Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025.

Estimadas familias.

Hoxe comeza o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2024/2025. O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024, este día incluído.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondo libros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a súa presentación no IES de Carral deben ter en conta os seguintes aspectos:

- É necesario solicitar cita previa no 881960480 ou no correo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal

- Deben entregar debidamente cuberto e asinado o impreso de solicitude. Pódeno imprimir dende a aplicación Fondolibros ou dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (impreso ED330B-anexos I e II).

- Lembren entregar a documentación complementaria (non se farán copias no centro).

Nos arquivos que achegamos poden consultar a documentación que deben presentar coa solicitude e toda a información relativa ao procedemento.

 

O 20 DE MAIO É DÍA NON LECTIVO.

Lembrámoslle que o día 20 de maio é día non lectivo neste centro segundo se establece no artigo 7.2 da Orde do 3 de maio de 2023, pola que se aproba o calendario escolar deste curso.

SEMANA DAS MATEMÁTICAS 2024

TÍTULOS DE ESO DO CURSO 2021/2022

O alumnado que rematou a ESO no curso 2021/2022 pode recoller o seu título na Administración do centro.

Concesión do Servizo de Cafetería

Informamos que está aberto o prazo para presentar ofertas ao contrato de concesión do servizo da cafetería do IES de Carral e que este remata o 22 de abril de 2024 ás 14.00 horas.
Para mais información poden acceder a plataforma de contratos de Galicia
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=822258&lang=gl

Achegamos os pregos e os anexos cos datos das cafeterías e a lista de produtos mínimos e prezos máximos.

Información sobre a Avaliación de Diagnóstico

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2º da ESO. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. Ofrecemos a seguir a información máis relevante sobre a mesma para o alumnado e as familias, así como a ligazón á web onde está toda a información. 

 

 

A avaliación de diagnóstico

Ligazón á web da Consellaría de Educación

 

CONVOCADAS BECAS PARA BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E OUTROS ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS PARA O VINDEIRO CURSO.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca becas para a realización, durante o vindeiro curso, de estudos postobrigatorios de bacharelato, formación profesional de grao básico, medio e superior, ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas nas EOI.

Poden consultar a información no arquivo que se achega.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio: publicación listaxes provisionais.

Publicáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio. Poden consultar a información neste enlace.

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Distribuir contido


by Dr. Radut