Skip to Content

EXPERIENCIA "JOB SHADOWING" NO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

ITALIA no IES Plurilingüe Elviña
(Job-Shadowing
de cuatro docentes italianas)

    Dentro do proceso de internacionalización no que o IES Plurilingüe Elviña leva traballando tres cursos, a pasada semana estableceuse un convenio de colaboración co *Instituto de Formación Europeo IFE María Pita para a realización dun programa de Job Shadowing financiado pola UE dentro dun programa “Erasmus+ Acción Clave 1: Movilidad de las personas por motivo de aprendizaje".

     As experiencias Job Shadowing consisten na recepción de docentes doutros países da Unión durante un determinado período de tempo coa finalidade de coñecer e compartir a experienza educativa ou a perspectiva didáctica dos distintos países.

J-S-2

    Nesta ocasión, recibimos a visita de catro colegas procedentes de distintos centros de ensino italianos, todos eles da fermosa e venerable vila de Florencia (Firenze): l'Istituto di Istruzione Superiore “Giuseppe Peano”, l'IISS Calamandrei di Sesto Fiorentino e il Liceo "Agnoletti" di Sesto Fiorentino.

     Durante catro xornadas lectivas, tivemos, pois, a visita de catro docentes italianas que nos fixeron compaña nas distintas aulas da clase, informándose do noso xeito de traballar e compartindo connosco as súas impresións sobre as metodoloxías didácticas de Italia e España.

     As catro compartiron o espazo educativo do noso centro durante os días 5, 6 e 10 de outubro, entrando nas aulas cos rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato, asistindo a clases de diferentes áreas e participando activamente nalgunha delas (houbo alumnos que aproveitaron para facerlles unha entrevista en inglés ou para pedirlles algunha receita de pratos típicos da gastronomía itálica para o xornal escolar, famentos por aprender a receita auténtica da carbonara ou dos spaghetti cacio e pepe).

     Finalmente, o pasado martes 11 de outubro de 2022 abandoaron o noso centro Annarita Casalino (Lingua Española), Monica Miglio (Lingua inglesa e Turismo), Serena Mazzotta (Filosofía e Historia) e Mara Mengoni (Lingua inglesa). Leváronse -iso esperamos- ademais da impresión académica esixida polo seu labor educativo, a hospitalidade e o afecto dos docentes e do alumnado do noso centro.

Ciao, amiche!

*      *     *

* El Instituto de Formación Europeo María Pita ha actuado como organización intermediaria entre las escuelas participantes y forma parte del proyecto citado previamente, reconocido y aprobado por la respectiva Agencia Nacional del programa Erasmus+.

Agradecemos a Almudena Fernández Martínez, su directora, que haya contado con nosotros, una vez más, para esta experiencia de colaboración internacional. El objeto de este convenio de colaboración ha sido la adquisición por parte de las docentes italianas de aquellas competencias profesionales necesarias para el continuo desarrollo de su profesión, a través de la observación y el intercambio de información con nuestro profesorado del mismo ámbito y sector educativo.



page | by Dr. Radut