FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Teorema de Tales
Enviado por Covadonga o Ven, 23/09/2011 - 14:22
Aquí está o Teorema de Tales que tendes que cantar o luns os de 2ºB. ...A practicar! -sobre todo a letra-.
Boa fin de semana
Soneto para comezar un outono sen tristuras
Enviado por galego o Ven, 23/09/2011 - 12:27
Galicia é un outono puro e bon, E foi labrando o tempo-luz-paixón, Galicia é unha agarda moi madura ¡Abonda xa de laios e cancións! Manuel María |
PARA 2ºESO:
Entre as palabras de significado novo, non esquezas buscar a definición de SONETO. E na redacción da descrición dunha paisaxe que non falten os adxectivos (tamén deses epítetos dos que falamos).
Desafío para o próximo martes
Enviado por Covadonga o Xov, 22/09/2011 - 21:22
O periódico "EL Pais" leva moitas semanas propoñendo desafíos matemáticos. Este é o que corresponde a esta semana: un problema de operacións con números moi grandes. Probamos?
http://www.elpais.com/videos/sociedad/problema/grandes/numeros/elpepusoc/20110922elpepusoc_2/Ves/
(..uuuuuy!, non parece doado)
Autorización - Sección bilingüe
Enviado por admin o Xov, 01/09/2011 - 17:10
En consonancia coas consideracións da Comisión Europea, o I.E.S. MUGARDOS quere dar un impulso na utilización das linguas extranxeiras por parte dos seus alumnos/as, polo que o Departamento de Educación Física xunto có do inglés, participa dende o curso 2009/2010 nas chamadas seccións bilingües. Coa finalidade de garantizar a calidade deste proxecto, coménzase no primeiro curso da ESO con 15 alumnas/os, é a incorporación da lingua extranxeira faise progresivamente, incrementando a súa presenza ao longo da ensinanza secundaria. Ao remate de cada curso, o alumnado que sexa cualificado positivamente nesta materia, recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunca sección bilingüe, que se fará constar no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico. Se quere que a súa filla/o participe nesta sección bilingüe ten que cubrir unha autorización e entregala xunto coa matrícula no Instituto. No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, atenderase o expediente académico.
|
AUTORIZACIÓN - SECCIÓN BILINGÜE________________________________________________________________________ D./Dona. ..................................................................................................................... Nai/pai/titor/a de ........................................................................................................ Desexo que o meu fillo/a participe na sección bilingüe de inglés na área de Educación Física. En Mugardos, a de de 20
Asdo: __________________________
|
1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”
Enviado por admin o Mér, 03/08/2011 - 22:36Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13