Skip to Content

            

    

 

 

Presentación de curtametraxes "Seguridade Violeta"

O CIM e a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Xinzo de Limia convidan ao alumnado de 2º da ESO á Presentación das Curtametraxes "Seguridade Violeta", que terá lugar este venres 22 de marzo, ás 20:30h, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
 
Estas curtas xurden da actividade "Seguridade Violeta", executada os días 5 e 6 de marzo, entre o alumnado de 2º da ESO de ambos IES e dentro da programación do Día Internacional da Muller.
 
Premer sobre o cartaz para ver máis grande.
 

Acreditación de competencia dixital para o alumnado

A consellería de educación ditou unha resolución o pasado 28 de febreiro de 2024 que regula a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

 

Poderán acreditar a competencia dixital o alumnado que esté matriculado en 4º ESO ou 2º BACHARELATO no curso 2023-2024.

 

1. Acreditación da competencia dixital do alumnado de 4º de ESO.

 

  • O alumnado que obteña o título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

 

  • Ademáis poderán presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

2. Acreditación da competencia dixital do alumnado de 2ºBACH.

 

  • A obtención do título de bacharelato acredita que o/a alumno/a ten os coñecementos,  habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

 

  • Se acada o título de bacharelato e ademais supera a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación que acredita o nivel intermedio.

As probas de acreditación terán lugar no propio instituto.

Pódese atopar toda a información relacionada e máis modelos das probas no seguinte ENLACE.

 

 

 

8 M no IES Cidade de Antioquía

Parte do alumnado de 4º da ESO analizou a situación actual que viven, baixo o seu punto de vista, as relacións entre as persoas.

Sintetizaron a súa análise neste traballo no que cada un e cada unha sae da súa gaiola máis ou menos machista.

Noraboa!

 

Conmemoración do día de Rosalía de Castro.

Xa están dispoñibles na nosa canle de Youtube os videos do recital de poesía do alumnado de 1º da ESO, para conmemorar o día de Rosalía de Castro. Preme na imaxe para acceder.

Visita á aula Newton da Tecnópole

O xoves 29, os alumnos de 3⁰ ESO  e 4⁰ PDC visitaron a Aula Newton na Tecnópole en Ourense. Alí puxeron en valor os coñecementos adquiridos en materias como as matemáticas ou a física e a química. Así, empregaron contidos vistos durante este curso para elaborar un plan de voo e poder pilotar un avión. Do mesmo xeito, facendo uso do seu inxenio e imaxinación crearon un paracaídas que logrou aterrar sen volcar o seu contido. 

En definitiva, todo o que nos rodea está vinculado coa física e a química e vivir de primeira man a súa utilidade na nosa vida cotiá fainos reflexionar a importancia da ciencia nas nosas vidas.

Premendo na imaxe accédese á galería de fotos da visita.

 

 

Xustificación de faltas por asistencia a consultas médicas.

O deber de asistencia ás clases e a xustificación de faltas está recollido no Artigo 1º das normas de organización e funcionamento do centro (NOFC).

Sen menoscabo do contemplado nelas, no caso da asistencia a consultas médicas nos que o facultativo non expida xustificante de asistencia, os titores legais do alumno/a poden xustificar eles mesmos as faltas. A tal fin, a consellería de educación emitiu unha nota aclaratoria que se pode consultar neste ENLACE.

FP Dual 2024/2025. Ciclo medio de Xardinaría e Floraría

Información sobre o ciclo medio de xardinaría e floraría que se ofertará no vindeiro curso (FP Dual). Prema na imaxe para máis información.

Protocolo do uso dos dispositivos móbiles.

A consellería de educación ditou unha Orde o pasado 4 de Xaneiro de 2024 sobre o emprego dos teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos nos centros.

Dita orde establece un Protocolo de uso que restrinxe o uso destes dispositivos en toda a xornada escolar e en todo o recinto, como se pode ver na imaxe adxunta.

Poden acceder á ORDE e ao PROTOCOLO premendo nos correspondentes enlaces.

Visita cultural a Madrid.

Alumnado da ESO e de Bacharelato do noso instituto gozou dunha visita cultural a Madrid na que tiveron ocasión de visitar os museos de "El Prado" e "Thyssen-Bornemisza". Premendo na imaxe pódese acceder á galería de imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut