Skip to Content

Conferencia sobre a tradución e interpretación de linguas

 O día 8 de outubro celebramos o Día europeo das linguas (26 de setembro) e o Día de Interpertación (13 de outubro) cunha conferencia que tiña como título O galego con normalidade en Europa realizada pola tradutora e íntérprete Lara Santos.

 A conferenciante estudou Tradución e interpretación na Universidade de Vigo especializándose en inglés-galego. 

Acude frecuentemente ao Senado para a interpretación do Galego.

Falou ao alumnado das diferenzas entre tradución e interpretación, e os pormenores da súa profesión como as dificultades que se atopan na interpretación (rapidez, pouca claridade dos relatores, preparación da materia obxecto da conferencia, ámbitos onde é necesaria tradución (dende a literatura a pequenos prospectos de electrodomésticos, produtos farmaceúticos) e as saídas laborais que ten esta carreira.

Máis información sobre Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación

 

 

 



page | by Dr. Radut