FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
ESPECIAL DÍA DO LIBRO
Enviado por olga.mcabalar o Xov, 23/04/2020 - 13:14Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.
Correo do profesorado para a atención a pais e nais
Enviado por admin o Lun, 13/04/2020 - 14:34Para o cumprimento da atención ás familias e a realización de consultas co profesorado, facilitamos a busca dos correos electrónicos do cadro docente. Asemade, infomamos do novo teléfono móbil do IES de Mugardos.
CADRO DOCENTE
|
Circular de centro (15 de marzo, 2020)
Enviado por admin o Lun, 16/03/2020 - 01:15
CIRCULAR DO CENTRO Estimadas familias: Como ben sabemos todos e todas, a actividade lectiva presencial estará suspendida nas próximas semanas. Pola nosa banda continuaremos cos actos e procedementos académicos que os medios informáticos nolo permitan.
En primeiro lugar, a avaliación e entrega de notas. Os docentes cualificarán cos intrumentos de avaliación empregados ao longo do trimestre, ata o 13 de marzo. No caso de que ese último día faltase algunha proba ou tarefa, esa parte da nota ficará pendente ata o regreso ás aulas. Do mesmo xeito, adíase a avaliación de materias pendentes de cursos anteriores.
As cualificacións publicaranse exclusivamente por vía informática na aplicación AbalarMóbiles o mércores, 18 de marzo. En canto ás actividades lectivas procederemos resumidamente así: 1.º e 2.º ESO atopará os libros dixitais e materiais didácticos na plataforma EDIXGAL. Para o resto dos niveis educativos atoparedes nesta mesma páxina as ligazóns á Aula Virtual, Classroom e outros medios ou blog empregados por cada profesor/a. Non dubidedes en realizar calquera consulta no correo Saúde. |
|
Publicado o 15 de marzo, ás 20:30 horas |
DOCUMENTOS INFORMATIVOS (Curso 2019-2020)
Enviado por admin o Dom, 08/03/2020 - 21:55
Comunicación da folga estudantil prevista para o 6 de marzoEnviado por admin o Mar, 03/03/2020 - 22:16Comeza a segunda edición de PILABOTEnviado por admin o Lun, 13/01/2020 - 21:35
Entrega da recollida de alimentos a CáritasEnviado por admin o Lun, 23/12/2019 - 19:09Grazas á xenerosa colaboración da comunidade educativa, este ano realizamos dúas entregas de alimentos non perecedeiros a Cáritas Parroquial de Mugardos. Grazas. Estrea das curtametraxes de Vidas MariñeirasEnviado por Anónimo o Sáb, 21/12/2019 - 22:27
Este xoves estrearonse no teatro Jofre de Ferrol as cinco curtametraxes gravadas ao abeiro do proxecto Vidas Mariñeiras organizado pola entidade Galp Golfo Ártabro Norte. Entre os traballos audiovisuais figura "Genoveva é nome de barco" gravado polo alumnado de 4.º ESO B e o profesor Miguel Gil, coa dirección da profesional Cristina de la Torre. Os propios alumnos dos centros realizaron a presentación das súas curtametraxes. Os nosos representantes foron Adrián Vilar e Paola Alonso. A familia de Paola é precisamente a grande protagonista de "Genoveva é nome de barco".
Concurso de ViaxeEnviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 14:01 A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado. Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A). Recollida de tapónsEnviado por admin o Ven, 20/12/2019 - 00:20
A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. O alumando de 1.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Como en ocasións anteriores a recadación irá destinada á campaña de Alba, la promesa. Desde aquí enviámoslles un afectuoso saúdo a Alba e a súa familia... xunto con algúns quiliños de tapóns cos nosos mellores desexos. Campaña de Nadal para o Banco de Alimentos (Cáritas Mugardos)Enviado por admin o Ven, 13/12/2019 - 16:00
Un ano máis está en marcha a recollida de alimentos non perecedeiros con destino a Cáritas-Mugardos.
Folga do profesorado (12 de decembro)Enviado por admin o Mér, 11/12/2019 - 22:48Mañá, xoves 12 de decembro, está convocada unha folga do persoal docente no ensino público non universitario galego. O centro vai garantir a atención a todo o alumnado que acuda ao instituto a través dos servizos mínimos estipulados pola Consellería de Educación, aínda que o seguimento da folga pode afectar aos horarios das distintas sesións. A folga foi convocada por todos os sindicatos con representación na Mesa Sectorial (por orde de representación: CIG-Ensino, CCOO, ANPE, FETE-UXT, STEG, CSIF). Final e entrega dos premios do XXII Campionato de Polinomios (venres, 22 de novembro)Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 21:52Autorización programas REFORZA-T (1.º, 2.º ESO, FPB) e PREMAT (3.º e 4.º ESO)Enviado por admin o Mér, 30/10/2019 - 20:23Lección inaugural (ESO): Monitoras do Centro do CaldovalEnviado por admin o Mér, 18/09/2019 - 21:28As monitoras do Centro de Interpretación do Xacemento do Caldoval, Vero e Sara, impartiron este luns a lección inaugural para o alumnado da ESO. Transmitiron a importancia do coñecemento da cultura latina en contacto cos pobos castrexos para comprendermos as nosas orixes. Achegaron tamén as características especiais dos restos conservados en Mugardos centrados no mundo das termas e os deportes. Por último, formularon aos estudantes o misterio da estrutura cónica única en Mugardos e da que non se coñecen noticias da súa existencia noutras partes da romania. Queda no aire a pregunta: cal era a súa utilidade? Formula a túa hipótese.
VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTEEnviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 12:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beberEnviado por admin o Xov, 13/06/2019 - 17:43
Vive o momento...sen drogas polo medioEnviado por admin o Mar, 11/06/2019 - 10:59
A campaña xa foi presentada o pasado mes no Salón de Plenos do Concello (ver noticia) e agora as súas mensaxes van ser difundidas a travé de pousavasos e carteis que se distribuirán pola vila.
Promoción Bacharelato 2017-2019Enviado por admin o Ven, 24/05/2019 - 21:04A tarde do venres, 24 de maio, celebramos o acto de despedida da brillante promoción de bacharelato 2017-2019. Foi un acto emotivo, dirixido e organizado polo propio alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto con todas as familias. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas. "A volar, patitos" (Telmo dixit) MEDEA. Estrea da compañía Obradoiro de TeatroEnviado por admin o Xov, 23/05/2019 - 21:45A compañía dramática Obradoiro de Teatro de 2.º bacharelato estreou esta mañá a obra clásica Medea, de Eurípedes. A ovación do auditorio tras a representación do drama testemuña o excelente traballo actoral do elenco. Salientamos, asemade, a escenografía, vestiario e iluminación xunto coa dirección da profesora Olga Cabalar.
Suprime o control: encontro coas familiasEnviado por admin o Mar, 30/04/2019 - 12:30O IES de Mugardos vén participando ao longo deste curso no programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o Control". O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc. Dentro deste programa convídase ás familias a unha charla sobre a violencia de xénero e novas tecnoloxías, na que participará o propio persoal educador do programa e a unidade especializada da Garda Civil experta na impartición de actividades educativas sobre prevención da violencia contra as mulleres e novas tecnoloxías. A finalidade de dita charla é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática. Así mesmo, falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.
Exposición Eu son imprescindibleEnviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 17:53Ao longo destas semanas está connosco a exposición Eu son imprescindible, elaborada polo CEIP Unión Mugardesa. A través de fotografías achegadas polas familias do alumnado do colexio e citas de variadas figuras feministas, os paneis transmiten con forza que os coidados domésticos e "o agarimo non ten que ver con pertencer a un outro sexo. Os homes tamén son quen de amosar actitudes que tradionalmente sempre foron vencelladas á muller".
|