BENVIDO AO CASTRO DE BARONCELI, O CENTRO DE SECUNDARIA OBRIGATORIA DE REFERENCIA PARA OS CONCELLOS DE CASTRELO DO VAL, CUALEDRO, LAZA, MONTERREI, OÍMBRA, RIÓS, VERÍN E VILARDEVÓS. COÑÉCENOS! ATOPARASNOS NO Camiño Tuelas, Queizás (Verín). Tlf. 988411212. Fax 988590416. ies.castro.baronceli@edu.xunta.es

Saída ó cine Gesma

22/05/2012 - 23:00
Etc/GMT+1

O vindeiro xoves o alumnado de 2º ciclo irá a Xinzo de Limia para ver no cine Gesma Vilamor, a película de Ignacio Vilar.

Imaxes da V Romaría das Letras Galegas

22/05/2012 - 23:00
Etc/GMT+1

As imaxes da Romaría, no Facebook de LaGaZetaDeTerZero (hai que ter unha conta en Facebook).

V Romaría das Letras Galegas

19/05/2012 - 19:52
Etc/GMT+1

O vindeiro luns 28 de maio terá lugar a Romaría das letras Galegas, que acada a súa quinta edición. Neste caso a personalidade homenaxeada será o escritor de Rabal (Oímbra) Antonio Fernández Pérez, a quen se lle adicará un aula. Coma sempre, desfrutaremos do festival literario, un xantar popular e xogos tradicionais.

Este é o programa de actividades:

12:45 Inauguración da aula Antonio Fernández Pérez (info sobre a súa biografía aquí ou aquí).

13:00 Festival literario.

14:00 Xantar popular.

15:00 Xogos tradicionais.

 

Marcos Calveiro visita o Baronceli

17/05/2012 - 00:56
Etc/GMT+1

Este venres visita o Baronceli o escritor especializado en literatura xuvenil Marcos Calveiro. Unha oportunidade única para falar co autor de O escritor do sombreiro de malvas, novela que moitos alumnos xa tiveron a ocasión de ler.

Cartel da V Romaría das Letras Galegas

14/05/2012 - 14:00
Etc/GMT+1

Xa hai gañador do concurso de carteis para a V Romaría das Letras Galegas. Felicidades ós creadores, María, Elisa e Judith, de 3º A!


A caravana de "Vilamor" chega ó Baronceli

11/05/2012 - 13:11
Etc/GMT+1

A caravana de Vilamor -a última película de Ignacio Vilar, con Rubén Riós de protagonista- chega o luns 14 ó Baronceli. A caravana chega nunha nova etapa da súa viaxe promocional por Galicia, e desenvolverá unha actividade especial no Instituto. Un bo aperitivo para a inminente Romaría das Letras Galegas. O cine-clube proxectará ese día dúas curtas de Rubén Riós: 'Adeus Edrada' e 'Coser e cantar'.


Calendario de exames de materias pendentes

07/05/2012 - 15:57
Etc/GMT+1

No pdf adxunto está o calendario de exames de materias pendentes. Aconséllase ós alumnos que teñan que presentarse que verifiquen as datas e horas cos seus profesores, en previsión de posibles modificacións.

Contacontos

26/04/2012 - 19:29
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos disfrutaron dunha sesión de contacontos a cargo do profesor e narrador de historias, Xosé Manuel Neira.

MENÚ ESCOLAR DO MES DE MAIO DE 2.012

26/04/2012 - 10:54
Etc/GMT+1

Adxunto, remitimos o menú do comedor escolar correspondente ó mes de maio de 2.012.

Teatralización do Lazarillo de Tormes

25/04/2012 - 18:52
Etc/GMT+1

 

Tres alumnos do IES Taboada Chivite visitáronnos para representar unhas breves esceas do Lazarillo de Tormes, co gallo da SEMANA DO LIBRO. Moitísimas gracias a Pedro (o cego), Alejandro (Lazarillo) e Belén (apuntadora), que trasladaron por uns intres ás aulas o máis auténtico século XVI.


Exposición de libros antigos

23/04/2012 - 19:52
Etc/GMT+1

Hoxe celebramos no Instituto o Día do Libro cunha magnífica exposición de libros antigos, organizada pola Biblioteca. Gracias ás persoas que amablemente colaboraron aportando libros, profesores e alumnos puideron admirar exemplares tan valiosos coma un facsímil dun libro de 1496 feito na imprenta do castelo de Monterrei (a primeira de Galicia), un misal de 1780, unha edición do 'Quijote' de 1832, diversos libros de texto, gramáticas e diccionarios de finais do século XIX e principios do XX, novelas varias publicadas en Francia e España, un número da revista 'Blanco y Negro' de 1925... Unha oportunidade excepcional para aprender e disfrutar de auténticos tesoros bibliográficos.


Día do Libro

19/04/2012 - 16:27
Etc/GMT+1

O vindeiro luns 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha exposición de libros antigos. Todos estades invitados a vela. E esto será só o principio dunha emocionante semana de actividades: tempo para compartir experiencias lectoras, teatralizacións de obras literarias, sesión de contacontos, concurso de caligramas...

MENÚ DE ABRIL

23/03/2012 - 11:00
Etc/GMT+1

Adxunto remitimos o arquivo co menú escolar correspondente ó mes de abril de 2.012.

Ciclo de curtametraxes

27/02/2012 - 14:46
Etc/GMT+1

A Biblioteca organiza un ciclo de curtametraxes. A partir de marzo, os luns ás 15:00 na aula "Taboada Chivite", o mellor cine!

PROGRAMACIÓN

26 de marzo: Selección de PIXAR.

9 de abril: Birdboy.

16 de abril: El viaje de Saïd.

23 de abril: NON HAI PROXECCIÓN POR COINCIDIR COA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

30 de abril: La leyenda del espantapájaros.

7 de maio: La nostalgia del señor Alambre.

14 de maio: La dama y la muerte.

21 de maio: SEN ESPECTÁCULO Ó SER Á ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS.

MENÚ ESCOLAR DO MES DE MARZO DE 2.012

24/02/2012 - 10:54
Etc/GMT+1

Adxunto, publicamos o menú do comedor escolar correspondente ao mes de marzo de 2.012.

Distribuir contido