Primeiro día de Curso 23/24
* * *
Este luns día 11 de setembro comezan as clases en educación secundaria. O IES Plurilingüe Elviña recibirá ao alumnado desde as 08:30 na primeira xornada lectiva co horario completo.
PROCEDEMENTO DE ENTRADA
E RECEPCIÓN DO ALUMNADO
O procedemento de recepción do alumnado realizarase en dúas tandas, a partir das 08:30 horas da mañá do seguinte xeito:
a) ás 08:30 entrará ao centro pola porta principal todo o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e dos dous cursos de Bacharelato dirixíndose ás súas aulas respectivas onde, entre 08:40 e 09:30 terán a sesión inicial cos docentes que exerzan a titoría de cada nivel. O titor informará ao alumnado do calendario escolar, dos procedementos de traballo no centro e do seu horario de curso. A partir da 2ª hora, este alumnado terá clase normal.
b) ás 08:45, despois da entrada de todos os demais grupos, entrará o alumnado de 1º ESO e se dirixirá ao salón de actos para unha recepción inicia. Posteriormente, os titores levarán a estes grupos ás súas aulas e farán unha sesión de presentación de dúas horas aproximadamente. Unha vez rematada a sesión inicial, o alumnado terá clase normal ata última hora (14:10 horas).
TRANSPORTE ESCOLAR
Nesta primeira xornada escolar haberá transporte escolar. Ao longo da mañá do día 8 de setembro publicaremos neste mesmo espazo web os cadros de liñas e horario que nos trasladen.
Debe terse en conta que os primeiros días soe haber desaxustes co transporte polo que é fundamental lembrar que:
a) só o alumnado que solicitou parada no momento de formalizar a matrícula ten dereito a transporte
b) o alumnado debe utilizar única e exlcusivamente a parada solicitada nos impresos de matrícula
c) o alumnado debe estar na súa parada con antelación