Skip to Content

MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

DATAS DE MATRICULACIÓN

(CURSO 2023-2024)

Debido ao elevado número de alumnos que haberá no centro o vindeiro curso, co fin de facilitar a xestión do procedemento de matrícula, habilitaranse na secretaría do centro días de matriculación específicos para cada nivel. Son os que se reflicten neste cadro.

DATASNIVEL
23, 26 e 27 de xuño1º ESO e 2º BACHARELATO
28, 29 e 30 de xuño2º ESO e 1º BACHARELATO
3, 4 e 5 de xullo3º e 4º ESO
6 e 7 de xulloTODOS OS NIVEIS

 

ALUMNADO QUE XA ESTÁ MATRICULADO NO CENTRO: A documentación de matrícula será entregada ao alumnado xunto coas cualificacións finais.

ALUMNADO QUE SE MATRICULA NO CENTRO POR PRIMEIRA VEZ: O alumnado novo no centro (1º ESO) poderá recoller a carpetiña de matrícula na secretaría do centro a partir do día 22 de xuño. 

 



page | by Dr. Radut