MENÚ MAIO 2024

LICITACIÓN SERVIZO DE CAFETERÍA

Ven de publicarse o anuncio para a presentación de ofertas para a licitación do servizo de cafeterías dos centros para os vindeiros cursos 2024/25 e 2025/26, con posibilidade de prorroga para os cursos 2026/27 e 2027/28.
 
Queremos destacar que este proceso depende directamente da Xefatura Territorial de Ourense, e o centro é totalmente alleo tanto ao proceso de presentación de solicitudes como de selección de candidatos. Ante calqueira dúbida recomendamos chamar directamente ao teléfono de licitacións da Xefatura Territorial 988386657.

 

 

 

Información publicada na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia/
Perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?
N=821899

As ofertas deberán formularse a través do Sistema Electrónico de
Licitación (SILEX): www.conselleriadefacenda.es/silex (buscar por número
de expediente: OU 1 2024 CSCAFETERIASCP

 

NORMATIVA OFICIAL USO DE MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS

Estimada Comunidade Educativa: como saberedes a través dos medios de comunicación, o pasado 4 de xaneiro, a Consellería de Educación ven de publicar a Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41985

 

Polo tanto, e desde esta data, a  normativa  no centro queda supeditada ao indicado en dita Orde, que prohibe taxativamente o seu uso durante toda a xornada académica, (incluíndo recreos, entradas, saídas e tempo de comedor), e en todos os espazos do recinto escolar.

As excepcións que o centro matiza con respecto a esta normativa, e que deberán ser aprobadas nos vindeiros Claustro e Consello Escolar, previsto para o 30 de xaneiro, son as seguintes:

 

a-) O uso con fins pedagóxicos que cada docente permita na súa aula.

b-) O alumnado que así o teña indicado por razóns médicas ou pedagóxicas, e que indicará, previo informe, o departamento de Orientación.

c-) Situacións puntuais de urxencias médicas ou familiares que obriguen a estar conectado a un alumno/a, previa autorización do equipo directivo ou titor/a.

d-) Nas actividades extraescolares e complementarias, permítese o uso educativo para gravar ou tomar fotografías en museos ou visitas, sempre con autorización do profesorado.

Nos intres de lecer, en actividades extraescolares permítese o uso “razoable e proporcional” como ferramenta para rexistrar lembranzas da viaxe, etc. Terase, evidentemente, en conta que ese uso sempre debe respectar as regras básicas de convivencia indicadas nas NOF do centro.

 

As sancións determinadas polo incumprimento desta norma serán as seguintes:

1º incumprimento: Retirada do dispositivo ata o final da xornada lectiva e amoestación escrita.

Seguintes incumprimentos: Retirada do dispositivo ata o final da xornada lectiva e privación do dereito de asistencia ao centro por 1 día.

 

Viana do Bolo, 8 de xaneiro de 2024.

 

O equipo directivo.

 

Intercambio Liceum Ogólnokształcące z Oddziałami Dwujęzycznymi im. Bolesława Chrobrego w Gryficach -- IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

Os nosos compañeiros polacos de intercambio xa están de camiño

COMEZO DE CURSO 2023-24

COMEDOR CURSO 2023-24

Unha vez recibida as instrucións que regulan o funcionamento dos comedores escolares, comunicámos que está aberto o prazo de formalización da solicitude de comedor para o vindeiro curso 2023-2024.

Para formalizar a praza de comedor é necesario entregar os dous seguintes documentos debidamente cumprimentados na secretaria do centro entre 26-31 de xullo de 2023.

Pódense descargar os impresos nas seguintes ligazóns ou pasar a recollelos polo centro.

 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24

Rematado o prazo ordinario de admisión para o curso 2023-24, TODOS os solicitantes obteñen praza no noso centro.

 

O equipo directivo

FIN DA OBLIGATORIEDADE DO USO DE MÁSCARAS NO TRANSPORTE PÚBLICO

Seguindo a lexislación indicada polo BOE do 8 de febreiro de 2023, remata a obrigatoriedade de uso de máscaras no transporte público, polo que esa decisión será tomada de xeito libre e voluntario polo noso alumnado, que deixa atrás así, a última das restriccións da pandemia. A actitude de todas elas e eles durante estes longuísimos 3 anos foi exemplar.

Distribuir contido