Skip to Content

            

    

 

 

Ciencias Naturais, Departamentos didácticos, Economía, Educación Física, Eléctrónica, Filosofía, Física e Química, FOL, Forestais e Agraria, Francés, Galego, Grego e Latín, Historia, Inglés, Lingua Castelá, Matemáticas, Música, Normalización, Orientación, Plástica, Relixión, Tecnoloxía

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Ata o vindeiro 30 de setembro de 2021 atópase aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Poden atopar toda a información relacionada na web do ministerio de educación e na páxina de becas ao alumnado.

 

Modelo de solicitude en papel

Instrucións para cumplimentar a solicitude

Ciclo básico de electricidade e electrónica.

Información sobre a FP de grao básico en electricidade e electrónica. Prema na imaxe para máis información.

Conecta-arte

O Departamento de Xeografía e Historia presenta o proxecto interniveles chamado "Conecta Arte" que pretende achegar a comprensión das manifestacións artísticas e os seus procesos de creación ás alumnas e alumnos. Nel participaron alumnas e ex-alumnas da materia de historia da arte de 2º de Bacharelato.

 

 

Nova na prensa, ENLACE.

 

Mural da igualdade. 8 de Marzo.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo,  o Departamento de Xeografía e Histoira, levou a cabo, coa colaboración das alumnas e alumnos de 2º e 3º curso de ESO e de 1º de BACHARELATO  de humanidades, este mural que recolle varios lemas en prol da igualdade. 

Acceso ao contido premendo na imaxe.

Mulleres con historia. Proxecto de 1º da ESO.

Este 8 de marzo, o alumnado do 1º curso de ESO  levou a cabo este proxecto, que lle axudou a tomar conciencia das importantes achegas de moitas pioneiras como  Valentina Tereshkova, Clara Campoamor, Rosa Parks, Frida Khalo ou Elisa Patiño, entre moitas outras. Todas elas, foron unhas auténticas heroínas que tiveron que loitar,  non só contra as desigualdades de xénero na súa época, senon tamén contra o esquecemento nos libros de historia.

Acceso ao blog do departamento de Xeografía e Historia premendo na imaxe.

Blog de Historia

Semana europea da prevención de residuos

Actividade levada a cabo polo alumnado de 2º e 4º de ESO. Premer na imaxe para máis información.

A ecuación que vale un millón de dólares.

O pasado día 10 de Xaneiro tivemos a honra de asistir no noso centro a unha conferencia a cargo do exalumno Oscar Rivero Salgado. 

Óscar cursou os estudos de ESO e Bacharelato no noso centro entre os anos 2006 e 2012. Entre moitos dos seus logros cómpren destacar os premios extraordinarios en ESO e Bacharelato de Galicia así como os primeiros premios nas olimpiadas galegas de matemáticas dos anos 2010, 2011 e 2012. Tamén participou nas olimpiadas españolas de matemáticas onde chegou a acadar a medalla de ouro no ano 2012, e nas olimpiadas internacionais, medalla de bronce no 2011 e de prata no 2012.

Posteriormente cursou o dobre grado de matemáticas e física na universidade politécnica de Barcelona, rematando os seus estudos cos premios de mellor expediente de matemáticas, mellor expediente de física e mellor traballo de fin de grao, o cal versaba sobre a "Conxectura de Birch e Swinnerton-Dyer", un dos chamados problemas do milenio e obxecto da conferencia coa que nos agasallou.

 

Premendo na imaxe pódese acceder á galería de fotos do evento.

 

 

Enlace á notica na prensa.

Distribuir contido


by Dr. Radut