Skip to Content

CONVERXENCIAS ARTE-CIENCIA

"Marcha" matemática con Juan Gris

Botella y libro     Agora que só quedan uns poucos días para o regreso do Día da Ciencia na Rúa, no que participará -entusiasta- o noso centro, o alumnado de matemáticas de 1º Bacharelato quenceu motores acudindo a unha nova exposición de converxencias entre as ciencias e as artes, nesta ocasión tomando coma referente pictórico a un dos maestros do cubismo analítico de principios do século XX, o pintor Juan Gris. A actividade "Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) permite ao alumnado estudar a relación da pintura coa matemática -máis no caso deste interesante movemento artístico de avangarda que establecía unha nova obxectividade na creación artísitica.
    O alumnado desfrutou da exposición interactiva traballando a obra deste pintor desde múltiples perspectivas científicas. Así, puido presenciar unha presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris, unha exposición de reproducións da súa obra, a consulta de paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise. Tamén puideron os alumnos e as alumnas contemplar versións de obras de arte dixital de Manuel Díaz impresas en 3D, así como a exposición de poliedros premiados no concurso Novos Poliedros do 2021 realizados por alumnado de varios centros educativos galegos.
    Ademais, o noso alumnado participou nunha serie de obradoiros destinados a afondar na parte expositiva da actividade, traballando cuestións tan fascinantes coma a simetría 2D e 3D, as ilusións ópticas, as espirais de Fibonacci ou a topoloxía. En fin, un festival de gozo matemático (e artístico, claro).
    Velaquí algunhas fotiños do evento, para deleite de propios e extraños.

010203
040510


page | by Dr. Radut