Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Traballos e premios

Entérate Mugardos

O alumnado de 1.º e 2.º ESO percorreu a vila a tarde do martes para repartir polos comercios e locais os carteis da campaña Entérate Mugardos. Trátase dunha campaña de conciencianciación e sensibilización en materia de igualdade e violencia de xénero impulsada polo Concello e na que participaron todos os centros educativos.

 

 

 

 

Excursión ao complexo acuático de Cerceda

O alumnado de 2.º ESO, acompañado dos profesores Mikel Pasabant e José Luis Mayobre,  gozou este luns dunha intensa xornada de no Aquapark de Cerceda.

Graduación de bacharelato. Promoción 2020-2022

A tarde do venres, 20 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2020-2022. Foi un acto emotivo para o alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.

VISITA A FORESTAL DEL ATLÁNTICO

Ás veces non somos realmente conscientes do que temos ao noso arredor e desde o punto de vista industrial é un pouco o que pasa en Mugardos. Forestal del Atlántico é unha empresa punteira dentro de Galicia e que despunta a nivel nacional. Podemos entrar no debate que sempre levan aparelladas este tipo de cousas e analizar os pros e as contras medioambientais, estéticas ou adxectivos varios. Pero o que é innegable e a cantidade que procesos físicos e químicos que se desenvolven nas súas instalacións e que están sometidos constantemente a un estricto sistema de control interno e externo para non saír nos xornáis por outros motivos que non sexan, por exemplo, por ser afortunada receptora dun proxecto a nivel europeo para financiar a produción de metanol por vías ecolóxicas (o chamado metanol verde), proxecto moi esperanzador de cara ao futuro. Se a isto lle engadimos que dispón dunha planta de coxeración de enerxía, dun laboratorio moi ben dotado para análise químico-físico, dunha parte dedicada á producción de colas moi importante na industria do taboleiro, outra que produce novolacas de uso en sanitarios (a empresa Roca é o principal destinatario), industria do automóbil...etc, que recepciona nas súas intalacións envíos marítimos como os de disolucións de sosa ao 50% da empresa Ercros e outros varios que se presten a empregar os seus pantaláns...non podíamos deixar de facer unha visita e comprobalo in situ.

Esta mañá, baixo a atencion exquisita de José Manuel Pena Salido, director do departamento de Seguridade, Medio Ambiente e Calidade e varios dos seus compañeiros ao longo de todas as instalacións, o alumnado de ciencias de 2º BAC do IES de Mugardos puido comprobar persoalmente todo o anteriormente mencionado. Parabéns a todos os responsables polas explicacións e o trato proporcionado e ao alumanado polo comportamento exemplar. 

A partir de agora cando se fale de Forestal del Atlántico na súa presenza xa poden opinar con propiedade e fundamento, que diso se trataba.

VEREDICTO DO XURADO NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Parabéns a todos os participantes no I certame de fotografía científica no IES de Mugardos porque ao final a calidade do material presentado foi moi salientable. No arquivo que se achega atoparades o veredicto máis polo miúdo e tamén varias imaxes que cómpre salientar aínda que non puidesen conseguir o premio, pero que dun xeito ou outro lograron o obxectivo principal na fotografía, que é transmitir.

Non obstante aquí tedes os gañadores:

Alejandro Cartelle pola hipnotizante captura da irreversibilidade a través dun proceso de combustión, digno da mellores portadas do suplemento dominical.

 

E Sandra Romero polo traballo fotográfico feito nunha magnífica colección de instantáneas, entre as que salientamos este perigoso e perfecto traxe de xeo feito a medida para unha inocente planta:

 

 

Semana das Profesións (2022)

  

             

FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

Desta volta entre o departamento de Física e Química e o de Plástica puxemos ao alumnado de 3ºESO a buscar coas súas cámaras un novo punto de vista sobre o que acontace ao noso arredor. A ciencia, a través das súas manifestacións cotiás, envolve todas as nosas accións e ás veces somos quen de captalas e inmortalizalas. Deixamos que sexades vos os que valoredes se acadaron este obxectivo ou non. Eu coido que sí. As dúas mellores fotografías terán un pequeno agasallo como recoñecemento á súa perspicacia científica ou calidade técnica. No arquivo que se xunta podedes velas todas en detalle.

Premio concurso do entroido

O alumnado de 4.º ESO-B e FPBásica I gozaron ao longo da mañá deste martes dos seus respectivos premios no concurso de disfraces de aula do entroido. Nun caso desprazáronse ata as instalacións de Humor Amarelo na Coruña e noutro, ao Sould Park Jump de Narón. Trátase, asemande,das primeiras saídas en autobús coas que o centro pretende ir cara á normalidade das actividades complementarias e extraescolares.

Participación no Parlamento Xove

O equipo formado por Uxía Mesía, Lía Rodríguez, Carlota Vidal e Yoel Sanjuán coordinado pola profesora Ofelia Lubián participaron a pasada fin de semana na fase clasificatoria da 13ª edición do Parlamento Xove. 

Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Neste caso o tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente? A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada. 

Malia non clasificarnos para a fase final, a experiencia sempre resulta enriquecedora. O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.

Premio á creatividade "Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?"

O alumnado 1.º bacharelato participou con varios traballos de creación e documentación no concurso escolar  «Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?» Tratouse dunha actividade moi especial pois este ano conmemórase o 50 aniversario daqueles acontecementos. 

A entrega dos premios realizouse no centro cultural Torrente Ballester. Resultou seleccionado co premio á creatividade o vídeo producido polos alumnos Miguel Ángel Rincón, Daniel Pico, Elisabeth Bejarano, Rubén Lamzildi, Beatriz Arias e Yoel Sanjuán, dirixidos polo profesor David Millán

 

 

DÍA DA EDUCACIÓN 2022

Este Luns 24 de Xaneiro conmemoramos no centro o Día Internacional da Educación. Todo o alumnado puido asistir a unha proxección especial feita polo centro co obxectivo de reflexionar sobre o papel que xoga a educación no mundo actual. Non en todos puidemos prender esa faísca que acendese a luz da razón porque aínda tendemos a pensar que a educación é algo que sucede dentro das catro paredes do instituto...

Pero moitos seguro que se decataron que educar é poder vivir mellor, educar é saír da pobreza, educar é esperanza, futuro, igualdade, harmonía...

Xogamos coas palabras e as palabras trouxeron ideas, unhas esperadas, outras non tanto. Haberá que seguir educando, porque como rezaba un dos carteis protagonistas da proxección A EDUCACIÓN É UNHA ARMA DE CONSTRUCIÓN MASIVA...con sorte todas as armas fosen así

Grazas aos protagonistas do filme pola súa colaboración altruista e ao resto dos alumnos/as e profesorado pola súa colaboración nas quendas de proxección. Todo saiu perfecto ;-)

Ao mellor mañá mesmo xa non lembramos a desproporcionada diferencia de oportunidades de educación no mundo...mentras tanto quedámonos coas palabras que saíron onte do noso alumnado...ecos dos seus pensamentos...ás veces contraditorios...e que agora descansan no noso palabreiro, listas para ser postas en práctica.

Abordaxe pirata

   

 

   

 FONTE: Lecturamos

 

Recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU

 

 Parabéns ás alumnas Sofía Cao e Sara Rodríguez recoñecidas hoxe no acto de homenaxe aos mellores expedientes das ABAU.

Minuto 56:33

Graduación de 2.º Bacharelato

Este venres, 21 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2019-2021. O propio alumnado organizou o acto cos tradicionais discursos e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Entre outras contou coa intervención dos profesores titores Telmo de Paz e Miguel Gil. Salientamos a mención da matrícula de honra á alumna Sara Rodríguez Vilaboa.

Foi sen dúbida un ano duro. Co esforzo e mais a fortaleza da súa mocidade, o apoio das familias e do profesorado, esta promoción puido sacar o curso adiante.

Moita sorte, bachareis. Parabéns!!! 

 

Maios, 2021

Tampouco este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera Estes son os maios do alumnado de 1.º ESO e FPBásica.

Participación na Olimpíada Matemática (2.º ESO)

Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes, acompañados do profesor José Luís Mayobre, realizaron o pasado xoves 29 de abril as probas na Facultade de Ciencias da Educación no campus de Elviña (A Coruña).

8 de marzo. Día Internacional da Muller

 

Detrás dun gran home hai sempre unha gran muller   Estereotipos da muller no cine
         
 
   

   

Elas


 

Carreira de orientación deportiva

O pasado venres os alumnos e alumnas de 1º da ESO gozarn dunha sesión de dúas horas para facer unha carreira de orientación na contorna do centro. A actividade tivo lugar no Baño, aproveitando o fermoso día de sol que nos acompañou.
A xornada foi preparada polo alumnado de 3º da ESO durante varias sesións previas, e consistiu na colocación de balizas de orientación en rumbos previamente medidos e establecidos por eles mesmos. Cada grupo de 1º da ESO contou cun "padriño" ou "madriña" de excepción, xa que contamos coa colaboración dos alumnos de Tecnoloxía de 1º de Bacharelato, co seu profesor Diego Calvo á cabeza. Os padriños guiaron ós pequenos na interpretación dos mapas e acompañáronos durante os desprazamentos e na carreira (mesmo algún correu todo o tempo con eles).
Os rapaces e rapazas de 3º da ESO establecéronse en "postas" ás cales acudían os distintos grupos a realizar pequenas e divertidas probas antes de buscar a seguinte baliza, e asinaban a tarxeta de control de cada grupo.
Aínda que houbo algún grupo que foi quen de atopar case todas as balizas, prevaleceu o espírito participativo e a convivencia nesta xornada na que os pequenos tiveron oportunidade de convivir cos maiores nunha contorna segura, aprendendo que se pode gozar do medio natural preservándoo e coidándoo.
 

Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun dos seus poemas. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO) lembramos "A volta ó lar".

 

Día de Rosalía

Murais e lectura expresiva

1.º ESO 

Día da Paz

Este curso o motivo central arredor do cal xirou boa parte do traballo do alumnado foi a carga simbólica da flor como elemento portador de paz. Dende o flower power dos anos 60, coas súas icónicas fotos de flores contra armas, ata as revolucións con nomes e presenza de flores (rosas de Georgia, caraveis en Portugal, flores brancas en Bielorrusia...). Flores como marco de frases sobre a paz, e flores tamén coas que se reproducen moitos dos símbolos da paz cuxa orixe tamén nos explicaron o alumnado nos seus traballos.
Traballo a cargo do alumnado de 1º e 3º de Valores, 2º de Investigación, e FPB Xardinería.
Fonte: Blogue LECTURAMOS
 

Búscanse humoristas

      

 Que o venres de entroido sexa entroido. Queremos clases de humor! Lembra anotarte e participar co teu chiste, anécdota graciosa, meme, monólogo, coreografía, mimo, etc. Lembra que a actuación debe durar aproximadamente 2 minutos.

Folla de inscrición en conserxería.

Catálogo de arranxos florais para San Valentín

Realiza a túa encarga xa!!!

 

Mención de Honra na Olimpíada Matemática

Un ano máis, o departamento de matemáticas participou na Olimpíada Matemática Galega. Nesta ocasión asistiron as alumnas de 1.º bacharelato Isabel T., Emma V.
e de 2.º, Carla A. e Juan P. 
Os docentes foron Alberto L. e María C., acompañados na fotografía pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.

 Parabéns a todos e todas as participantes e en especial pola Mención de Honra para Juan Pena.

 

Calendario de cine 2021

A piques de rematar un ano que todos queremos esquecer, desexamos un 2021 de cine e doce meses de película.

O alumnado de Teatro de 2º de Bacharelato remata este trimestre coa elaboración dun calendario no que recrea escenas icónicas do Sétimo Arte que ilustran frases coñecidas por todos nós.

Resultados do proxecto "ConóceME. Conoce el medicamento/descubre al farmacéutico"

 

 

  

Recentemente veñen de facerse públicos os resultados do proxecto "CONÓCEME conoce el medicamento/descubre al farmacéutico" na provincia da Coruña. Trátase dun estudo de investigación coas garantías técnicas da SEFAC (Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria) e no que puido participar o curso pasado o noso alumnado de bacharelato.

Os datos presentados demostran que a intervención educativa sobre o uso de medicacmento é necesria e moi útil. Ademais, evidencias ata que medida os adolescentes son usuarios de medicamentos.

Agradecemoslle á farmacéutica comunitaria en Mugardos Nina Villasuso a súa implicación neste proxecto e a educación científica do noso alumnado.

 

 

 

 

 

Distribuir contido