Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Educación Plástica

Visita de Julia Vilariño, sombrereira

Onte tivemos a sorte de recibir a visita de @julia_vilarino na biblioteca. Julia é unha muller emprendedora e artista sombrereira. Falounos de cousas como de que se sinte orgullosa de ter retomado un oficio que antes era só de homes, de que é un traballo moi sostible onde todo se aproveita, de que agora utilizanse materiais non tóxicos porque antes non era así e de aí a cousa de “ sombrereiro tolo”, do seu proceso de traballo tanto creativo como artesanal, do seu periplo vital que a levou a onde está hoxe… A visita rematou cunha chea de preguntas que o alumnado tiña preparado en base a unha lista de cotexo que ían cubrindo mentres escoitaban, pero podo dicir gratamente, que esta visita de Julia Vilariño desatou tanto interese que preguntaron fora do guión ata que rematou o tempo.

Visita ao CIEC de Betanzos

Alumnado do Club de Lectura e mais de Debuxo Artístico I visitan o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos.

Campaña de concienciación

   

Aula de Plástica

  

Blog de plástica

Blog onde se publican os retos neste confinamento

https://plasticaconmarta.blogspot.com/

Blog de plástica

Blog onde se publican os retos neste período de confinamento.

 

 

https://plasticaconmarta.blogspot.com/

Boas Festas, 2018

Miniprogramacións: EPVA

1.º ESO

3.º ESO

1.º BAC: Debuxo Técnico I

               Debuxo Artístico I

2.º BAC: Debuxo Técnico II

Visita guiada á exposición Quessada e o seu tempo

O alumnado de Historia da Arte (2.º Bac) visitou esta semana a exposición antolóxica do pintor Xaime Quessada (1937-2007), aberta no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol.

Obradoiro de fotografía social

O alumnado de 3º ESO asistiu esta mañá ao obradoiro de fotografía social impartido por Federico Carnoto. Abordáronse asuntos relacionados co fotoxornalismo e a fotografía documental. Por exemplo, o respecto polas persoas fotografadas e o visionado de traballos deste autor en Nicaragual e e na ruta dos refuxiados sirios. Ao longo da actividade quedou claro que a fotografía e a imaxe pode ser unha potente ferramenta do cambio social.

O obradoiro está patrocinado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través da acción do Concello de Mugardos.

Felipe Carnotto: web

Inauguración da exposición "Noméame e dáme un sentido"

Ás sete da tarde do 7 de maio, inauguramos na sala OMIX do Concello de Mugardos a exposición de fotografía abstracta ·Noméame e dáme un sentido". Máis de corenta imaxes realizadas polo alumnado de 4.º ESO coordinado polo profesora en prácticas Belén Naveira e Marta González. 

Ao acto acudiu numero público e autoridades. Ata o vindeiro 30 de maio permanecerá aberta ao público en horario de mañá. Os visitantes poderán contribuír pondo un título a cada serie de imaxes.

Parabéns aos artistas!!!

Galería de imaxes

Mazás galegas

Algunhas variedades

 - Pero Mingán

 - Príncipe

 - Roxelia

 - De cera

 - Tabardilla

 - Reineta

 - Morena

Equipo de Dinamización Lingüística

Distribuir contido