Skip to Content

Imprimindo en 3D

No espazo Maker queremos que o protagonismo creativo sexa dos estudantes, que eles deseñen, constrúan e dean forma ás súas ideas. Seguindo este espírito, dous alumnos de 4º da ESO A, Iago e Martín, compartiron os seus coñecementos sobre deseño e impresión en 3D con compañeiras de 1º da ESO. A experiencia foi enriquecedora polas dúas bandas, os profesores fixeron un traballo excepcional explicando e resolvendo as dúbidas que xurdían, e o alumnado gozou coa actividade á vez que aprendía os principios básicos do deseño en 3D e o funcionamento da impresora. Claro que todo isto non estaría completo se non levaran á práctica o aprendido, así que dito e feito, puxéronse mans á obra e deseñaron uns chaveiros co nome de cada un e os imprimiron. Poden estar orgullosos dun traballo ben feito, parabéns.



page | by Dr. Radut