Skip to Content

SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZAS

Informamos que todas as solicitudes de reserva de praza realizadas para 1º de ESO foron admitidas para o ano académico 2024/2025.

Poden consultar a listaxe no taboleiro de anuncios interior do noso centro ou a través da aplicación admisión alumnado.

CHARLA INFORMATIVA: SEGURIDADE E RISCOS EN INTERNET

O próximo martes 27 de febreiro, os dous centros de secundaria da localidade de Vilanova organizan unha charla conxunta enmarcada dentro do Plan director. Un especialista da Garda Civil achegaranos información sobre temas tan sensibles como a ciberseguridade, a adicción ás redes sociais, o ciberacoso, a privacidade en Internet, a protección de datos, o sexting, o grooming… ameazas na rede das que non sempre, tanto mozos como adultos, somos conscientes.

A charla terá lugar na biblioteca do IES A Basella ás 18:30.

Animamos a todas as familias do IES Faro das Lúas que o desexen a achegarse e participar da convocatoria que nos permitirá resolver moitísimas dúbidas.

 

 

 

PARTICIPACIÓN NO ENTROIDO 24

Grazas a todo o alumnado que participou no Entroido do Faro! Todos e todas realizastes un grandísimo traballo e agardamos que o pasarades moi ben. 

Deixamos aquí as ligazóns aos álbums de fotos e de vídeos da xornada. 

Álbum de fotos

Álbum de vídeos

PREMIOS DE ENTROIDO 2024

Lembramos os premios aos mellores disfraces e á mellores coplas:

 

Disfraces                                                              

1º premio: Poppy Park                                             

2º Premio: Sesión de cine con flocos de millo              

3º Premio: Diploma                                                  

 

Coplas

1º premio: Merendola na cafetería

2º Premio: Sesión de cine con flocos de millo               

3º Premio: Diploma       

                                    

ENTROIDO 2024

E non esquezades que haberá interesantes premios para as clases gañadoras!

Distribuir contido


by Dr. Radut