FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Exposición: Holocausto (Mathausen, regreso ao campo da morte)
Enviado por admin o Sáb, 17/02/2018 - 14:04Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:
- El convoy de los 927: https://www.youtube.com/watch?v=0dqMix6nEos
- Mauthausen, el deber de recordar: https://www.youtube.com/watch?v=PkUuoCiU0LU&t=1s
- Saturnino Navazo, fútbol en el infierno, 27': https://www.youtube.com/watch?v=wMWkUim3TsM
Roda cubana de baile
Enviado por admin o Ven, 09/02/2018 - 23:21Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.
DÍa da Paz
Enviado por admin o Mar, 30/01/2018 - 22:19
Mural de carteis do Día Escolar pola non violencia e a paz
Fase final do campionato de fútbol
Enviado por admin o Mar, 23/01/2018 - 22:31
Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.
Exhibición de tenis
Enviado por admin o Dom, 24/12/2017 - 14:25Unha numerosa reseprentación de tenistas do Club de Tenis de Redes, encabezada por César Vilasánchez, ofreceu este xoves unha exhibición ao alumnado de 1.º ESO. Foi unha magnífica ocasión para coñecer un pouquiño mellor este deporte e as posibilidades de practicalo nas instalacións máis próximas.
Ademais, aproveitamos a ocasión para entregar ao alumnado a doazón de bólas usadas e gastadas no club de Redes e que serán reutilizadas nas aulas para reducir o ruído das patas de cadeiras e pupitres.
César Vilasánchez entregando o material gastado nas canchas de tenis para a súa reutilización nas aulas.
Moitas grazas.
Final e entrega de premios do XX Campionato de Polinomios
Enviado por admin o Dom, 03/12/2017 - 20:21Logo de máis dun mes de partidas diarias nos recreos, este venres chegamos á final do XX Camipionato de Polinomios. Na entrega de premios participou un ano máis a directiva da ANPA O Castro. Os finalistas foron o equipo ALPHA formando por Lidia Domínguez e Carolina Fernández e o equipo RAÍZ DE -X, que se proclamou gañador, integrado por Nicolás Nieto e Jhonatan Rodríguez. Parabéns a todos os participantes e ao departamento de Matemáticas pola impecable organización e desenvolvemento desta actividade.
Contras as violencias machistas
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2017 - 13:28
Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.
Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.
Magosto e xincana deportiva
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2017 - 12:54Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.
Campionato de fútbol sala
Enviado por admin o Mér, 08/11/2017 - 21:04Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección.
Skate e patinaxe
Enviado por admin o Sáb, 28/10/2017 - 12:17Este venres tivo lugar no recreo unha demostración práctica de skate e patinaxe a cargo da asociación Gazapo. A actividade, patrocinada polo concello de Ares, tamén concluíu cun chamamento a todas as persoas interesadas en continuar desfrutando da sensación sobre rodas para formar un grupo os sábados pola mañá en Ares.
Reunión dos titores/as coas familias (Martes, 24 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 18/10/2017 - 12:38Montaxe de cúpulas
Enviado por admin o Mér, 27/09/2017 - 22:17
Ao longo desta semana o departamento de Matemáticas está a organizar sesións de montaxe de cúpulas de Leonardo. Todos os cursos terán a oportunidade de levantar estas estruturas autoportantes formadas por pezas de madeira.
Horarios 2017-2018
Enviado por admin o Dom, 17/09/2017 - 15:32Calendario de setembro
Enviado por admin o Lun, 28/08/2017 - 13:51
2.º Bacharelato |
||||
|
EXAMES |
Venres, 1 de setembro |
Ver horario |
|
ENTREGA DE NOTAS |
Martes, 5 de setembro |
11:00 horas |
||
RECLAMACIÓNS |
Martes, 5 de setembro |
Ata as 14:00 horas |
||
ABAU (www.ciug.gal) |
||||
|
Prematrícula no centro |
Mércores, 6 de setembro |
- Solicitude |
|
Probas |
Martes, 12 de setembro |
ESO |
|||
|
EXAMES |
Venres, 1 de setembro Luns, 4 de setembro |
Ver horario |
ENTREGA DE NOTAS |
Mércores, 6 de setembro |
11:00 horas |
|
RECLAMACIÓNS |
Mércores, 6 de setembro Xoves, 7 de setembro |
Ata as 14:00 horas |
|
Matrícula (do 1 ao 10 de setembro) |
|||
|
ESO (2º, 3.º e 4.º) |
Mércores 6 |
|
Adultos |
Do 1 ao 10 de setembro |
|
|
FP Básica |
Ata o 10 de setembro |
|
Comezo do curso 2017-2018 |
|||
ESO |
Presentación |
Venres, 15 de setembro |
12:00 – 14:25 horas |
Adultos |
Presentación |
Luns, 25 de setembro |
16:30 horas |
Familias |
Recepción da dirección |
Martes, 26 de setembro |
18:15 horas |
Incorporación ao proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL)
Enviado por admin o Ven, 21/07/2017 - 19:18
O IES de Mugardos foi admitido para participar no proxecto EDIXGAL,
a partir do curso 2017-2018, en 1.º e 2.º ESO
Ao alumnado destes cursos proporcionaráselles de xeito gratuíto un ordenador convertible de 12 polgadas para acceder na aula e na casa ao un denominado Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA). Nela atoparán os recursos dixitais fornecidos pola Consellería ou creados polo profesorado. Trátase principalmente de libros dixitais e actividades interactivas. Unha das consecuencias desta incorporación ao programa EDIXGAL é a exclusión do alumnado de 1.º e 2.º ESO da participación no FONDO SOLIDARIO de libros de texto. Non obstante, os libros de texto cos que conta o centro e as familias tamén se poderán empregar como complemento e apoio. Por outra banda, manténse o dereito á axuda para adquirir material escolar. O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet coas claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Tamén existe a posibilidade de utilizar na casa o mesmo ordenador portátil que se emprega na aula mediante unha solitude de préstamo. As familias comprometeranse ao coidado e correcta utilización do equipamento coa finalidade educativa para o que é cedido. A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados é gratuíta. O alumnado pode acceder ao material dixital tanto a través dunha conexión a internet (online) como dende o seu ordenador portátil (offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión á rede desde as súas casas poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o ordenador volva ter conexión de rede.
Información sobre o proxecto EDIXGAL no Espazo Abalar Entorno virtual de aprendizaxe (EVA) (usuario: edixgal; contrasinal: edixgal) Convocatoria do Proxecto Educación Dixital EDixgal para o curso 2017/2018 |
Fondo solidario de libros de texto (ESO) - Listaxe provisional
Enviado por admin o Sáb, 15/07/2017 - 12:29Listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018:
+ Información sobre libros de texto:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/?q=node/1566
Despedida dos contratos-programa: PROA, Escala na Escola, Igualdade.
Enviado por admin o Xov, 15/06/2017 - 22:29Esta semana despedimos os denominados contratos programa asinados entre o centro e a consellería para o desenvolvemento de tres importantes accións formativas. Por unha banda, o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA); o programa de excelencia Escala na Escola (foto)que participaron nunha chea de iniciacitivas científicas; e o programa de igualdade que mañá despedirase cun grande "mercadillo" de produtos propios con recadación de fondos para unha ONG.
Eleccións, 2017
Enviado por admin o Dom, 28/05/2017 - 14:37O venres, 26 de maio, celebramos no IES de Mugardos a festa da democracia. Desde o departamento de Xeografía e Historia levouse a cabo un simulacro de eleccións. Trátase dunha actividade que incide en valores tan importantes na educación como a tolerancia, o respecto e a calidade democrática.
O proceso electoral transcorreu sen incidentes, cunha alta participación do censo. Os candidatos foron madrugadores á hora de exercer o seu dereito ao voto. Velaquí as imaxes do momento.
|
|
Eleccións 2017
Enviado por admin o Mér, 24/05/2017 - 22:07Tras a creación de partidos, proclamación de candidaturas, campaña electoral e debate... este venres o censo electoral do IES de Mugardos poderá exercer o dereito ao voto.
A ritmo de zumba e hip-hop
Enviado por admin o Lun, 15/05/2017 - 19:06Esta mañá contamos no centro coa presenza de Patricia, monitora do Club de Baile Móvete, que impartiu unha masterclass de baile moderno. Durante catro horas, por quendas de estudantes e profesores, puxo a todo o centro da bailar zumba e hip-hop no pavillón.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »