Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Matemáticas

Matemáticas na raia

A tarde do pasado 14 de abril, o grupo de 3.º ESO-A participou na actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas organizado por asociacións de profesores de matemáticas de Galicia e Portugal. A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.

14 de marzo (3/14): Día do número Pi

Para celebrarmos o Día do número Pi (en inglés 3/14), todos os grupos participaron na confección da cinta que a longo da rampla central do instututo recolle "só" as primeiras catrocentas cifras decimais de Pi...

Catrocentas cifras decimais do número pi na rampla central do instituto.

Actividade organizada pola Biblioteca e o departamento de Música.

Mención de Honra na Olimpíada Matemática 2016


 

Miguel Pereira Rodríguez
(1.ºBAC)

Mención de Honra na 
Olimpíada Matemática en Galicia

Transformando imaxes: anamorfose (Programa de Excelencia)

Este luns, 1 de febreiro, ás 16:20 horas, dará comezo o programa "Escala na Escola". A primeira sesión correrá a cargo da profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes que explicará o concepto de anamorforse aplicada de xeito práctico á transformación de imaxes. Ademais do grupo seleccionado, a entrada está aberta a outras persoas de dentro ou fóra do instituto que o soliciten.

 

 

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

 Espectacular final no Campionato de polinomios

 O XVIII Campionato de Polinomios rematou a súa edición máis concurrida con 120 participantes organizados en 60 equipos e un equipo arbitral de 20 xuices que fixeron posible o bo desenvolvemento das máis de 80 partidas  celebradas durante os recreos nos meses de outubro, novembro e decembro.

Despois dunhas dispudadas semifinais, con moita expectación celebrouse a final entre os equipos “2^2” formado por Carla Salido, de 1º ESO e Raquel Ibón de 2ºBac e a gran sorpresa, o equipo “+,-”  formado por Uxía Fernández e Jorge Morado, os dous de 2º de ESO.

Sen chuletas e con fichas dunha soa cor para ser campións era necesario gañar tres xogos.  Os dous equipos renderon a moita altura e houbo moita emoción, pero finalmente 2^2 gañaron o  cuarto xogo e quedaron vencedoras.

 

A entrega de premios tivo lugar o  18 de decembro e contou coa presenza de membros da ANPA “O Castro” a que o Departamento de Matemáticas agradece a colaboración.

 

OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2016

 O pasado venres 15 de xaneiro   celebrouse en Santiago a Olimpiada Matemática Galega e, como ven sendo habitual,  contou con representación do alumnado do IES Mugardos. 

Neste caso os olímpicos foron Aurora Silvar de 2º Bac, Miguel Pereira de 1º Bac e Antonio Fernández de 3º ESO que foron acompañados pola profesora Covadonga Rodriguez-Moldes.

Unha intensa xornada na facultade de Matemáticas con tres problemas a resolver na sesión de mañá e outros tres na de tarde e entre unha e outra sesión, comida e un completo programa de actividades que comezou coa visita á Vicereitora sa USC, Isabel R-Moldes con quen se visitaron os potentes microscopios electrónicos do singular edificio de investigación, CACTUS e seguiu coa visita ás facultades de Bioloxía, Dereito, Químicas, Farmacia e tamén á biblioteca  Concepción Arenal (A Concha) que estaba ateigada de estudantes preparando os próximos exames. Tamén houbo tempo a tomar un café no Casino de Santiago e pasear polas históricas rúas compostelás. 

Foi unha intensa e moi interesante xornada.  

 

 

Acrobacia e matemáticas (XXVIII Open matemático)

 

 

 

Comeza un ano máis o concurso matématico denominado OPEN Matemático, organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.


En todas as xornadas serán plantexados tres problemas agás na primeira e última que serán catro.  

O concurso este ano ten como lema  ACROBACIA E MATEMÁTICAS.

 

 


FINALISTAS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

FINALISTAS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

PRIMEIRA SEMANA DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

http://picasion.com/ Xa levamos cinco xornadas do campionato, 20 partidas, e o balance non pode ser mellor. Celebráronse todas as partidas con moi bo ambiente e moito nivel. É moi bonito ver ao alumnado de 2º de bacharelato formando equipo co de 1º de ESO, e ver ao de 2º e 3º de ESO que xa van coñecendo as fichas sen mirar tanto a chuleta. O  de 4º ESO e 1ºBAC tamén queren gañar, pero neste torneo nalgún momento teñen que perder 118 dos 120 participantes, e aprender a perder é un dos obxectivos da actividade. 

Mención especial merecenos árbitros e árbitras que fan posible que todo vaia ben. Pero ...aínda queda moito!

XVIII Campionato de Polinomios

 

 

Esta semana comezou o Campionato
de Polionomios cunha cifra record de
participantes. Ata 120, e un equipo
arbitral de 20 persoas (a matrícula no
instituto é de 250 estudantes).

As partidas desenvólvense durante
os recreos diante da cafetaría en na
aula de Matemáticas.

 

 

Bases

MÉTODOS ESTATÍSTICOS. Datos comparativos Ares-Mugardos

 Unha das primeiras tarefas na materia de Métodos Estatísticos é a de coñecer o funcionamento e principais informes que elaboran organismos  que emiten datos oficiais como o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas), o INE (Instituto Nacional de Estatística) ou o IGE (Instituto Galego de Estatística).

Os alumnos, agrupados en parellas, teñen que elaborar un informe con datos do IGE dos concellos de Ares e Mugardos no que deben transformar os datos en táboas e gráficas e acompañalos dun comentario. 

Posteriormente cada informe preséntase aos demais compañeiros para que emitan a súa valoración tendo en conta dous aspectos: o traballo informático e o comentario.

Finalmente elaborase unha estatística simple con todas as valoracións para coñecer a puntuación media de cada traballo.

Presentamos nos documentos adxuntos os tres traballos mellor valorados, dos que son autores ás seguintes parellas de alumnas e alumnos:

* Inés Díaz e Marta Pérez

* Cintia Pérez e Sara Vázquez

* Carlos Bello e Nicolás Tabeayo

 

MÉTODOS ESTATÍSTICOS. As enquisas do CIS

 

O mércores 30 de setembro o alumnado de Métodos Estatísticos de 2º de bacharelato asistiu a uha charla de Mª Teresa Varela Filgueiras sobre o traballo de campo das enquisas do CIS.

Na charla abordáronse entre outros temas a coidada seleción da mostra nestas enquisas, as canles de verificación internos ou o comportamento dos enquisados Resultou moi interesante.

Dende o departamento de Matemáticas queremos agradecer a  colaboración de Teresa Varela.

Actividades ThatQuiz

1.º Premio do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

 

 

1.º Premio - Bacharelato

V Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos

da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación das Operacións (SGAPEIO) para o alumnos Marcelo Couce, Alba Meizoso, Martín Pérez e Sergio Vila dirixidos pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes. O traballo leva por título Rendemento escolar e condutas de risco. Unha investigación en estudantes de secundaria.

É un dos dous proxectos xurdidos na matería de Métodos Estatísticos (2.º Bac) e que se basean no grande estudo estadounidense Youth Risk Behavior Surveillance System (YRSS) traducido e adaptado á nosa comunidade educativa. O outro traballo títúlase Un estudo comparativo de comportamento de risco da xuventude. USA vs Mugardos e foi realizado por Jessica Casteleiro, Fátima Díaz, Yaiza Loureiro e Laura Ordóñez. 

Galería de imaxes
NOVA EN SGAPEIO

 

 

Excursión a Santiago de Compostela (3.º ESO e Clubs de Lectura)

Este venres o alumnado de 3.º ESO e máis os Clubs de Lectura realizaron unha excursión a Santiago de Compostela. Durante a mañá, repartidos en varios grupos, desenvolveron unha actividade de capturas fotográficas pola cidade vella. Mentres tanto, os do club de lectura visitaron a Biblioteca Ánxel Casal e acheegáronse ata a libraría Couceiro onde recibiron explicacións sobre a confección e encadernación clásica de libros.

Pola tarde, realizaron unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da USC. O guía de honor foi tamén un mugardés e ex-alumno do centro Daniel Castro.

Fotos na Galería

 

Feira das Matemáticas

Alumnos de 3.º ESO coa profesora Covadonga Rodríguez-Moldes atenderon o stand do noso instituto na Feira da Matemáticas, celebrada este sábado na Coruña. Coa particiàción do público conseguiron realizar a 5.º interacción da alfombra de Sierpinski.

 

 Fotos na galería
Díptico explicativo

Explícoche matemáticas 2.0

Estes son os catro vídeos presentados ao concurso Explícoche Matemáticas 2.0, realizados polo alumnado do IES de Mugardos.

 

CANGURO MATEMÁTICO 2015

 

 

O martes 24 de marzo era o día sinalado internacionalmente para a proba do Canguro Matemático 2015. En Mugardos coincidiu coa convocatoria dunha folga  o que provocou que  non asistiron 18 dos 62 inscritos.

A proba, consistente en respostar a 30 preguntas tipo test con cinco opcións cada unha e so unha resposta válida,  desenvolveuse con moita seriedade e concentración  polo que toca felicitar aos participantes.

A finais de curso chegarán as puntuacións e poderemos ver si o nivel dos participantes se achega á media de todos os participantes, que son moitos e todo o mundo: o curso pasado  ¡máis de 7 millóns!

Preme na imaxe para xogar na rede:

Concursos matemáticos

Máis actividades do programa de Mellora 2015

Despois do Hipercubo e o Obradoiro de Química, tres sesións máis do Programa de Mellora que se desenvolve as tardes dos luns.

"Lectura expresiva" a cargo de Begoña Allegue.

"Elocuencia" dirixida por Telmo de Paz.

"Obradoiro de Prensa e Radio" a cargo de Serafín Álvarez.

 

 Mentres, alumnos e alumnas de 3º ESO encárganse de tres proxectos: "Agricultura ecolóxica", "Xerador de electricidade" e "Stand de actividades matemáticas para a Feira Matemática".

 

Lembramos que os obxectivos que se persiguen para o alumnado co Programa de Mellora son:

·       Estimulalo e apoiar o gusto por aprender.

·       Contribuír a desenvolver as súas capacidades.

·      Ampliar a formación con temas interesantes e motivadores que non formen parte do currículo escolar.

·      Acrecentar e consolidar o afán de curiosidade e o coñecemento e posta en práctica de distintos métodos, técnicas  e procedementos de traballo intelectuais.

·       Aumentar a implicación nas actividades do centro.

·       Mellorar o rendemento escolar.

Todos eles pódense resumir na busca e estímulo do talento no alumnado de 2º e 3º de ESO.

 

 

Sierpinski Carpet Project


Alumnado de 3.º ESO participante no proxecto  -  Ligazón a Ferrol 360º
Páxina 5th iteration of the Sierpinski Carpet Project - Galicia

Construción dun hipercubo (Programa de Mellora - 2.ºESO)

Este luns, 26 de xaneiro, comezaron as actividades do programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia correspondente ao alumnado de 2º ESO. Nesta primeira sesión a profesora, a profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes adentrounos na comprensión da cuarta dimensión a través da construción dun hipercubo.

A vindeira sesión estará dedicada á oratoria. (Ver Programa con datas non definitivas).

 

 

Fotos na Galería

      
 

 

 

Na Olimpíada Matemática, 2015

As alumnas de 1.º Bacharelato Laura, Aida, Cintia e Raquel participaron este venres na Olimpíada Matemática Galega acompañadas do profesor José Luis Mayobre.

Enlace: + Fotos OMG, 2015

XXVII Open Matemático

 

 

 
A primeira xornada do OPEN MATEMÁTICO está en marcha.
Este ano centralizaremos na biblioteca o lugar de recollida e entrega de problemas e no taboleiro pegado á aula 4 poñeremos os problemas, as solucións e as clasificacións.

A exposición coas follas matemáticas irase colocando ao longo da primeira rampa de subida e cando remate o OPEN haberá actividades sobre a exposición para que se lean os interesantes paneis.

Esperamos que todos vos animedes a participar.

Data tope de entrega da primeira xornada: luns 19 de xaneiro.

 

 

 

 

Final do Campionato de Polinomios

Logo de varias semanas de partidas durante case todos os recreos, o venres pasado celebrouse a esperada final do Campionato de Polinomios. O equipo TRAPECIO, formado por Martín Pérez (2.º Bac. e Martín Martán (1.º ESO), demostrou ser o mellor equipo dos 50 equipos participantes. O segundo clasificado foi o equipo Ǝ (existe) composto por Miguel Á Fernández (2.º Bac.) e Julián Fernández (1.º ESO). Tamén quedou en lugar destacado os equipo ÁLXEBRA de Almudena Vila (1.º Bac.) e Ariadna Regueiro (1.º ESO); PRISMA Bran Rodríguez (2.º Bac) e Jorge Morado (1.º ESO); BOLZANO de Verónica Gonzáles (2.º Bac.) e Uxía Fernández (1.º ESO); e ALFA de Carmen Samartín (2.º Bac.) e Icía Díaz (1.º ESO).

A directiva da ANPA entregou os trofeos e diplomas.

   
   

  Ademais da gran participación con máis de cen alumnos implicados, o gran traballo de organización do departamento de Matemáticas, e a colaboración económica da ANPA, o mellor do campionato foi a convivencia entre o alumnado de distintos cursos e niveis. Parabéns a todos.

OS OUTROS SEMIFINALISTAS

No segundo recreo do xoves xogouse a segunda semifinal, foi tan disputada que foron necesarias catro partidas para coñecer o nome o equipo finalista: EXISTE (o símbolo matemático desta palabra é unha E maiúscula escrita "ao revés") na imaxe de esquerda a dereita o equipo Existe formado por Julián Pérez (1º ESO) e Miguel Ángel Fernández (2º BAC) , á árbitra Sara Seoane (3º ESO) e o equipo semifinalista PRISMA formado por Jorge Morado (1º ESO) e Bran Rodríguez (2º BAC).

 

Panel cos resultados ata a final do venres 13 de xaneiro.

 

 

PRIMEIROS FINALISTAS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Hoxe xoves están disputándose as semifinais do XVII Campionato de Polinomios.  Xa temos un equipo finalista: TRAPECIO que resultou gañador xogando a un nivel moi alto.

Na imaxe os dous equipos e a árbitra do partido de semifinais. De esquerda a dereita o equipo finalista, Trapecio, formado por Martín Pérez (2º BAC) e Martín Marán (1º ESO); no medio, a árbitra Sara Vázquez (3º ESO) e a dereita o equipo semifinalista, Álxebra, formado por Ariadna Regueiro (1º ESO) e Almudena Vila (1º BAC).

FASE FINAL DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

 

 

 

VENRES 12 DE DECEMBRO

NO 1º E 2º RECREOS

GRAN FINAL DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

REMATADA A FINAL PROCEDERASE Á ENTREGA DE PREMIOS 

Distribuir contido