Skip to Content

Renuncia

Renuncia á FCT

Segundo a Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

...

Décimo.-Renuncia á FCT.

O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e, xa que logo, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando algunha das seguintes circunstancias:
a) Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico.
b) Incorporación laboral acreditada mediante contrato de traballo.
c) Obrigas de tipo familiar xustificadas que impidan a normal dedicación aos estudos.
d) Outras de carácter análogo que a dirección do centro estime oportuno, por proposta do equipo docente.

As solicitudes deberán presentarse perante o director ou a directora do centro nun prazo de, cando menos, dous meses antes da avaliación final do módulo da FCT. No caso de centros públicos, a dirección resolverá no prazo máximo de dez días.


O alumnado procedente de renuncia unicamente deberá solicitar a reincorporación no prazo indicado no artigo 6º, punto 5. Non se terán en conta as xornadas realizadas antes de solicitar a renuncia, é dicir, cumprirá iniciar o módulo de FCT de novo.

Segundo se establece no artigo 6.5 da Orde anterior, a matrícula para realizar a FCT en período extraordinario realizarase no mes inmediatamente anterior do comezo do dito período.

Documento: solicitude de renuncia ao módulo de FCT

Distribuir contido


by Dr. Radut