Complementarias e extraescolares

Sesión de teatro en prevención de drogodependencias

08/11/2011 11:00
Europe/Madrid

Hoxe os alumnos de 2º ciclo van o IES Taboada Chivite para asistir á representación teatral "Pisa la raya", que tratará diversos temas relacionados coa drogodependencia. Dunha maneira lúdica, a través de sketches, recrearanse situacións habituais entre os xóvenes, como a primeira vez que se proba unha droga, a presión do grupo no consumo de drogas de moda, a excitación de transgredir as normas... Unha boa ferramenta para que os rapaces sigan alerta ante o mundo das drogadiccións. 

I Concurso de Sudokus do Baronceli

04/11/2011 17:37
Europe/Madrid

A Biblioteca convoca o I Concurso de Sudokus do Baronceli. Toda a info, eiquí, ou no ficheiro adxunto.

Imaxes da saída ó Centro de Cooperativismo para asistir ó obradoiro de redacción e edición dun xornal.

13/10/2011 11:39
Europe/Madrid

Os alumnos de 2º ciclo, como xa avanzabamos, recibiron no Centro de Cooperativismo de Verín un obradoiro práctico sobre a redacción e edición dun xornal (que cousa máis cooperativa que a elaboración dun xornal ou unha revista). Confiamos en que os rapaces aprenderan cousas que pór en práctica no próximo número de LaGaZetaDeTerZero. As imaxes pódense ver no Facebook de LaGaZetaDeTerZero, no seguinte enlace.

Obradoiro no Centro de Cooperativismo de Verín

10/10/2011 12:13
Europe/Madrid

Mañá, de 11 a 13:45, os alumnos de 3º A, 3º B e 4º A asistirán, no Centro de Cooperativismo de Pazos, a un obradoiro de cooperativismo aplicado á redacción e edición dun xornal. Esperemos que esta aprendizaxe previa teña froito e se reflita despois no novo número de LaGaZetaDeTerZero...

Hora de ler

01/10/2010 13:40
Europe/Madrid

O luns a primeira hora comeza unha nova edición da "Hora de ler", iniciativa que trata de fomentar o hábito da lectura. Unha hora á semán -distinta cada vez- todos os alumnos do Instituto lerán simultáneamente os libros que previamente escolleron na BiblioBaronceli. Felices lecturas a todos.

"Picasso, laboratorio de estilos"

19/12/2007 08:45
19/12/2007 21:30
Etc/GMT+1

Visita á exposición "Picasso, laboratorio de estilos" que a fundación Pedro Barrié de la Maza presenta na sua sede da Coruña. Poderán realizar a visita os alumnos de 3º e 4º da ESO.

http://es.wikipedia.org/wiki/Picasso

http://www.fbarrie.org/fundacion/gallego/home.htm 

Distribuir contido