Iniciar sesión: Acceso

PROBA COMPETENCIAS DIXITAIS 4º DE ESO

Informamos de que a proba de Competencia Dixital Nivel Intermedio para o alumnado de 4º de ESO que a solicitase vai ser realizada o vindeiro xoves día 23 de maio ás 11:00, na aula de informática do centro. Achegamos os seguintes enlaces de interese:

Enlace á demo da proba

Instrucións para o alumnado

RECOLLIDA DE TÍTULOS de ESO e BAC

Informamos de que os títulos correspondentes ao alumnado que rematou os seus estudos de ESO e de Bacharelato en 2022 están dispoñibles para a súa recollida nas dependencias da administración do centro.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Están convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao presente curso 2023-2024. A estes premios pode optar o alumnado matriculado en 2º de Bacharelato, que remate os seus estudos na convocatoria ordinaria e posúa unha media de bacharelato igual ou superior a 8,75.

Pódese consultar o texto da convocatoria neste enlace. O prazo para inscribirse está aberto ata o 28 de maio de 2024.

ENCONTRO CON EX-DOCENTES DO IES CAMILO JOSÉ CELA

O pasado 15 de abril, o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato desfrutou dun encontro con profesoras e profesores que deixaron unha importante pegada no IES Camilo José Cela. Bieito Silva, Rita Amigo, Encarna Otero e Emilio Crespo conversaron co alumnado sobre as súas experiencias como docentes e cargos directivos no centro en diversas etapas. A reunión celebrouse no marco dos actos de conmemoración do 50 aniversario do IES.

Todos e todas lembraron con agarimo o seu paso por Padrón e achegaron interesantes reflexións sobre distintos aspectos do ensino público e sobre as súas vivencias ao longo da súa carreira docente. O alumnado participou activamente na conversa.

ALUMNADO ADMITIDO NO IES CAMILO JOSÉ CELA

Unha vez concluído o proceso de admisión ordinaria de alumnado para o vindeiro curso, comunícase que todo o alumnado que fixo a súa solicitude de admisión dentro do prazo establecido está admitido no IES Camilo José Cela para o curso 2024-2025.

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDO PARA BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E FP BÁSICA. CURSO 2024-2025

Hoxe abriuse o prazo da nova convocatoria de bolsas de estudo para o vindeiro curso 2024-2025. O alumnado destinatario destas bolsas será o que no vindeiro curso realice estudos de FP Básica, Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior e estudos de Bacharelato ou superiores.

O prazo de solicitude está aberto desde o 19 de marzo ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. Todo o proceso se realizará a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, no seguinte enderezo: https://www.becaseducacion.gob.es. Tamén poden acceder á publicación no BOE.

Para solicitar a bolsa de estudos é preciso seguir estes pasos:

1. Entrar na sede electrónica https://www.becaseducacion.gob.es. Alí debe facerse un rexistro para crear un usuario e contrasinal.

2. Encher o formulario en liña.

3. Imprimir o xustificante de presentación. Comprobar se se atopa nalgunha das situación para remitir documentación. O enderezo para remitir documentación á unidade de Bolsas é:

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 4. Durante os meses de xullo e agosto débese estar atento/a ao correo electrónico.

Recoméndase non deixar os trámites para o final.

Teléfonos de información: 981184741 - 981184742 - 881881647 - 981185725 - 981182621

Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal

Encontros virtuais na USC

A USC dá a coñecer a súa oferta, titulacións e instalacións a través de encontros virtuais dispoñibles especialmente para o alumnado de 4º de ESO, Ciclos Formativos de Grao Superior e Bacharelato. Este curso terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Estas datas, previas ou na mesma Semana Santa, están pensadas para facilitar o acceso telemático a estes encontros.

A páxina de acceso aos encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais. Premendo no enlace accederase directamente aos contidos, que se irán actualizando nas datas previas.

 

Distribuir contido