Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Traballos e premios

Conversas na biblioteca (Tempo de lembranzas)

No Día do Libro, lembramos o encontro na biblioteca co historiador Miguel A. Rodríguez, autor da obra publicada polo Concello este ano co motivo do 70 aniversario da traxedia da lancha de Mugardos; e María Victoria, supervivente do accidente.

 

Participación na VIII Olimpíada Galega de Economía

O pasado venres 31 de marzo tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa de A Coruña a VIII edición da Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación de cinco estudantes de 2º de Bacharelato: Cristina Filgueiras, Raquel Pérez, Alberto Pérez, Miguel Pereira e Adán Rivera. Vaia por diante o noso recoñecemento ao alumnado paticipante pola súa disposición e esforzo. Noraboa!

Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017

Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o  alumnado dos distintos cursos de Economía  4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC.  a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade  detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España  que irán ao  Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!

Velaquí os proxectos:

 

 EUREKA

Pulseira intelixente coa función de facilitar a vida daquelas persoas que sofren doenzas relacionadas coa memoria ou menores que nalgún momento da súa infancia se desorienten debido á perda de localización dos seus pais.

 

 

 

FAST PAY

Medio de pagamento en webs e online con diñeiro en efectivo a través do móbil.

 

 

 

 

FEEDPET

Feedpet é dispositivo de alimentación electrónico co que  poderás  darlle de comer e beber a túa mascota  as veces que sexan necesarias e sen estar na casa. Deseñamos un mecanismo que se controla desde o teu móbil, co que programar o sistema y e ver a túa mascota sempre  que o precises.

 

GTC PROJECT

Libro electrónico que aforra peso aos escolares e facilita o traballo dos profesores.

 

 

 

 
 

HELP CLOTHES

As chaquetas intelixentes Help Clothes de baterías están deseñada con sensores que axustan automaticamente a temperatura segundo as preferencias persoais.

 

PROYECTO MEDICA

O proxecto MEDICA está pensado para que a xente maior o con algún tipo de problema non teña a preocupación de memorizar,  cales pastillas tomar ou a qué hora. A nosa solución é un dispositivo que almacena e proporciona os medicamentos  avisando cando haxa que tomalas, con sinais luminosos  e auditivos.

   

 

 

PROYECTO NEPTUNO

Neptuno é un aparello  fabricado en fibra de carbono ultra resistente que permite igual que as branquias extraer el osíxeno presente na auga. Permite a quen queira experimentar a experiencia de mergullase sen límite de tempo.

 

VISIONARY CORPORATION

SmartGlasses son uns lentes intelixentes con capacidade de detección de obstáculos  debido a que incorporan un pequeno sensor na patilla esquerda, sen afectar a comodidade ou estética.

 

 

 

 

SPEED BUS

Trátase dunha aplicación que informa do punto exacto onde está o autobús en cada unha das súas rutas. Pensada para lugares pequenos: aldeas, vilas...

 

 VISUALITÊ

Audition  consiste nun caxato con sensores que captan todo tipo de obstáculos e atrancos que se presenten no camiño. Ademais, incorpora un audífono que proporciona datos sobre a ubicación  no momento exacto e guia cara ao destino solicitado polo propio cliente.

     

 OUTROS:

Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.

Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.

Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.

Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.

Escala na Escola (Programa de excelencia)

   

 As tardes dos martes (15:10-16:10) continúan en marcha as actividades do club científico do programa de excelencia "Escala na Escola". O alumnado inscrito de 2.º e 3º ESO realizan neste período varios obradoiros e prácticas nos laboratorios e aula de tecnoloxía. Na última sesión asistiron a unha demostración práctica de impresión 3D. Participan todos os departamentos científicos, coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.

Campionato provincial escolar de orientación

 Moi agradecidos coa organización do Campionato provincial escolar de orientación celebrado esta mañá nas instalacións de Acea da Ma (Culleredo). O alumnado de 3.º e 4.º ESO gozou dunha mañá intensa de actividade deportiva e compañeirismo, na que ademais Marta R. e Brais G. acadaron o 3.º posto na clasificación de cadetes.

Parlamento Xove (2017)

 Esta fin de semana celebrouse o encontro de debate do Parlamento Xove correspondente á categoría de Bacharalato. O IES de Mugardos participou co equipo formado por Noelia Calvo, Raquel Pérez, Lupa Pérez e Alberto Pérez coa coordinación da profesora de Filosofía, Ofelia Lubián

Os debates desta fase clasificatoria discorreron nas instalacións do Centro Residencial Docente situado en Culleredo. O tema desta edición era a seguinte pregunta: As novatadas estudantís. Pasaron a ser un suposto de acoso entre a mocidade?

Malia que non resultamos seleccionados para a fase final, completamos unha meritoria participación. Parabéns, equipo, polo traballo e esforzo que representa a preparación desta actividde altamente formativa.

Nós, feminino plural (actividades de marzo)

Retratos de Muller
Lectura expresiva de "Artes Escénicas (4.º ESO)

 

Algunhas das actividades previstas no mes da muller no noso centro son:

  • Mércores 8: elaboración de carteis, pancartas e manifestos para expor no recreo. Ensaio performance 1° Bacharelato no centro.
         

    Luns 13: entrega de chapas e imáns con lemas sobre o empoderamento da muller deseñados polo alumnado de 2° ESO (haberá postos nos recreos).

  • Venres 17: versión do xogo "Quen é quen" organizado polo alumnado de 3° para dar a coñecer mulleres destacadas (recreo diante da cafetaría).
  • Xoves 23: performances do alumnado de 1° Bacharelato. Ataques sorpresa en varios puntos de Mugardos.
  • Martes 28: charla de colectivos "trans".

EXPOSICIÓN: "1000 años de arte en feminino / A Thousand Years of Women Painters"

 

Carreira de orientación en Monfero

 
 

Máxima participación e colaboración entre compañeiros/as de 1.º e 2.º ESO na carreira de orientación zonal celebrada o pasado xoves, en Monfero, dentro do programa Xogade.  Moitas grazas aos estupendos anfitrións do CPI Virxe da Cela.

Final Open Matemático

 

O mércores 23 fe febreiro celebrouse na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela a 6ª xornada e final dio Torneo Aberto de Resolutores de Problemas, máis coñecido como Open Matemático. Do noso instituto asitiron Uxía Fernández e Brais García de 3.ºESO e Carla Amenedo de 2.º ESO; acompañados da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.

Entrega de premios dos campionatos de fútbol e xincana

Xincana
do magosto
   

Fútbol sala
feminino

   

Fútbol sala
masculino

FINAL E ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Venres,
2 de decembro

Gran final do
XIX CAMPIONATO
DE POLINOMIOS

 

 

 

 

Video La Voz de Galicia

 

Premio 25 de novembro: canción (3.º ESO)

AUTORA: Ariadna (3.º ESO)


1:45 minutes (4.01 MB)

Premio 25 de novembro: monólogo (4º ESO)

Mención especial do xurado

AUTORA: Marta Rumbo (4º ESO)

Premio 25 de novembro: monólogo (4º ESO)

AUTORA: Noa Martínez Fariña (4.º ESO)

Premio 25 de novembro: fotografía (3º ESO)

AUTORA: Uxía Fernández (3.º ESO)

Premio 25 de novembro: canción (1º BAC)

AUTORA: Carolina (1º bacharelato)


1:10 minutes (2.68 MB)

Premio 25 de novembro: canción (1º BAC)

AUTOR: Birama (1.º bacharelato)


3:23 minutes (3.1 MB)

1.º Premio na fase nacional do "Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos"

 

O equipo do IES de Mugardos en representación da camunidade autónoma de Galicia vén de gañar a fase nacional do concurso  “Incubadora de Sondeos y Experimentos” na categoría de bacharelato. A exposición oral diante do xurado realizouse onte, 30 de xuño, na cidade de Badajoz.

A profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes coordinou o traballo das alumnas Inés Díaz, Sara Vázquez, Cintia Pérez, Marta Pérez. O estudo, que leva o título de ¿Mens sana in corpore sano?, aborda a relación entre os resultados académicos e a actividade física na poboación escolar. Entre as súas conclusións salientan as seguintes:

  • As notas medias dos estudantes non se ven afectadas negativamente polo tempo de dedicación ao deporte.
  • As notas medias dos deportistas son significativamente superiores que as dos non deportistas.
  • A probabilidade de aprobar é superior se o estudante é deportista.

Para chegar a estas conclusións baseáronse nos datos estatísticos fornecidos polo alumnado do centro e a base de datos dos nosos Premios Estudo e Deporte.
O IES de Mugardos co traballo da profesora Covadonga ten acadado o recoñecemento na fase galega en numerosas ocasión. Nesta edición é a primeira vez que gañamos a fase nacional. O premio escolar Incubadora é un dos de maior prestixio en toda España no eido das matemáticas.

Parabéns a todas!!!

Na Olimpíada de Economía celebrada en Vigo

O pasado venres, 17 de xuño, catro alumnos de 2.º bacharelato participaron na VII edición da Olimpíada de Economía. As probas desenvolvéronse na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo. Desde aquí o recoñecemento ao esforzo realizado polos alumnos e a profesora, Mara Meiriño.

Primeiro premio do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.º Premio - Bacharelato

VI Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos

Parabéns a Inés Díaz, Sara Vázquez, Cintia Pérez, Marta Pérez e á profesora Covadonga Rodriguez-Moldes polo primeiro premio na categoría de bacharelato no concurso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) polo traballo titulado ¿Mens sana in Corpore sano?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

V Premio Estudo e Deporte

Comprácenos informar dos gañadores e mencións especiais dos Premios Estudo e Deporte que patrocina o IES de Mugardos e mais os Concellos de Mugardos e Ares, a ANPA O Castro e o Club do Mar e a SDC Galicia de Mugardos, coa colaboración indispensable de ata 35 entidades deportivas e asociacións de Ferrolterra.  Entre todos queremos poñer en valor a capacidade de organizarse e de programar o tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.
 
Os alumnos e alumnas do IES de Mugardos premiados nesta ocasión acadaron unha media moi elevada na fase de baremación, segundo os criterios que se poden consultar nas bases. Tamén queremos  facer chegar o noso recoñecemento  a todas as familias que asumen con dedicación a tarefa de facilitar a práctica de calquera tipo de actividade física dos seus fillos.
 
Esta iniciativa dos Premios Estudo e Deporte está incluída no Plan Proxecta e nos Contratos-Programa para a mellora da excelencia que promove a Consellería de Educación.  Este ano acada xa  a súa quinta edición. Queremos nesta ocasión compartir con todas as entidades colaboradoras o recoñecemento máximo que para nós foi a concesión ao IES de Mugardos do Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
 
A entrega dos Premios Estudo e Deporte realizarase o día 22 de xuño como colofón ao Acto Cultural de fin de curso. 

Despedida de 2.º bacharelato


Preme na imaxe para ampliar      

 Este martes, 24 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2014-2016. O propio alumnado organizou e amenizou o acto con varias actuacións musicais e o visionado das imaxes do seu paso polo centro e excursións realizadas. Contou coa intervención dos profesores titores Francisco Canoura e Telmo de Paz que ademais foron os encardados de entregar os boletíns académicos. 

Finalmente, salientamos a mención das dúas matrículas de honor ás alumnas Raquel Ibón e Clara Morado nas modalidades de bacharelato científico e de humanidades, respectivamente.

Esta promoción, unha das máis númerosas dos últimos anos, salientou pola súa evolución académica e trato xovial. Moita sorte, bachareis. Parabéns!!!

Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa

Este galardón oficial da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia recoñece o Plan Deportivo de Centro do IES de Mugardos que se basea, por unha banda, na extensa programación de actividades impulsadas poio Departamento de Educación Física; e por outra, na convocatoria anual dos nosos Premios Estudo e Deporte.

 

A gala de entrega celebrouse o 12 de maio, no Teatro Principal da cidade de Ourense. Ademais da dirección e profesorado, acudiron representantes do Concello de Ares: Eugenio Fernández, concelleiro de Cultura, e  Javier Sánchez, técnico municipal de deportes. Por parte da ANPA, Manuel Brage e do alumnado, Sara Vázquez.

 

 Recolleron a acreditación, a a profesora de Educación Física, Leticia Ogando, e a coordinadora dos nos Premios Estudo e Deporte, Covadonga Rodríguez-Moldes.

Entre outros galardoados salienta o Premio ao mellor deportista mastulino para Javier Gómez Noya, primeiro triatleta da historia en ser Pentacampión do Mundo.

                                                                                                                              FOTO: La Voz de Galicia (Ourense)

Ver listaxe completa de galardoados

 

LIGAZÓNS:

- Secretaría Xeral para o Deporte

- Portal educativo da Consellería de Educación

- Concello de Ares

- DIARIO DE FERROL (13 de maio)

- Galería La Voz de Galicia

       

Programa de radio "Escala na Escola" (14 de marzo, 2016)

Gravación experimental da sesión dedicada á radio dentro do programa "Escala na Escola".


9:00 minutes (10.94 MB)
Distribuir contido