Skip to Content

PROBAS ABAU 2024

Calendario de 2º BACH ata as probas ABAU 2024

O alumnado de 2º de Bacharelato será avaliado o día 15 de maio e recibirá os boletíns da avaliación final o día 16 de maio. O alumnado que titule, de acordo coa lexislación vixente, terá aberto o prazo de prematrícula na secretaría do centro para as probas de selectividade (ABAU) entre o 16 e o 20 de maio. O procedemento será como o dos anteriores anos. Como sempre, toda a información sobre as probas está a disposición do alumnado e das familias no portal da CiUG (Comisión Interuniveristaria de Galicia). Un breve resumo das datas máis importantes ao respecto ofrécese nos seguintes cadros:

ABAU PROBA ORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
16 a 20 de maioPrematrícula para as
probas ABAU 2024
Na secretaría do instituto e
a través de NERTA
Alumnado aspirante
21 e 23 de maioMatrícula para as
probas ABAU 2024
Nos LERDServizos administrativos
do instituto
4 a 6 de xuñoRealización das
probas ABAU 2024

EU DE ENXEÑERÍA
DE CAMIÑOS (Campus Elviña)

Alumnado aspirante
13 de xuñoCualificacións
provisionais ABAU

NERTA

--
14-18 de xuñoSolicitude de
revisións

NERTA

Alumnado
20 de xuñoCualificacións
definitivas ABAU

NERTA

-- 

*      *      *

ABAU PROBA EXTRAORDINARIA
DATAPROCEDEMENTOLUGARRESPONSABLE
13-17 de xuñoPrematrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Na secretaría do institutoAlumnado aspirante
18-20 de xuñoMatrícula para as probas
extraordinarias ABAU 2020
Nos LERDServizos admnistrativos
do instituto
2 a 4 de xulloRealización das probas
extraordinarias ABAU 2020
Por determinar

Alumnado aspirante

*      *      *

DOCUMENTACIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE PRESENTA Á PROBA

A. Resumo convocatoria: información básica sobre a convocatoria. Especialmente importante a información sobre material que o alumnado pode levar á proba (dicionarios, calculadoras...)

B. Procedemento de matrícula ABAU:

Instrucións de matrícula
Impreso de matrícula ABAU
Impreso de taxas de matrícula ABAU (pode xenerarse en NERTA)
Instrucións para o pago das taxas da ABAU con tarxeta de crédito a través de NERTA

C. Instrucións para o uso de NERTA

*      *      *

PAGO DAS TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

Todo o alumnado que titule en 2º Bacharelato deberá solicitar na secretaría do centro o Título de bacharel e proceder ao pagamento das taxas correspondentes a través dunha entidade bancaria asociada. A información de como facelo podedes atopala nos enlaces:

A. Instrucións para o pagamento das taxas do título de BACHAREL
B. Impreso baleiro de pagamento de taxas (premer en "Iniciar Tasa" e "Descargar modelo". O impreso tamén pode atoparse nas oficinas de ABANCA)
C. Información necesaria para cubrir os datos do impreso

*      *      *

MODIFICACIÓNS AO FORMATO DOS EXAMES DAS PROBAS ABAU

As modificacións establecidas para o curso 2020 manteranse nesta convocatoria. Estas modificacións descrébense na Resolución do 28 de abril de 2020 [DOG 6 de maio de 2020].

Parámetros de ponderación para o curso actual

 

 



page | by Dr. Radut