Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións

Este ciclo capacitará ao alumnado para montar e manter instalacións audiovisuais, radiocomunicacións e antenas, domóticas, de seguridade electrónica, eléctricas, telemáticas, Informáticas e Telefónicas... , que permitirán saídas profesionais como Instalador/a de Telecomunicacións en edificios de vivendas, Instalador/a de antenas, Instalador/a de sistemas de seguridade, Técnico/a en redes locais e telemática, Técnico/a en instalacións de megafonía e son, Instalador/a e Mantedor/a de sistemas domóticos e automáticos, Técnico/a instalador/a mantedor/a de equipamentos informáticos e telefónicos, Técnico/a en montaxe e mantemento de sisteamas de radiodifusión.

A oferta modular que compón este ciclo é a seguinte:

  • Electrónica Aplicada, analóxica e dixital (10)
  • Equipamento Microinformático (5)
  • Instalacións eléctricas básicas, en vivendas e locais (7)
  • Instalacións de megafonía e sonorización (6)
  • Instalacións de radiocomunicacións (4)
  • Formación e Orientación Laboral (4)
  • Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións en Vivendas e Edificios -antenas,cableado,fibra óptica- (7)
  • Instalacións Domóticas -automatización- (7)
  • Redes de Datos e Sistemas de Telefonía (10)
  • Circuitos pechados de televisión e Seguridade electrónica -cámaras de vixiancia,alarmas,videoporteiros- (9)
  • Empresa e Iniciativa Emprendedora
  • Formación en Centro de Traballo (Práctica de 3 meses en empresas, 400horas)