Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

ESO

Visita ao MC2

 

O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.

Resultados das eleccións ao Consello Escolar - 2018

Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 27 de novembro.

PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS
Candidaturas electas Juan Manuel López López
Mª Beatriz Cepeda Cárdenas
Suplentes Lara Cuervo Álvarez

 

ALUMNADO
Candidaturas electas Lara Cristobo Vilar
Martina Romero Pérez
Suplentes Uxío López Martínez
Paola Alonso Rivera
Ana Cancela Varela
Juan Pena García
Andrea García García
Helena Castiñeira Pérez
Elisabeth Bejarano Bouza
Sabela Martínez Ferrer

 

PROFESORADO
Candidaturas electas Begoña Allegue Rodríguez
Francisco Canoura Quintana
Begoña Gómez Díaz
Suplente Mario Soto López

 

Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días  perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

 

Polo bo trato (25 de novembro)

O acto conmemorativo en contra da violencia de xénero tivo lugar no salón de actos a quinta hora do pasado venres. Mario e Uxía conduciron o evento que se abriu coa actuación de Elsa, Uxía, Lia, Helen, Ana e María. A continuación proxectamos o video do alumnado de 2° ESO de Valores que deu paso a outros videos que nos permitirán debatir e reflexionar sobre o tema. Rematamos coa aplicación DetectAmor que nos permite coñecer como ligamos, facer o test do Amor e descubrir mitos e verdades sobre o amor.

Velaquí os vídeos de produción propia:

Visita de Xosé Manuel Ribeira: O comezo das cousas

Está mañá estivo connosco o arteiro e xogueteiro Xosé Manuel Ribeira, creador do obradoiro e museo "O comezo das cousas" que se pode visitar na vila das Pontes. Na aula de Tecnoloxía ensinounos o funcionamento dos motores stirling e outras das súas "argalladas" sempre partindo dalgún enxeño tecnolóxico ou principio científico. Deseguro que os membros do Club de Ciencias disfrutaron co entusiasmo e paixón deste home. Estamos todos invitados a visitar o seu curioso obradoiro ou acceder á páxina d´O comezo das cousas.

 

   

 Motor Stirling

 

AVISO: Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 9 de novembro

   

  Estimadas familias:

A partir das 12:00 horas de mañá venres, día 9, hai declarada na costa noroeste da Coruña unha alerta de nivel LARANXA por refachos de vento. Pregamos que informen aos seus fillos e fillas da existencia da alerta e lles pidan que permanezan no exterior o menor tempo posible. Así mesmo, deben tomar precaucións no momento de abandonar o centro ao final da xornada.

No centro educativo tamén adoptaremos medidas para minimizar o risco. En canto ás actividades no exterior, non temos ningunha viaxe ou saída programada para o día de mañá.

 

 

 

 

Lección inaugural (ESO): música para comezar o curso

  

 Laura Morgade inaugurou o curso escolar 2018-2019 para o alumnado da ESO. A súa lección inaugural tratou sobre a linguaxe universal da música. Salientou a importancia de incorporar a música ás nosas vidas e os beneficios que iso conleva. A exposición foi acompañada de interpretacións ao piano de pasaxes ilustrativas de Beethoven, Debussy e Chopin.

Agradecemos á creadora da Escola de Música Laura Morgade  de Ares o seu esforzo e preparación deste encontro incial de curso co noso alumnado.

Horarios (Curso 2018-2019)

  ESO     Bacharelato  
  1.º ESO A     1.º BAC A  
  1.º ESO B     1.º BAC B  
  2.º ESO A     2.º BAC A  
  2.º ESO B     2.º BAC B  
 

3.º ESO A

       
  3.º ESO P        
  4.º ESO        

VII Premio Estudo e Deporte

 

 Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.

No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.

Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.

    .    

 

Parabéns a todos/as os participantes!!!

Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.

Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)

Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.

A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.

Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.

Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.

 

TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018

 

O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público.  No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.

 

Sesións formativas para pais e nais

A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.

 

PROGRAMA

 

Ioga tibetano

O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.

Actividades do Pi Day no IES Mugardos

O mes 3, día 14 celebramos no IES Mugardos o Pi Day con actividades que foron moi ben acollidas polo alumnado.  No concurso de PiTuit houbo aportacións de moita calidade resultando gañadore Bruno Suárez  de 2º ESO A, en 2º lugar Juan Pena, de 2º ESO A e en terceiro Lorena Álvarez también de 2º ESO A.

O I Campionato de Pi-Memoria contou cunha participación inesperada de 57 persoas entre alumnado e profesorado.  Ós resultados foron sorprendentes acadando o primeiro posto a profesora Olga Recio que acadou unha puntuación de 185 puntos xunto co alumno de 4º ESO Brais García que escribeu sen fallos os 155 primeiros decimais de Pi; en segundo lugar con 75 decimais clasificouse Marta Rumbo, de 4º de ESO e en terceiro lugar Elisabth Bejarano de 2º de ESO A con 70 decimais. Como se pode apreciar, o nivel da competición foi moi alto.

Os premios foron entregados na Gala do número Pi que foi presentada polas alumnas de 2º de bacharelato Fátima Cancela, Sofía Díaz e Raquel Santamariña.

   

O IES MUGARDOS CELEBRA O PI-DAY O 14 DE MARZO

O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi.  Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.

En España creouse o curso pasado un comité adicado a coordinar e desenvolver accións adicadas a esta conmemoración (www.piday.es).

O IES Mugardos únese a esta celebración cun programa de actividades organizado polos Departamentos de Matemáticas e Filosofía e os Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística, que persiguen varios obxectivos orientados ao desenvolvemento das competencias educativas. O programa de actos é o seguinte:

  Programa de actividades  
 

I Campionato de Pi-memoria

Esta técnica de memorización pode resultar moi útil.

 
 

 

I Concurso de Pituit

 
 

 Gala do número Pi

 

Consulta as bases.

Campionato de volei

Esta semana comezou o torneo mixto de volei cun grande éxito de participación. En total inscribíornse 17 equipos: nove na categoría infantil e oito xuvenís. O calendario de encontros está no taboleiro de Educación Física.

Vén ao pavillón nos recreos e goza dos partidos.

Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.

O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.

        3º Premio: BLANCA GAGO        1º Premio: ANA RUMBO          2º Premio: NOELIA CALVO   

 

   

Entrega de diplomas do campionato de fútbol

 

Entrega de diplomas do campionato de fútbol.

Parabéns a todos os participantes.

Distribuir contido