Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Traballos e premios

Samaín de cine

SAMAÍN DE CINE 

Producións audiovisuais 

   

 

Premio "Decora a túa máscara"

 

  

 PREMIO

Máscara máis terrorífica

Fátima Pereira

1.º ESO

 

 PREMIO

Máscara máis creativa

Faia Varela
1.º ESO

 

 

 

Entrevista coa alumna Emma Vázquez (1.º Bach.)

 

No Telexornal da TVG de hoxe foi noticia a alumna Emma Vázquez (1.º Bacharelato) pola súa participación no programa educativo Advanced Talent Training, que este ano está a substituír as estadías en Canadá e EEUU das bolsas de estudos da Fundación Amancio Ortega. Emma explicou na gravación da entrevista no noso centro algúns contidos e actividades que está a desenvolver. O programa educativo está deseñado polo Mo Massachusetts Institute of Technology (MIT) y la Universidad de Cambridge.

Ver nova no Telexornal Mediodía, 19 de outubro

O papel da muller na ciencia e na tecnoloxía.

O papel de muller no mundo da ciencia e da tecnoloxía estivo, ata o de agora, oculto e infravalorado pola humanidade. Sen embargo, houbo, hai (e seguirá habendo) no mundo grandes investigadoras e científicas das cales pouco se sabe. Entre elas, cabe citar os casos de Marie Curie, Ada Lovelace, Mary Anderson ou Ángela Ruiz Robles.

É tarefa de todos darlle visibilidade ao seu traballo. O alumnado de TIC de 4º ESO púxose mans á obra na primeira avaliación, investigando sobre a vida e os descubrimentos e inventos destas e doutras mulleres científicas e inventoras, creando unha presentación multimedia sobre o tema.

A continuación amósanse, en formato pdf, algúns dos traballos realizados polo alumnado.

 
     
 
     
 
     

LAPISEIROS CONSTRUIDOS POLO ALUMNADO DE 2º ESO

O principal obxectivo da materia de Tecnoloxía é que o alumnado sexa capaz de deseñar e construír prototipos que resolvan un determinado problema. Para o alumnado de 2º ESO foi o primeiro ano no que se enfrontaron a este reto, polo que se lles propuxo un proxecto sinxelo: o deseño e construción dun lapiseiro realizado con taboleiro de contrachapado, aínda que tamén podían empregar outros materiais, como cartón ou cartolina. A suspensión das clases presenciais provocou que algúns grupos de traballo non conseguisen rematar o proxecto, mais outros si que o lograron. Velaquí o resultado dalgún dos prototipos rematados.

 

 

E para o ano, esperemos poder seguir deseñando e construíndo proxectos un pouco máis complexos.

BO VERÁN!

Visibilización del papel de la mujer en la ciencia y la tecnología

Este curso estaba previsto realizar en la materia de TIC I de 1º de Bachillerato una tarea denominada Visibilización del papel de la mujer en la ciencia y la tecnología. Debido a la situación de emergencia sanitaria en el 3º trimestre, esta tarea se hizo de forma colaborativa en al aula virtual. El alumnado partió de realizar un trabajo de investigación sobre algunas de las mujeres que alcanzaron logros relevantes en la ciencia y la técnica a lo largo de la historia hasta el momento actual. Buscaron  datos biográficos y cuales fueron sus aportaciones a la ciencia y a la técnica. Se partió de algunos caso conocidos como ejemplo:

         
Marie Curie   Ada Lovelace   Mary Anderson

Las autoras trabajaron telemáticamente de forma colaborativa y como producto final realizaron unas presentaciones, que aparecen a continuación:

 

Recital Manuel Curros Enríquez

Graduación 2.º bacharelato, promoción 2018-2020

 

As circunstacias especiais deste curso obrigaron a converter o trámite de entrega de notas nun simple acto de despedida dos novos titulados de bacharelato. Parabéns aos flamantes bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Tamén houbo un recoñecemento ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar, representados nos últimos titores Ofelia Lubián e Telmo de PazO noso agradecemento, igualmente, para todas as familias que nos confiaron unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.

Salientamos a mención das dúas matrículas de honra a María Manuela Pérez Coira e Iria Fernández Fornos nas modalidades de bacharelato de humanidades e ciencias sociais, respectivamente.

Para a lembranza futura deste ano: ánimo e saúde!!!

 

Recital de Rosalía de Castro (3.º ESO)

En colaboración co profersor Diego Calvo, do departamento de Tecnoloxía

FUNCIÓNS MATEMÁTICAS E ANIMAIS

Actividade en dúas fases realizada na materia Matemáticas Académicas de 4º ESO no IES Mugardos durante o curso 2019-2020 e rematada no período de confinamento.
O alumnado xa coñecía o concepto de función do curso pasado en que foi introducido a través dunha actividade denominada “Nivel de felicidade” na que aprenderon o que é unha función real e as principais características: dominio, percorrido, crecemento, extremos e continuidade.
Xa no primeiro trimestre deste desenvolveuse a primeira parte da actividade co coñecemento das gráficas de funcións polinómicas (ata grao 4), de proporcionalidade inversa, expoñénciais, logarítmicas, valor absoluto e trigonométricas. Esta actividade fíxose a través do movemento tratando de reprducir cos brazos e o corpo as funcións e logo debuxándoas e escribindo as súas propiedades.
No segundo trimestre a actividade relacionada coas funcións foi interrumpida polo confinamento e completada nas casas. A proposta era a seguinte:
Tiñan que elixir algún animal, podían debuxalo ou collelo na web en imaxes libres. Esa imaxe debían exportala a Geogebra e situar o vértice inferior esquerdo na orixe de coordenadas.
Posteriormente debían buscar tres funcións das estudadas que se acoplasen a algunha parte do corpo do animal para o que deberían alterar os coeficientes e compoñentes numéricos da función. Esta parte iniciouse na aula de informática do centro pero logo a continuaron nas súas casas.
Finalmente debían acotar a función á zona na que coincidía co corpo do animal para comprender o significado de funcións a trozos, pero non están as imaxes nesta presentación para non facela repetitiva e longa.
Con esta actividade pretendíanse introducir o significado da vectorización, esto é, substituir imaxes por funcións que logo, ao cambiar de tamaño, non perden resolución no ordenador.
Traballáronse estándares do bloque de funcións e do Bloque I: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas.

Día das Letras Galegas, 2020

 O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas adicado, este ano tan especial, a Ricardo Carvalho Calero.

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) foi unha figura polémica ao longo dos anos. Por unha banda, por tratarse dun home trascendental na evolución da creación, a expresión literaria e a loita polo idioma, que logrou levar ao máis alto a historia da literatura galega. Por outra banda , polas reiteradas candidaturas na sede da Academia para ser homenaxeado o 17 de maio, que foron rexeitadas ao longo dos anos. 

O autor naceu e criouse  no barrio de Ferrol Vello, ata que se trasladou a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Foi alí onde se adentrou tanto no galeguismo coma nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que o levou a exercer unha activa militancia nacionalista.
Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións, como A Nosa Terra, ademais de impulsar as súas primeras obras cultivando o xénero poético, primero en castelán e despois en lingua galega. Tras o golpe militar, o autor entrou  en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi represaliado, condenado por separatista e recluído en Xaén. A pesar diso, a partir de 1941 puido saír do cárcere,  entregouse á ensinanza privada en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.
Era un home cunha gran capacidade de servizo á sociedade, que o levou a impulsar a creación dunha Gramática galega, fundamental para a textualización da cultura. Hai que destacar tamén, o seu carácter pioneiro nos estudos rosalianos, xa que  contribuiu a fundamentar a crenza do valor de Rosalía como unha figura clave nas nosas letras.
Cabe destacar a súa valiosa obra literaria, tanto como poeta como narrador, e valorar o seu papel na historia galega, levando unha vida moi coherente e de  entrega ao  país, e consagrándose como un intelectual honrado e honesto, que se converteu no principal inspirador do Reintegracionismo.

 

Para unirnos a esta celebración o equipo de Dinamización Lingüística e o equipo da Biblioteca do centro, contando coa colaboración dalgúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato, tentamos dar vida a un dos seus poemas ("Ferrol, 1916") no seguinte vídeo. E para que todo quede pola zona ás palabras de Carvalho Calero poñémoslles a música de Pepito Arriola. José Rodríguez Carballeira, coñecido como Pepito Arriola, foi un neno prodixio, precoz intérprete e compositor que naceu en Betanzos o 14 de decembro de 1895. Os primeiros anos da súa vida pasounos en Ferrol e a principios de 1899 a súa nai levou a Pepito a Madrid, onde comezou unha fulgurante carreira como pianista, violinista e compositor. A peza que acompaña o vídeo, titulada "Habanera" foi composta en 1898 cando tan só tiña 3 anos.

Este ano tiñamos en proxecto representar dúas pequenas obras de Carvalho Calero: o grupo de Artes Escénicas de 4º ESO estaba a ensaiar "Ou auto  do  prisioneiro" e unha parte do grupo de Obradoiro de Teatro estaba a ensaiar "A  arbre". Como non foron posibles estas representacións lembramos "A farsa das  zocas" posta en escena hai 3 anos polo grupo de Obradoiro de Teatro de 1º de Bacharelato.

 

 

Blog: Lecturamos

Vous prévoyez de partir en voyage?

PREME NA IMAXE

Montreal.pdf

 

Let's go somewhere!

This summer we may not go anywhere, but travelling is a state of mind and 1*Bac students have got a lot of ideas to make you dream!! 
Let's go somewhere!
Let's dream!

https://issuu.com/pcadega/docs/travelling_magazine

Maios confinados, 2020

Este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera con esta celebración que en Mugardos se intenta revitalizar desde hai tres anos. Estes son os maios confinados do alumnado de 1.º ESO.

 

Versión cantada por MARTINA S.G.

Agradecemento a Protección Civil de Mugardos e Ares

Desexamos agradecer publicamente ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Mugardos e Ares
polo labor que están a desenvolver nestes momentos de alerta sanitaria.
Grazas a eles foi posibel entregar puntualmente material de traballo necesario aos fogares do noso alumnado. 

ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.
 
Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.
 
Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.
 

Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.

 
E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
 
 
 

Letters to Megan

Our Favourite Dishes

Receitas de 2.º ESO

Habemos de ir a Sevilla (viaxe fin de curso 4.ºESO)

Hoxe estaba previsto o comezo da viaxe de fin de curso de 4.º ESO. Con traballo de venda de rifas e produtos no instituto; co esforzo económico familiar; co apoio do profesorado acompañante e, sobre todo, con moita ilusión organizaron unha excursión a Madrid e Sevilla. Todo iso quedou adiado o pasado venres 13 de marzo e seguinte declaración de estado de alarma. Foi aprazada sine data a viaxe, mais coa confianza en que desta pandemia sairemos unidos/as contra o virus. Agora máis que nunca, quedamos na casa.


Venda de produtos para a excursión 4.º ESO

 

Aviso ás familias no arquivo adxunto.

Classroom iesmugardos.gal

O instituto ten unha conta G Suite para centros educativos. O noso dominio é iesmugardos.gal. Todo o alumnado posúe un enderezo de correo electrónico dentro desta conta. Entre outras funcións, permite o acceso á ferramenta CLASSROOM.

Moitas profesoras/es xa están a crear as súas clases virtuais. Para facilitarche o acceso, velaquí tes as instrucións e un vídeo titorial.

 

Calquera dúbida ou porblema, consulta no correo ies.mugardos@edu.xunta.es

Na Feira de Orientación de Ferrolterra

 

Un ano máis, o noso IES Mugardos colaborando na información e asesoramento do alumnado da comarca.

Malas herbas de 1°curso e Arte floral de 2°curso trouxeron á mostra de Orientación de Ferrolterra:
-unha demostración de como deseñar bonsais
-prantiñas para agasallar (as que ademáis de alegrar a vista permiten facer control de plagas, e tomateiras)
-arranxos florais e,
-o obradoiro de kokedamas que tanto gusta.

Grazas Amelia, orientadora do Leixa, por invitarnos un ano máis!

3.º premio na VII Olimpíada Filosófica de Galicia (categoría de disertación)

 

 Sofía Cao

1.º Bacharelato

3.º premio
na VII Olimpiada Filosófica de Galicia

Categoría de disertación.

 

 

A fase final tivo lugar o xoves, 20 de febreiro. 

Podemos ler o artigo de Sofía Cao "Todos podemos ser un heroe" na revista Filoxornal publicada o 21 de novembro, Día Internacional da Filosofía.

 

 

O pasado venres, 24 de xaneiro, as alumnas de bacharelato Iria Fernández, Yuxin Zheng, Marta Ibón, Sofía Cao e Esther Rodríguez acompañadas da profesora Ofelia Lubián asistiron á Olimpíada Galega de Filosofía. A súa participación este ano foi na modalidade de Disertación sobre " O camiño do mito ou o mito do camiño". As probas tiveron lugar na Faculade de Filosofía de Santiago de Compostela.

 

Comezou o CIFRAS E LETRAS

 

Xa comezou o CIFRAS E LETRAS.

Consulta as BASES e as eliminatorias por curso.

Mención de Honra Olimpíada Matemática Galega (OMG)

Os representantes do IES de Mugardos, profesoras Covadonga Rodríguez-Moldes e María Calvo xunto a
decana da facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón

Un ano máis o departamento de Matemáticas acompañou aos estudantes de bacharelato á Olimpíada Matemática Galega (OMG). As nosas representantes foron Amparo Muíño, Alba Payo e Sara Rodríguez de 1.º BAC; e Álvaro Freire e Borja Souto de 2.º BAC. Parabéns para todos e en especial pola Mención de Honra acadada:

 


 

Álvaro Freire Ares
(2.ºBAC)

Mención de Honra na 
Olimpíada Matemática en Galicia

Páxina da OM

 
 

Comeza a segunda edición de PILABOT

        

 Ao longo das próximas semanas, o noso instituto participará no concurso PILABOT patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente. Pilabot é un concurso entre 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, que se poida portar coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. En todo caso, a orixe dos residuos das pilas debe ser doméstico, procedente das familias do alumnado e do persoal do propio centro escolar.

Para a recollida das pilas, cada alumno/a recibirá unha caixiña de cartón que se debe ir baleirando as veces que sexa necesario no bidón contedor que se atopa na entrada do instituto.

O consurso comezou oficialmente o 13 de xaneiro e rematará o 31 de marzo.

Pode consultar as bases do concurso na páxina www.pilabot.gal e tamén seguir as novidades nas redes sociais.

Cesta de Nadal

En nome dos agraciados da súa familia, Juan P. recolleu a cesta de Nadal da rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO. O número premiado foi o 6590.

Distribuir contido