Skip to Content

NOUS CÉLÉBRONS LE CHANDELEUR

A rapazada de 3º celebrou o día da Candelaria (La Chandeleur en francés) cunha tradición moi típica do país veciño: cociñando unhas crêpes que seguro que estaban boísimas, coa axuda de Begoña, a profesora de Francés.

(Preme aquí para ver as fotos da actividade)

 

CAMPAMENTO DE VERÁN

Xa se poden solicitar os campamentos de verán organizados pola Concellería de Xuventude do Concello de Vilanova.

CONCURSO DE SAN VALENTÍN 'AMA COA LINGUA'

Anímate a participar!

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIO E SUPERIOR

A Consellería vén de publicar a convocatoria de acceso a ciclos de FP. Deixámosvos aquí as ligazóns para acceder a toda a información:

Convocatoria 2024

Información das probas

Os interesad@s en inscribirse poden solicitar máis información á orientadora do centro.

 

RUTA QUETZAL 2024

Ábrese o prazo de inscrición para participar no programa didáctico-aventureiro Ruta Quetzal, que terá lugar en xullo. Está dirixido ao alumnado nacido en 2008.

Este ano, a expedición conta co patrocinio da Xunta de Galicia e denomínase EXPEDICIÓN 2024, DEL CAMINO DE LA PLATA A LA RIBEIRA SACRA . Os 200 participantes seleccionados partirán dun campamento en Vilanova de Arousa e seguirán a ruta que podedes consultar nesta ligazón.

Para inscribirvos, tedes que cubrir o formulario que podedes atopar premendo nesta ligazón: formulario de inscrición

Necesitaredes unha fotocopia do DNI (pdf), o certificado de estudos coa nota media de 3ºESO (pdf) e unha foto tamaño carnet (png ou jpg).

O prazo de inscrición finaliza o 1 de marzo ás 12 do mediodía.

Cada participante deberá aportar unha cuota de 250€.

Hai 10 prazas reservadas para rapaces e rapazas das catro localidades que conforman a corporación Mar de Santiago (Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures), que serán escollidos polas súas cualificacións académicas.

Tedes toda a información na páxina web de Ruta Quetzal:

www.rutaquetzal.com

 

Distribuir contido


by Dr. Radut