Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Visitas a Gadisa e o CTA de Correos en Santiago

O alumnado dos ciclos de Xestión Administrativa e Servizos Administrativos visitou o mércores, 10 de abril, a central de Gadisa en Betanzos e o Centro de Tratamento Automatizado de Correos en Santiago de Compostela.

Probas diagnóstico 2º ESO

O alumnado de 2º ESO realizará os vindeiros 10 e 11 de abril as probas diagnóstico en lingua galega, castelá, inglés e matemáticas. Pode ampliar a información no documento que se achega.

FINALISTAS DO I PREMIO BANDA DESEÑADA "TINTA DE LURA"

XA TEMOS AS OBRAS FINALISTAS PARA O I PREMIO DE BANDA DESEÑADA "TINTA DE LURA"

Prazas dispoñíbeis para o novo curso de capacitación dixital. Inicio 10/04

Comeza un novo curso de capacitación dixital o vindeiro mércores 10 de abril até o 12 de xuño das 16h ás 19h.

Para calquera persoa que non estea a cursar estudos regrados no ensino.

É totalmente gratuíto e certificarase a asistencia.

Prazas dispoñíbeis para o novo curso de capacitación dixital. Inicio 10/04

Alumnado admitido curso 2024-2025

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión neste centro en prazo ordinario está admitido para o vindeiro curso 2024/25.

 

Cursos en Aberto na Aula Mentor- convocatoria Marzo 2024

 

Se estás interesado, escríbenos: cangas@aulamentor.es

Prazas limitadas 

+Información: https://www.aulamentor.es/nueva-convocatoria-cursos-gratuitos-mentor-2024/

Bolsas de estudos 2024/2025

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 15/03/2024, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (bacharelato, FP básica, ciclos formativos e estudos universitarios).

Convocatoria para Mobilidade Erasmus+ á Bretaña para alumnado de 2º de ESO.

Abreuse o prazo para as candidaturas a participar na mobilidade a Bretaña para alumnado de 2º de ESO no marco do proxecto Erasmus+ "Encrucillada de camiños. Galicia-Breizh".

Máis información no documento anexo.

Non esquezades entregar a vosa instancia!

Participa na creación do logo do insti!

O IES de Rodeira abriu o prazo para presentar propostas de logotipos para o IES de Rodeira. O prazo de presentación finalizará o 30 de abril do 2024 ás 14h.

Lembramos que, segundo se establece nas bases, deberanse presentar dous sobres pechados, un cun un pen-drive coa proposta de logo, e outro cos datos persoais.

Distribuir contido