
A presentación de solicitudes deberá facerse no CEIP de Pedrouzos ou a través da aplicación admisionalumnado.
PERIODO DE RESERVA DE PRAZA: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.