Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Axudas para a adquisición de material escolar

Dende mañá 2 de setembro de 2015 e ata o 1 de outubro estará aberto o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria.

A axuda terá un importe de 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos previstos na orde e cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.

Na páxina da Sede electrónica está dispoñible o impreso para realizar a solicitude así como toda a documentación requerida. Tamén se pode recoller no propio instituto.

DOG nº 166 do 1 de setembro de 2015

Aberta unha Segunda Convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar,  podes consultar as condicións na sede electrónica da xunta. O prazo de presentación remata  o  18 de Novembro de 2015