Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Bacharelato

Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.

O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.

        3º Premio: BLANCA GAGO        1º Premio: ANA RUMBO          2º Premio: NOELIA CALVO   

 

   

Entrega de diplomas do campionato de fútbol

 

Entrega de diplomas do campionato de fútbol.

Parabéns a todos os participantes.

Exposición: Holocausto (Mathausen, regreso ao campo da morte)

Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:

Roda cubana de baile

Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.

Fase final do campionato de fútbol

Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.

Reunión das familias coas titorías

  1.º e 2º ESO  3º. e 4.º ESO - FPB - 1.º Bach.  
               

Final e entrega de premios do XX Campionato de Polinomios

Logo de máis dun mes de partidas diarias nos recreos, este venres chegamos á final do XX Camipionato de Polinomios. Na entrega de premios participou un ano máis a directiva da ANPA O Castro. Os finalistas foron o equipo ALPHA formando por Lidia Domínguez e Carolina Fernández e o equipo RAÍZ DE -X, que se proclamou gañador, integrado por Nicolás Nieto e Jhonatan Rodríguez. Parabéns a todos os participantes e ao departamento de Matemáticas pola impecable organización e desenvolvemento desta actividade.

Contras as violencias machistas

 

Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.

Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.

Campionato de fútbol sala

Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección. 

Horarios 2017-2018

 

 

 

ESO

 

 

 

Bacharelato

 

 
  1-º ESO - A   1.º BAC - A
  1.º ESO - B   1.º BAC - B
       
  2.º ESO - A   2.º BAC - A
  2.º ESO - B   2.º BAC - B
       
  3.º ESO    
       
  4.º ESO    

Calendario de setembro

 

2.º Bacharelato

 

EXAMES

Venres, 1 de setembro
Luns, 4 de setembro

Ver horario

ENTREGA DE NOTAS

Martes, 5 de setembro

11:00 horas

RECLAMACIÓNS

Martes, 5 de setembro
Mércores, 6 de setembro

Ata as 14:00 horas

Normativa

ABAU (www.ciug.gal)

 

Prematrícula no centro

Mércores, 6 de setembro

- Solicitude
- Taxas

Probas

Martes, 12 de setembro
Mércores, 13 de setembro
Xoves, 14 de setembro

   Horario das probas

 

ESO
1.º Bacharelato
Educación de Adultos (ESA)

 

EXAMES

Venres, 1 de setembro

Luns, 4 de setembro

Ver horario

ENTREGA DE NOTAS

Mércores, 6 de setembro

11:00 horas

RECLAMACIÓNS

Mércores, 6 de setembro

Xoves, 7 de setembro

 

Ata as 14:00 horas

Matrícula (do 1 ao 10 de setembro)

 

ESO (2º, 3.º e 4.º)
Bacharelato (1.º e 2º.)

Mércores 6
Xoves, 7
Venres, 8

Sobres de matrícula

Adultos

Do 1 ao 10 de setembro

 

FP Básica

Ata o 10 de setembro

 

 

Comezo do curso 2017-2018

ESO
BAC
FPB

Presentación
Lección inaugural
Comezo do transporte escolar

Venres, 15 de setembro

12:00 – 14:25 horas

Adultos

Presentación

Luns, 25 de setembro

16:30 horas

Familias

Recepción da dirección

Martes, 26 de setembro

18:15 horas

Eleccións, 2017

O venres, 26 de maio, celebramos no IES de Mugardos a festa da democracia. Desde o departamento de Xeografía e Historia levouse a cabo un simulacro de eleccións. Trátase dunha actividade que incide en valores tan importantes na educación como a tolerancia, o respecto e a calidade democrática.

O proceso electoral transcorreu sen incidentes, cunha alta participación do censo. Os candidatos foron madrugadores á hora de exercer o seu dereito ao voto. Velaquí as imaxes do momento.

  

 

 

  
 
 

Eleccións 2017

Tras a creación de partidos, proclamación de candidaturas, campaña electoral e debate... este venres o censo electoral do IES de Mugardos poderá exercer o dereito ao voto.

 

Operación Futuro: cadernos de orientación académica e profesional (2017)

  1º.BAC   4.º ESO   3.º ESO
     
 

 

 

 

A ritmo de zumba e hip-hop

Esta mañá contamos no centro coa presenza de Patricia, monitora do Club de Baile Móvete, que impartiu unha masterclass de baile moderno. Durante catro horas, por quendas de estudantes e profesores, puxo a todo o centro da bailar zumba e hip-hop no pavillón.

Torneo de volei mixto

Esta semana deu comezo o torneo de volei por equipos mixtos. Os partidos celebraranse durante os recreos no pavillón.

Seleccionados/as para a ronda final do concurso Pangea

 

Velaquí os seleccionados/as do noso centros que poderán presentarse á Ronda Final do concurso matemático Pangea. As probas, que se celebran conxuntamente en moitas cidades españolas, realizaranse este sábado, 6 de maio. No noso caso deberán desprazarse a Vigo. Ánimo e sorte a todos os que acompañados das súas familias se presenten.

 

Experiencias (Semana das profesións)

No marco da Semana das Profesións, esta mañá tocoulle o turno ás experiencias.Para iso contamos coa presenza de Carolina Iglesias, guionista e youtuber coruñesa nestes momentos afincada en Madrid. Coñecida pola súa participación no programa de humor "Yu: no te pierdas nada" en Los 40 e a canle Percebes y grelos.

 Por outra banda, o alumnado de 1.º bacharelato da materia de Fundamentos de administración e xestión expuxeron os seus proxectos presentados ao premio Desafío Emprende.

 

Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017

Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o  alumnado dos distintos cursos de Economía  4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC.  a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade  detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España  que irán ao  Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!

Velaquí os proxectos:

 

 EUREKA

Pulseira intelixente coa función de facilitar a vida daquelas persoas que sofren doenzas relacionadas coa memoria ou menores que nalgún momento da súa infancia se desorienten debido á perda de localización dos seus pais.

 

 

 

FAST PAY

Medio de pagamento en webs e online con diñeiro en efectivo a través do móbil.

 

 

 

 

FEEDPET

Feedpet é dispositivo de alimentación electrónico co que  poderás  darlle de comer e beber a túa mascota  as veces que sexan necesarias e sen estar na casa. Deseñamos un mecanismo que se controla desde o teu móbil, co que programar o sistema y e ver a túa mascota sempre  que o precises.

 

GTC PROJECT

Libro electrónico que aforra peso aos escolares e facilita o traballo dos profesores.

 

 

 

 
 

HELP CLOTHES

As chaquetas intelixentes Help Clothes de baterías están deseñada con sensores que axustan automaticamente a temperatura segundo as preferencias persoais.

 

PROYECTO MEDICA

O proxecto MEDICA está pensado para que a xente maior o con algún tipo de problema non teña a preocupación de memorizar,  cales pastillas tomar ou a qué hora. A nosa solución é un dispositivo que almacena e proporciona os medicamentos  avisando cando haxa que tomalas, con sinais luminosos  e auditivos.

   

 

 

PROYECTO NEPTUNO

Neptuno é un aparello  fabricado en fibra de carbono ultra resistente que permite igual que as branquias extraer el osíxeno presente na auga. Permite a quen queira experimentar a experiencia de mergullase sen límite de tempo.

 

VISIONARY CORPORATION

SmartGlasses son uns lentes intelixentes con capacidade de detección de obstáculos  debido a que incorporan un pequeno sensor na patilla esquerda, sen afectar a comodidade ou estética.

 

 

 

 

SPEED BUS

Trátase dunha aplicación que informa do punto exacto onde está o autobús en cada unha das súas rutas. Pensada para lugares pequenos: aldeas, vilas...

 

 VISUALITÊ

Audition  consiste nun caxato con sensores que captan todo tipo de obstáculos e atrancos que se presenten no camiño. Ademais, incorpora un audífono que proporciona datos sobre a ubicación  no momento exacto e guia cara ao destino solicitado polo propio cliente.

     

 OUTROS:

Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.

Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.

Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.

Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.

Representación de Medea (Festival de Teatro Grecolatino)

No Día Internacional do Teatro (27 de marzo) lembramos as representacións ás que asitimos a semana pasada. Entre elas, o mércores 22 de marzo, o alumnado de cultura clásica, latín e grego de varios niveis asistiu ás Xornadas de Teatro Grecolatino para disfrutar da representación de Medea  de Eurípides.
 
Blog: Lecturamos
Distribuir contido