Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881960101 - 698148050 - 698148051

2ºESO CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO

24/02/2022 08:30
24/02/2022 10:10

O alumnado de 2º ESO ten unha charla sobre a Violencia de xénero no novo contexto dixital o xoves 24-2-2022 de 08:30 a 10:10 horas.

A sesión está organizada pola Deputación de A Coruña, o Concello de Cariño e o IES Cabo Ortegal, e impartida por PantallasAmigas coa misión de promocionar un uso seguro e saudable de Internet e outras TIC, así como o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia.

1º ESO A e B ACTIVIDADE NA PISCINA

22/02/2022 11:30
22/02/2022 14:00

O alumnado de 1º A e B realiza unha actividade na piscina municipal o martes 22 de febreiro de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

2º ESO ACTIVIDADE NA PISCINA

17/02/2022 11:30
17/02/2022 14:00

O alumnado de 2º A realiza unha actividade na piscina municipal o xoves 17 de febrero de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

2º ESO ACTIVIDADE NA PISCINA

15/02/2022 11:30
15/02/2022 14:00

O alumnado de 2º A realiza unha actividade na piscina municipal o martes 15 de febrero de 2022 de 11:30 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

CONCURSO 11F DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

11/02/2022 00:01

O Club de Ciencia organiza un concurso o venres 11 de febreiro con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para participar neste xogo terás que resolver o encrucillado o máis rápido posible durante os recreos do venres.

 

ENTREGA DE PREMIOS

  

  

PROGRAMA ESCOLAR DE FROITA E LEITE

31/01/2022 08:30

O noso instituto participa, outro ano máis, no Programa de froita e leite na escola que organiza o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e subvenciona pola Unión Europea.

A partir do próximo luns 31 xaneiro, o alumnado poderá consumir unha peza de froita (10 días) e un brick de leite (20 días) durante os recreos.

Poderán escoller entre mandarina, mazá, pera ou plátano e o leite é 100% galega!!!!

A o longo do terceiro trimestre repetiremos o programa completo.

4ºESO CHARLA ARMADA

21/01/2022 09:20
21/01/2022 10:10

O alumnado de 4º ESO ten unha charla, impartida por un membro da Armada, o venres 21 de xaneiro de 2022 de 09:20 a 10:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento Orientación.

1ºBAC CHARLA TEMÁTICA

14/01/2022 12:20
14/01/2022 13:10

O alumnado de 1º de BAC ten unha charla por videoconferencia sobre "Escritoras del Siglo de Oro", impartida por Antía Tacón García da USC, o venres 14-12-22 de 12:20 a 13:10 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

4ºESO RELEVO2 CHARLA COMERCIALIZACÓN E TRANSFORMACIÓN

14/01/2022 08:30
14/01/2022 09:20

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre TRANSFORMACIÓN: todas as posibilidades de transformación do produto, organizada polo departamento de Orientación e impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o venres 14-01-22 de 08:30 a 09:20 horas

CONCURSO DE LOGOTIPOS 'EMBAIXADORES DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL'

20/12/2021 20:28

 equipo Erasmus+ do centro organiza un concurso para escoller o logotipo que será a imaxe do proxecto europeo Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal. En dito concurso pode participar todo o alumnado do centro.

 

AQUÍ ESTÁN OS LOGOS FINALISTAS...

O LOGO GAÑADOR DARASE A COÑECER PROXIMAMENTE NAS REDES SOCIAIS

 

   

 

XA TEMOS LOGO GAÑADOR!! NORABOA MÓNICA!!

    

4º ESO SAÍDA DIDÁCTICA A FERROL

16/12/2021 08:30
16/12/2021 17:00

O alumnado de 4º ESO realiza a ruta das Meninas de Canido e participa no taller D´tec "Mundos virtuais" no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol o 16-12-2021 de 08:30 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía.


3º 4º ESO e 1° 2° BAC: MONÓLOGOS CIENTÍFICOS

13/12/2021 16:00
13/12/2021 17:40

O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC acude ao Auditorio Municipal para participar nos MONÓLOGOS CIENTÍFICOS o luns 13-12-2021 de 16:00 a 17:40 horas.

O espectáculo corre a cargo do grupo BigVanCiencia, científicos e investigadores que usan as artes escénicas e o humor para divulgar contido científico.

Organiza o Concello de Cariño e o IES Cabo Ortegal.


1º e 2º BAC: CHARLA BAILARINA

09/12/2021 12:20
09/12/2021 14:00

O alumnado de 1º e 2º BAC teñen unha actividade impartida pola bailarina Marta Alonso Tejada o xoves 9-12-21 de 12:20 a 14:00 horas no pavillón do instituto

1ªBAC CHARLA CONTAMINACIÓN MARINA

30/11/2021 10:00
30/11/2021 11:00

O alumnado de 1ºBAC ten ona charla sobre Contaminación en el medio marino: qué vigilar, cuándo y cómo o martes 30-11-21 de 10:00 a 11:00 horas. As ponentes serán Lucía Viñas e Begoña Pérez do Centro Oceanográfico de Vigo e se emitirá a través da plataforma Zoom

4ºESO RELEVO2 CHARLA PESCA E ACUICULTURA

29/11/2021 16:50
29/11/2021 17:40

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre A formación e saídas profesionais en pesca e acuicultura, organizada polo departamento de Orientación e impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o luns 29-11-21 de 16:50 a 17:40 horas

4ºESO RELEVO2 CHARLA PESCA E ACUICULTURA

26/11/2021 09:20
26/11/2021 10:10

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre os Oficios e traballos, organizada polo departamento de Orientación e impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o venres 26-11-21 de 09:20 a 10:10 horas

4ºESO CHARLA VOLCANES

25/11/2021 11:00
25/11/2021 11:50

O alumnado de 4ºESO ten unha charla sobre Volcanes y su afección al medio o xoves 25-11-21 de 11:00-11:50 horasa través del canal del IEO en YouTube. Será impartida por Eugenio Fraile Nuez do Centro Oceanográfico de Canarias

TODOS CONCURSO: PONLLE MÚSICA Á CIENCIA

22/11/2021 00:30
22/11/2021 14:00

Para celebrar o día da Música (22 de novembro) e o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas os departamentos de Música, Biblioteca, EDLG e o Club de Ciencias convocan un concurso de versións musicais "Ponlle música á ciencia", no que pode participar todo o alumnado.


ESO: AULAS VIVAS

22/11/2021 10:10
22/11/2021 13:00

Todo o alumnado da ESO ten o 22-11-21 una actividade na que a bailarina e docente Ana Beatriz Pérez realizará unhos exercicios sinxelos e de curta duración (10 minutos) ao inicio ou ao final de cada clase.

O horario por cursos é:

2º ESO A: 10:10 horas

1º ESO B: 10:50 horas

4º ESO A: 11:00 horas

1º ESO A: 11:30 horas

3º ESO A: 12:20 horas

3º ESO A DES/PMAR: 13:00 horas

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (DOG nº 218 do venres, 12 de novembro de 2021) establécese que:

Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar. Aquel alumnado que por diversas circunstancias non fose beneficiario para adquirir material escolar poderá solicitalo se cumpre os seguintes requisitos establecidos na orde.

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

O prazo de presentación de solicitudes realizarase no centro, con data límite do 26 de novembro incluído.

4ºESO RELEVO2 CHARLA PESCA E ACUICULTURA

19/11/2021 08:30
19/11/2021 09:20

O alumnado de 4º ESO ten una charla sobre O sector primario. Coñecemento do sector ata a chegada á lonxa do produto, organizada polo departamento de Orientación e impartida por membros dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o venres 19-11-21 de 08:30 a 09:00 horas

3ºESO e 3ºPMAR: VISITA AO MUNCYT e AO XII OBRADOIRO GALEGO DE ROBÓTICA

17/11/2021 08:30
17/11/2021 19:30

O alumnado de 3º ESO e 3º PMAR realiza, o mércores 17-11-21 de 08:30 a 19:30 horas, unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnología, en donde realizarán unha actividade, e participarán no XII Obradoiro Galego de Robótica, onde imparten formación sobre programación e robótica


3ºESOPMAR CHARLA PLAN DIRECTOR

12/11/2021 11:30
12/11/2021 12:20

O alumnado de 3º ESO PMAR ten unha charla, organizada polo departamento de orientación, sobre a Prevención de Drogas e Alcohol o venres 12-11-2021 de 11:30 a 12:20 horas

3ºESOA CHARLA PLAN DIRECTOR

12/11/2021 10:10
12/11/2021 11:00

O alumnado de 3º ESO A ten unha charla, organizada polo departamento de orientación, sobre a Prevención de Drogas e Alcohol o venres 12-11-2021 de 10:10 a 11:00 horas

4ºESOA CHARLA PLAN DIRECTOR

12/11/2021 08:30
12/11/2021 09:20

O alumnado de 4º ESO A ten unha charla, organizada polo departamento de orientación, sobre VIOGEN o venres 12-11-2021 de 8:30 a 9:20 horas

2ºESO CHARLA PLAN DIRECTOR

10/11/2021 11:30
10/11/2021 12:20

O alumnado de 2º ESO ten unha charla, organizada polo departamento de orientación, sobre Acoso Escolar o mércores 10-11-2021 de 11:30 a 12:20 horas

TODOS CONCURSO: EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

09/11/2021 08:30
09/11/2021 14:00

Todo o alumnado do centro participa no concurso "En busca do enigma perdido", organizado pola Biblioteca, o Club de Ciencias e o EDLG do IES Cabo Ortegal, do 9 ao 12 e do 16 ao 19 de novembro de 2021


1ºESOA CHARLA PLAN DIRECTOR

09/11/2021 09:20
09/11/2021 10:10

O alumnado de 1º ESO A ten unha charla, organizada polo departamento de orientación, sobre Novas Tecnoloxías o martes 9-11-2021 de 09:20 a 10:10 horas

TODOS MAGOSTO 2021

08/11/2021 16:00
08/11/2021 18:30

O luns 8-11-21 todo o centro participará na degustación de castañas asadas. Si a meteoroloxía o permite poderase participar en xogos tradicionais. Por protocolo COVID o alumnado, despois de recoller a súa ración de castañas, se situará no seu lugar correspondente asignado para os recreos. As quendas por hora e cursos son:

De 16:00 a 16:50 horas baixará o alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de BAC (terá clase normal a 2ª hora da tarde)

De 16:50 a 17:40 horas: baixará o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO (terá clase normal a 1ª hora da tarde)

De 17:40 a 18:30 horas: baixará o alumnado do Ciclo

1ºESOB CHARLA PLAN DIRECTOR

08/11/2021 13:10
08/11/2021 14:00

O alumnado de 1º ESO B ten unha charla, organizada polo departamento de orientación, sobre Novas Tecnoloxías o luns 8-11-2021 de 13:10 a 14:50 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut