Skip to Content

NORMATIVA OFICIAL USO DE MÓBILES E DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS

Estimada Comunidade Educativa: como saberedes a través dos medios de comunicación, o pasado 4 de xaneiro, a Consellería de Educación ven de publicar a Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41985

 

Polo tanto, e desde esta data, a  normativa  no centro queda supeditada ao indicado en dita Orde, que prohibe taxativamente o seu uso durante toda a xornada académica, (incluíndo recreos, entradas, saídas e tempo de comedor), e en todos os espazos do recinto escolar.

As excepcións que o centro matiza con respecto a esta normativa, e que deberán ser aprobadas nos vindeiros Claustro e Consello Escolar, previsto para o 30 de xaneiro, son as seguintes:

 

a-) O uso con fins pedagóxicos que cada docente permita na súa aula.

b-) O alumnado que así o teña indicado por razóns médicas ou pedagóxicas, e que indicará, previo informe, o departamento de Orientación.

c-) Situacións puntuais de urxencias médicas ou familiares que obriguen a estar conectado a un alumno/a, previa autorización do equipo directivo ou titor/a.

d-) Nas actividades extraescolares e complementarias, permítese o uso educativo para gravar ou tomar fotografías en museos ou visitas, sempre con autorización do profesorado.

Nos intres de lecer, en actividades extraescolares permítese o uso “razoable e proporcional” como ferramenta para rexistrar lembranzas da viaxe, etc. Terase, evidentemente, en conta que ese uso sempre debe respectar as regras básicas de convivencia indicadas nas NOF do centro.

 

As sancións determinadas polo incumprimento desta norma serán as seguintes:

1º incumprimento: Retirada do dispositivo ata o final da xornada lectiva e amoestación escrita.

Seguintes incumprimentos: Retirada do dispositivo ata o final da xornada lectiva e privación do dereito de asistencia ao centro por 1 día.

 

Viana do Bolo, 8 de xaneiro de 2024.

 

O equipo directivo.

 



portada | by Dr. Radut