Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Actividades

Viaxe a Brest

27/05/2024 08:30
03/06/2024 20:00
Europe/Madrid

Alumnado de 2º da ESO viaxa a BREST onde convivirán durante unha semana con alumnado francés, para coñecer a súa cultura , mellorar o idioma e ampliar as súas habilidades socioculturais.

ExpOtaku

24/05/2024 09:20
24/05/2024 20:00
Europe/Madrid

O alumnado do Clube de Manga do IES participa no Salón do Manga, Anime, Videoxogos e Cultura Xaponesa na Coruña.

 

 

Aula Newton

24/05/2024 08:30
24/05/2024 18:00
Europe/Madrid

O alumnado de 4 da ESO visita a Aula Newton e a cidade de Ourense.

Visita á Casa de Rosalía

21/05/2024 08:30
21/05/2024 14:10
Europe/Madrid

O alumnado de 1º da ESO viaxa a Padrón para visitar a casa de Rosalía de Castro. 

Celebración Gala fin de etapa

21/05/2024 19:00
Europe/Madrid

Celebración da Gala fin de etapa de 2º BACH e de ciclos medios e superiores no Auditorio Municipal de Cangas. 

 

 

 

 

 

Taller "O Bosque Atlántico"

09/05/2024 08:30
10/05/2024 14:10
Europe/Madrid

O alumnado de 1º da ESO participa no "Taller o Bosque Atlántico" organizado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. 

Horarios: 

Xoves 9 de maio

1ºESO C- 10:30-12:10h

1ºESO A- 12:30- 14:10h

Venres 10 de maio 

1ºESO D- 8:30- 10:10h

1ºESO B- 10:30- 12:10h

 

 

 

Correlingua

07/05/2024 09:20
07/05/2024 13:20
Europe/Madrid

O alumnado de 1º da ESO participa no Correlingua en Bueu. 

Visita a Quenlla Cómics

03/05/2024 10:30
03/05/2024 12:30
Europe/Madrid

O alumnado de 3º da ESO de Proxecto Competencial visita Quenlla Cómics.

Excursión a Porto

03/05/2024 08:30
03/05/2024 20:00
Europe/Madrid

O alumnado realizará unha visita guiada a Porto e á Livraria Lello. Considerada como unha das máis bonitas do mundo, foi construída polo enxeñeiro Francisco Xavier Esteves no 1906.

 

Resultado do sorteo da saída "Camiño de Santiago"

Celebrouse a día de hoxe, 24 de abril de 2024, o sorteo para outorgar o premio entre o alumnado participante na saída do "Camiño de Santiago", resultando o boleto número 0414.

Parabéns á persoa agraciada! Xa pode pasar por dirección para recoller o premio.

Distribuir contido