Skip to Content

XA SOMOS E-DIXGAL

O noso centro foi seleccionado para participar no proxecto Educación Dixital E-Dixgal. No próximo curso 2022/23 participará o alumnado de 1º e 3º de ESO e no curso 2023/24 rematará a implementación coa incorporación de 2º e 4º.

A participación neste proxecto posibilita un maior aproveitamento dos recursos dixitais dispoñibles e a súa adecuación ás necesidades cambiantes, tanto a nivel de hardware como de software, que a sociedade da información esixe no seu continuo avance.

Seguimos avanzando na mellora da competencia dixital do noso alumnado.



page | by Dr. Radut