Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

2º Bacharelato: notas e ABAU

O alumnado de 2º Bacharelato deberá acudir á entrega de notas o xoves 16 ás 9h e, a continuación, pasar pola secretaría para:

  • indicar se van a facer a ABAU ou non
  • recoller os impresos para pagar as taxas do Título de bacharelato e/ou a ABAU no banco/caixa (Banco Santander/ABANCA)
  • recoller os Impresos de Pre-matrícula da ABAU.

Se algún alumno tiver dúbidas sobre as materias nas que matricularse para realizar a ABAU pode consultar nese día ou o luns 20 en orientación ou xefatura de estudos.

 

PREZOS TÍTULO BACHARELATO E ABAU

OLLO!!!! Non pagar antes do xoves, 16 de maio

 

 

O alumnado, para ter dereito ós prezos de familia numerosa, ten que presentar o Libro de Familia numerosa  actualizado (non é o libro de familia).

Matrícula gratuita ABAU: Persoas con discapacidade (>= 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero e persoas beneficiarias da prestación do ingreso mínimo vital.

Os fillos de pais/nais que sexan funcionarios das 3 Universidades de Galicia terán matrícula gratuita. Deberán acreditar a súa vinculación mediante certificación dos respectivos Servizos de Persoal e fotocopia do libro de familia.

Traede 2 fotocopias do DNI.

Último día de presentación do pago das taxas para a ABAU: LUNS, 20 de maio