FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Matemáticas
Festa de despedida do CLUB DE CIENCIA
Enviado por admin o Mér, 19/06/2019 - 20:56Esta tarde reuniuse por última vez o CLUB DE CIENCIAS para mostrarlles aos pais e nais que quixeron acompañarnos o programa de actividades deste curso: xadrez, circuítos eléctricos, xeometría, laborario de química... Todos xuntos -alumnado, profesorado e familias- para desfrutar aprendendo. E isto pode sersó o comezo dun club que dará moitos froitos. Voltaremos o próximo curso.
Moitas grazas á profesora Thais, coordinadora do club, e todos os docentes implicados.
Actividades matemáticas
Enviado por admin o Sáb, 27/04/2019 - 22:03Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes realizaron o pasado 25 de abril as probas no IES de Canido de Ferrol.
Ademais, o pasado venres o noso centro acolleu a fase local das probas do Rebumbio matemático dirixido ao alumnado de 6º de primaria. Os representantes de dez colexios da comarca ocuparon a aula de tecnoloxía. Parabéns a todos os participantes.
VOTA o teu PiTuit favorito
Enviado por Covadonga o Sáb, 30/03/2019 - 14:24O departamento de Matemáticas xunto cos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron por segundo ano as actividades do Pi Day.
Para elixir aos mellores PiTuits queremos que se participe dando a opinión votando o preferido entre os 12 finalistas. Ata o día 3 de abril recibiranse os votos a través de :
https://doodle.com/poll/269arp2a57vriqwn
¡¡¡ VOTA!!
Matemáticas na raia
Enviado por admin o Sáb, 30/03/2019 - 14:23Este martes o departamento de Matemáticas inscribiu ao noso alumnado na convocatoria de Matemáticas na Raia. Trátase dun concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO e 9º ano en Portugal. A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
Canguro matemático
Enviado por admin o Dom, 24/03/2019 - 18:28Este xoves a 26ª edición do Canguro Matemático congregou no salón de actos a máis de 90 alumnos/as. Trátase dun concurso internacional que propón aos estudantes unha proba adaptada ao seu nivel. As probas realízanse simultaneamente en máis de 60 países. A participación supera os seis millóns de estudantes en total en todo o mundo.
PI-DAY
Enviado por admin o Xov, 14/03/2019 - 21:32O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
Do mesmo xeito que o ano pasado, o departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o ENL organizou para esta ocasión as seguintes actividades:
- II campionato de PI-memoria.
Celebrouse no recreo na aula de Matemáticas. Contou con moita participación e boa "retentiva"
(preme na imaxe para ampliar)
|
- II Concurso de PI-tuits: BASES
OLIMPIADA MATEMÁTICA DE BACHARELATO
Enviado por Covadonga o Dom, 20/01/2019 - 01:19Este venres, 18 de xaneiro, foi un día moi intenso con dúas sesións de tres horas ante seis complicados problemas da Olimpiada Matemática de Galicia. A xornada completouse coa visita á Facultade de Dereito da man do profesor de Dereito Civil, Julio Iglesias, con xantar no comedor universitario da Facultade de Matemáticas. Tamén houbo visita ao casco histórico de Santiago e á Biblioteca da Facultade de Historia e rematou a xornada nunha emocionante entrega de premios na Facultade de Matemáticas onde tocou aplaudir aos tres premiados e dez mencións de honra que destacaron entre os 105 estudantes presentados a 55 Olimpiada Matemática.
Thais Barreiro, profesora de Matemáticas, Iago Aneiros, Lara Fonte e Iria Fernández, de 1º de bacharelato
Con Julio Iglesias, profesor de Dereito Civil, no seu despacho da Facultade de Dereito de Santiago
PREMIADOS NO XXI CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Dom, 20/01/2019 - 00:39Desde o Departamento de Matemáticas queremos compartir as imaxes da entrega de premios do disputadísimo XXI Campionato de Polinomios e dar as grazas a ANPA O Castro, ao profesor José Barcia e ao Club de Ciencias que donaron os agasallos e trofeos.
Finalistas: Hugo Rojo (1º ESO) e Diego Filgueira (2º BAC) Gañadores: Jacobo Martínez e Antón Seco (3º ESO)
Árbitros destacados: Andrea Marcos e Sergio Fernández Semifinalistas
Olimpíada matemática (2.º ESO)
Enviado por admin o Sáb, 28/04/2018 - 12:53A mañá do xoves, 26 de abril, celebrouse no IES de Canido de Ferrol a fase de zona da Olimpíada Matemática para alumnado de 2º. ESO. O noso centro estivo representado por Jacobo, Juan e Elisabeth acompañados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
O día 7 de maio darase a coñecer a relación dos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega que será o día 24 de maio.
Na XII Feira Matemática - A Coruña, 2018
Enviado por admin o Dom, 08/04/2018 - 18:42Unha numerosa representación de máis de trinta alumnos e alumnas de 2.º e 3.º ESO asitiron á Feira Matemática, que se celebrou este sábado no Palexco da cidade da Coruña. Coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, pasaron a xornada completa a atender ao público en dous stands: un centrado na construción de formas xeométricas con palliñas e outro na memorización de deciñais do número PI. Salientamos a dedicación e bo trato coas explicacións ao público de todas as idades. Un ano máis, grazas e parabéns por levar o nome do IES de Mugardos a esta importante cita da divulgación científica.
Ademais, a xornada rematou coa grata sorpresa da entrega do primeiro premio do Concurso de Esopías ao alumno Bruno Sánchez Cuervo (2.º ESO):
O elixir Ana (3), a(1) gran(4) e(1) única(5) portadora(9) do(2) máxico(6) colar(5) das(3) catro(5) familias(8) poderosas(9), lembrou(7) decontado(9) que(3) un(2) dos(3) parentes(8) tiña(4) oculto(6) un(2) elixir(6) novo(4) que(3) fai(3) milagres(8). |
Ligazóns:
Actividades do Pi Day no IES Mugardos
Enviado por Covadonga o Xov, 22/03/2018 - 00:55O mes 3, día 14 celebramos no IES Mugardos o Pi Day con actividades que foron moi ben acollidas polo alumnado. No concurso de PiTuit houbo aportacións de moita calidade resultando gañadore Bruno Suárez de 2º ESO A, en 2º lugar Juan Pena, de 2º ESO A e en terceiro Lorena Álvarez también de 2º ESO A.
O I Campionato de Pi-Memoria contou cunha participación inesperada de 57 persoas entre alumnado e profesorado. Ós resultados foron sorprendentes acadando o primeiro posto a profesora Olga Recio que acadou unha puntuación de 185 puntos xunto co alumno de 4º ESO Brais García que escribeu sen fallos os 155 primeiros decimais de Pi; en segundo lugar con 75 decimais clasificouse Marta Rumbo, de 4º de ESO e en terceiro lugar Elisabth Bejarano de 2º de ESO A con 70 decimais. Como se pode apreciar, o nivel da competición foi moi alto.
Os premios foron entregados na Gala do número Pi que foi presentada polas alumnas de 2º de bacharelato Fátima Cancela, Sofía Díaz e Raquel Santamariña.
O IES MUGARDOS CELEBRA O PI-DAY O 14 DE MARZO
Enviado por Covadonga o Xov, 01/03/2018 - 18:45O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
En España creouse o curso pasado un comité adicado a coordinar e desenvolver accións adicadas a esta conmemoración (www.piday.es).
O IES Mugardos únese a esta celebración cun programa de actividades organizado polos Departamentos de Matemáticas e Filosofía e os Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística, que persiguen varios obxectivos orientados ao desenvolvemento das competencias educativas. O programa de actos é o seguinte:
Programa de actividades | ||
I Campionato de Pi-memoria Esta técnica de memorización pode resultar moi útil.
|
||
I Concurso de Pituit |
||
Gala do número Pi |
Consulta as bases.
XX CAMPIONATO DE POLINOMIOS 3D
Enviado por Covadonga o Xov, 02/11/2017 - 00:52Xa comezou o XX Campionato de Polinomios. Chamámoslle o Campionato 3D porque entre os premios teremos chaveiros realizados polo profesor de Tecnoloxía Jose Barcia nas impresoras do instituto, pero, ademáis, a participación nesta edición é tan numerosa (¡150 xogadores e 32 árbitros!) que faise necesario organizar as partidas con tres equipos de cada vez. É así que en cada recreo hai 16 rapaces e rapazas xogando aos polinomios, de todos os cursos e idades e, coma sempre, os de primeiro de ESO facendo parella cos de bacharelato. SErá un campionato especial.
XX CAMPIONATO DE POLINOMIOS 3D
Enviado por Covadonga o Xov, 02/11/2017 - 00:51Xa comezou o XX Campionato de Polinomios. Chamámoslle o Campionato 3D porque entre os premios teremos chaveiros realizados polo profesor de Tecnoloxía Jose Barcia nas impresoras do instituto, pero, ademáis, a participación nesta edición é tan numerosa (¡150 xogadores e 32 árbitros!) que faise necesario organizar as partidas con tres equipos de cada vez. É así que en cada recreo hai 16 rapaces e rapazas xogando aos polinomios, de todos os cursos e idades e, coma sempre, os de primeiro de ESO facendo parella cos de bacharelato. SErá un campionato especial.
Montaxe de cúpulas
Enviado por admin o Mér, 27/09/2017 - 22:17
Ao longo desta semana o departamento de Matemáticas está a organizar sesións de montaxe de cúpulas de Leonardo. Todos os cursos terán a oportunidade de levantar estas estruturas autoportantes formadas por pezas de madeira.
Seleccionados/as para a ronda final do concurso Pangea
Enviado por admin o Xov, 04/05/2017 - 22:16
Velaquí os seleccionados/as do noso centros que poderán presentarse á Ronda Final do concurso matemático Pangea. As probas, que se celebran conxuntamente en moitas cidades españolas, realizaranse este sábado, 6 de maio. No noso caso deberán desprazarse a Vigo. Ánimo e sorte a todos os que acompañados das súas familias se presenten.
Olimpíada Matemática (2.º ESO)
Enviado por admin o Xov, 27/04/2017 - 23:21A mañá do xoves, 27 de abril, celebrouse no IES de Canido de Ferrol a fase de zona da Olimpíada Matemática para alumnado de 2º. ESO. O noso centro estivo representado por Carla, Xoana, Elia e Marcos acompañados do proferor José Luis Mayobre.
O día 7 de maio darase a coñecer a relación dos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega que será o día 18 de maio.
Na XI Feira Matemática (A Coruña)
Enviado por admin o Dom, 23/04/2017 - 19:54O departamento de Matemáticas participou este sábado na Feira Matemática organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na cidade da Coruña. Acompañados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, o grupo de Escala na Escola mantivo o stand moi concorrido de público ao longo de toda a xornada.
Escala na Escola (Programa de excelencia)
Enviado por admin o Lun, 27/03/2017 - 19:02As tardes dos martes (15:10-16:10) continúan en marcha as actividades do club científico do programa de excelencia "Escala na Escola". O alumnado inscrito de 2.º e 3º ESO realizan neste período varios obradoiros e prácticas nos laboratorios e aula de tecnoloxía. Na última sesión asistiron a unha demostración práctica de impresión 3D. Participan todos os departamentos científicos, coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
Científicas galegas (Premio María Wonenburger)
Enviado por admin o Sáb, 25/02/2017 - 12:28
No corredor da planta baixa acompáñanos desde a semana pasada unha exposición sobre mulleres científicas galegas galardoadas co premio que leva o nome da grande matemática coruñesa María Josefa Wonenburger Planells.
Ligazón: Muller e ciencia
Final Open Matemático
Enviado por admin o Ven, 24/02/2017 - 21:53O mércores 23 fe febreiro celebrouse na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela a 6ª xornada e final dio Torneo Aberto de Resolutores de Problemas, máis coñecido como Open Matemático. Do noso instituto asitiron Uxía Fernández e Brais García de 3.ºESO e Carla Amenedo de 2.º ESO; acompañados da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
Unha lección maxistral sobre produtos financeiros
Enviado por Covadonga o Lun, 19/12/2016 - 18:57
O temario de Matemáticas Aplicadas de primeiro do bacharelato de Ciencias Sociais inclúe no temario matemáticas financieiras no que aparecen co farragoso vocabulario deste tema para os non iniciados. Era o momento de acudir a expertos na búsqueda de axuda. E tivemos a inmensa sorte de contar coa ex-alumna CARMEN PARGA VILASÁNCHEZ, quen, despois de pasar polo IES Mugardos, licenciouse en ADE e na actualidade forma parte da plantilla de ABANCA na sucursal de Ares. Aproveitándonos do seu permiso por maternidade e de acordo coa profesora de Economía, Carmen Meiriño, pedímoslle que preparase unha lección sobre produtos financieiros para o noso alumnado. Carme mostrou moi boas cualidades docentes e foi quen de achegar ao alumnado conceptos como préstamos personais, hipotecas, TAE... tan importantes para o futuro de calquera cidadá. Polo seu interese chegamos a presentación de Carme esperando que se convirta nun documento útil de consulta.
|
||
FINAL E ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Xov, 01/12/2016 - 00:32
Venres, Gran final do
|
Video La Voz de Galicia |
XIX CAMPIONATO DE POLINOMIOS. POLÍN XA NON ESTÁ SÓ!
Enviado por Covadonga o Sáb, 12/11/2016 - 23:19125 participantes!!! O campionato xigante segue a súa marcha. Xa se completou a primeira volta e estamos na repesca. Os recreos teñen moito ambiente e hai traballo dabondo para organizar todo, menos mal que chegaron os reforzos solicitados: xa está aquí Polina!
Polina e Polín, iguais pero distintos como ten que ser!
Grata visita: TANIA VILAR
Enviado por Covadonga o Ven, 11/11/2016 - 00:41
Tania Vilar foi unha alumna do IES que estudou Matemáticas. Na actualidade está a facer o Master de profesorado e moi prondo estará impartindo docencia.
Hoxe visitou o instituto e nos presentou un vídeo que ela realizou e que recomendamos pois é moi fermoso:
Tania contoulle ao alumnado de bacharelato cousas moi interesantes relacionadas cos estudos de Matemáticas e coa vida de estudante na Universidade.
¡Moitas grazas,Tania!, esperamos verte máis veces.
Na imaxe está Tania co alumnado de Matemáticas Aplicadas ás CC SS II de 2º de bacharelato.
UN XIGANTE ASOMA: O XIX CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Dom, 23/10/2016 - 00:40A semana próxima dará comezo o XIX Campionato de Polinomios que ten un alias: "O xigante". O profesorado do departamento de Matemáticas e a nosa mascota, Polín, estamos preocupados e algo nerviosos. ¡150 estudantes organizados en 75 equipos optarán ao premio coordinados por 27 árbitros!.
Todo un reto que obriga a cambios no deseño do campionato para que non se alongue demasiado no tempo. O principal é que na maioría das partidas xogarán 3 equipos dos que so un será gañador: quen consiga o maior número de parellas despois de xogar dúas partidas. En cada recreo haberá dúas mesas de xogo e en cada unha delas, seis xogadores e dous árbitros, en total 16 estudantes por recreo E así recreo tras recreo. ¡Todo un reto!. ¡Que teñamos un bo campionato!
Para practicar: http://www.xente.mundo-r.com/tintarras/polinomios/polin1.htm
1.º Premio na fase nacional do "Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos"
Enviado por admin o Ven, 01/07/2016 - 14:25O equipo do IES de Mugardos en representación da camunidade autónoma de Galicia vén de gañar a fase nacional do concurso “Incubadora de Sondeos y Experimentos” na categoría de bacharelato. A exposición oral diante do xurado realizouse onte, 30 de xuño, na cidade de Badajoz.
A profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes coordinou o traballo das alumnas Inés Díaz, Sara Vázquez, Cintia Pérez, Marta Pérez. O estudo, que leva o título de ¿Mens sana in corpore sano?, aborda a relación entre os resultados académicos e a actividade física na poboación escolar. Entre as súas conclusións salientan as seguintes:
- As notas medias dos estudantes non se ven afectadas negativamente polo tempo de dedicación ao deporte.
- As notas medias dos deportistas son significativamente superiores que as dos non deportistas.
- A probabilidade de aprobar é superior se o estudante é deportista.
Para chegar a estas conclusións baseáronse nos datos estatísticos fornecidos polo alumnado do centro e a base de datos dos nosos Premios Estudo e Deporte.
O IES de Mugardos co traballo da profesora Covadonga ten acadado o recoñecemento na fase galega en numerosas ocasión. Nesta edición é a primeira vez que gañamos a fase nacional. O premio escolar Incubadora é un dos de maior prestixio en toda España no eido das matemáticas.
Parabéns a todas!!!
Primeiro premio do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Enviado por admin o Xov, 16/06/2016 - 16:38
|
1.º Premio - Bacharelato VI Concurso Incubadora de sondaxes e experimentosParabéns a Inés Díaz, Sara Vázquez, Cintia Pérez, Marta Pérez e á profesora Covadonga Rodriguez-Moldes polo primeiro premio na categoría de bacharelato no concurso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) polo traballo titulado ¿Mens sana in Corpore sano? |
|