Skip to Content

            

    

 

 

Criterios de selección para a participación do alumnado en mobilidades Erasmus+ 2018/2019

1. Expediente académico (máximo 4 puntos):


Valoración: segundo a nota media no 1º curso do ciclo formativo.

○ Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.

○ Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.

○ Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.


2.Competencias lingüísticas (idioma traballo ou país acollida, máximo 4 puntos):

Valoración: 

○ Nota media do/a alumno/a no primeiro curso.

○ Certificacións de competencias lingüísticas.

 Probas realizadas no propio centro.

○ Calquera outro método. 


3. Competencias persoais e actitudes (máximo 4 puntos):

Valoración: Opinións e información dada por aqueles que ensinen ao estudante.

4. Outros:

No caso de empate nos méritos darase prioridade, pola seguinte orde:

○ Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.

○ Aos estudantes que nunca participaran nas mobilidades do Programa Erasmus+. 



page | by Dr. Radut