Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos

Este ciclo capacitará ao alumnado para desenvolver proxectos, xestión, supervisión, montaxe e mantemento das infraestructuras comúns de telecomunicacións (ICT) e de sistemas e equipamantos de telecomunicacións, como redes de banda larga, radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos de producción audiovisual e de transmisión, sistemas domóticos e de fogar dixital...etc., que permitirán a saída profesional en empresas públicas e privadas do sector de servizos dedicadas ás telecomunicacións, integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, desenvolvemento de proxectos, supervisión de montaxe e/ou mantemento de instalacións e infraestructuras, deseño, montaxe e mantemento de sistemas domóticos e fogar dixital... etc.

Este título permite ademáis o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao, nas condicións de admisión que se establezan. Para facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS, distribuídos entre os distintos módulos profesionais do ciclo que se poden realizar de xeito individual por todas as persoas adultas que o desexen

A oferta modular que compón este ciclo é a seguinte:

  • Configuración de Infraestructuras e Sistemas de Telecomunicacións
  • Elementos de Sistemas de Telecomunicacións
  • Sistemas informáticos e Redes Locais
  • Técnicas e Procesos en Infraestructuras de Telecomunicacións
  • Sistemas de Producción Audiovisual
  • Redes Telemáticas
  • Sistemas de Radiocomunicacións
  • Sistemas Integrados e Fogar Dixital
  • Proxecto de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
  • Formación e Orientación Laboral
  • Empresa e Iniciativa Emprendedora
  • Xestión de Proxectos e Instalacións de Telecomunicacións
  • Sistemas de Telefonía Fixa e Móbil
  • Formación en Centro de Traballo (Práctica de 3 meses en empresas)