NOVAS DIRECCIÓN
RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2024-2025 NOS CENTROS ADSCRITOS
Enviado por Dirección o Ven, 19/01/2024 - 20:00Ábrese o prazo para a reserva de praza dos centros adscritos, (CEIP DE PEDROUZOS).
Deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.
A presentación de solicitudes deberá facerse no CEIP de Pedrouzos ou a través da aplicación admisionalumnado.
PERIODO DE RESERVA DE PRAZA: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
REGULACIÓN DO USO DOS MÓBILES NOS CENTROS EDUCATIVOS
Enviado por Dirección o Mar, 16/01/2024 - 18:33Ante a orde publicada pola Consellería de Educación regulando o uso dos dispositivos móbiles nos centros educativos, dende o IES de Brión pedimos a colaboración das familias de cara ao cumprimento desta norma, lembrándolles que para calquera comunicación que se teña que facer durante a xornada escolar, toda a Comunidade Educativa ten á súa disposición o teléfono fixo do centro.
Informamos que estamos a traballar na actualización das Normas de Organización e Funcionamento do centro para adaptarnos a esta nova normativa; lembramos así mesmo que o incumprimento de calquera norma poderá levar a unha falta de conducta.
AXUDAS ALUMNADO ESO
Enviado por Dirección o Lun, 06/11/2023 - 17:09Publicada a convocatoria de axudas da administración municipal de Brión para o alumnado escolarizado ata a ESO nos centros de enseñanza pública de Brión neste curso 2023-24. Premer AQUÍ para acceder ao documento da convocatoria.
CALENDARIO AVALIACIÓNS 23_24
Enviado por Dirección o Sáb, 28/10/2023 - 18:21DATAS AVALIACIÓN 1ª AVALIACIÓN |
AVALIACIÓN 1º BAC/ESO: do 14 ao 20 de Decembro de 2023 |
ENTREGA DE NOTAS: 21 de Decembro de 2023 |
AVALIACIÓN 2º BAC: 27 de Novembro de 2023 |
ENTREGA DE NOTAS: 29 de Novembro de 2023 |
DATAS AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN | |
AVALIACIÓN 1º BAC/ESO: do 15 ao 21 de marzo de 2024 | |
ENTREGA DE NOTAS: 22 de marzo de 2024 | |
AVALIACIÓN 2º BAC: 15 de Febreiro de 2024 | |
ENTREGA DE NOTAS: 16 de Febreiro de 2024 |
DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA |
AVALIACIÓN ESO: a partir 24 de Xuño de 2024 |
ENTREGA DE NOTAS 1º BAC: Xuño de 2024 |
AVALIACIÓN 1º BAC: 10 de Xuño de 2024 |
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BAC: a partir do 24 de Xuño |
AVALIACIÓN 2º BAC: 15 de Maio |
ENTREGA DE NOTAS: AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 2º BAC: |
*En cada avaliación, as notas publicaranse na aplicación Abalar o mesmo día que se entregan.
CALENDARIO ESCOLAR 2023-24
Enviado por Dirección o Mér, 23/08/2023 - 20:17ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
INICIO DO CURSO 2023-2024
Enviado por Dirección o Mér, 23/08/2023 - 17:24O día 8 de setembro farase unha presentación para o alumnado e familias de 1º ESO ás 17.00h no vestíbulo da planta baixa.
Nesta presentación estará o equipo directivo e o profesorado titor de 1º ESO.
Tamén este mesmo día,ás cinco, farase pública a distribución dos distintos grupos a través da aplicación Abalar.
O día 11 de setembro darán comezo as clases ás 8.25h cunha xornada de presentación para todos os niveis educativos. O profesorado titor acompañará ao seu grupo titorando, seguindo a seguinte distribución:
A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día.
ATENCIÓN AO PUBLICO MES DE AGOSTO
Enviado por Dirección o Ven, 28/07/2023 - 18:17Durante o mes de Agosto a atención ao público será a través do correo do centro ies.brion@edu.xunta.es.
Na maior brevidade posible contestaranse as peticións solicitadas.
A Dirección
BONOS DE MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Dirección o Lun, 17/07/2023 - 11:45Matriculado xa todo o alumnado da ESO, os vales de material escolar están xerados e a disposición das familias que os solicitaron. Poden vir recollelos ao centro de luns a venres de 9 a 2, durante todo o mes de xullo e despois a partir do 1 de setembro.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024
Enviado por Dirección o Lun, 03/07/2023 - 16:50Preme nos seguintes enlaces para consultar os libros de texto recomendados para o curso 2023-24:
LIBROS DE TEXTO BAC 2023-24 (con actualizacións a 14/09)
NOTA: Aconséllase a todo o alumnado non mercar libros ata falar co profesorado que lle imparta a materia en Setembro; ou, no caso de compralos, gardar todos os comprobantes de compra e non desembalar os libros ata falar co profesorado.
CONVOCATORIA DE PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 2023/2024
Enviado por Dirección o Xov, 22/06/2023 - 09:49Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2023/2024.
PRAZO ORDINARIO:
-
•.Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 7 de xuño e o 12 de xullo de 2023.
-
•.Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 7 de xuño e o 1 de agosto de 2023.
-
•.Publicación da listaxe provisional: o 22 de agosto de 2023.
-
•.Prazo para formular a reclamación: ata 5 días hábiles despois da publicación da listaxe.
-
•.Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: O 4 de setembro de 2023.
PRAZO EXTRAORDINARIO:
-
•.Cando feita a adxudicación de prazas no período ordinario existan no respectivo centro residencial prazas vacantes , abrirá un prazo de presentación de solicitudes do 4 ó 8 de setembro de 2023.
-
•.Publicación da listaxe provisional: 18 de setembro 2023.
-
•.Prazo para formular reclamación: Ata o 25 de setembro de 2023.
-
•.Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: 29 de setembro de 2023.
- MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO