Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Reclamación ás cualificacións finais Bacharelato

O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais de bacharelato vén establecido pola  Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

 

 Calendario reclamacións cualificacións 2º Bacharelato e/ou pendentes de 1º Bacharelato

 

Entrega do boletín de cualificacións na convocatoria ordinaria: 16 de maio ás 9h00

 

Reclamacións no centro

Convocatoria ordinaria: os días 20 e 21 de maio de 2024 .
Convocatoria extraordinaria: os días 17 e 18 de xuño de 2024.

 

Reclamacións ante a Xefatura Territorial

Convocatoria ordinaria: os días 23 e 24 de maio de 2024.
Convocatoria extraordinaria: os días 20 e 21 de xuño de 2024.

 

 

O procedemento para a revisión e reclamación vén recollido nos art. 38 a 43 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (DOG 13-06-23).

 

 

MODELOS DE RECLAMACIÓN

 

Reclamación ante o centro

 

Reclamación ante Xefatura Territorial