Iniciar sesión: Acceso

III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA

Os días 1, 2 e 3 de xuño terá lugar entre Rianxo e Melide o III Seminario da Memoria, coordinado polo noso compañeiro Carlos Cimadevila e adicado á guerrilla e aos campos de concentración. Esta iniciativa é produto da colaboración dos IES de Rianxo e Melide e conta co apoio do Concello de Rianxo, Barbantia e Nova Escola Galega.

Para descargar o programa, pinchade aquí. E aquí tedes a folla de inscrición.

ACTIVIDADES FINAL DE TRIMESTRE

O día 21, derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, desenvolveranse as seguintes actividades en horario adaptado:


       - Chegada do autobuses ás 11:30h. Pasarán media hora antes polas paradas habituais.


       - Entrega de cualificacións e espectáculo de maxia a cargo do mago Alán Golias. Esta actividade está sufragada pola ANPA.


       - Saída dos autobuses ás 14:00h. O período de vacacións de Nadal comprende ata o día 8 de xaneiro inclusive.

DATAS DA 1ª AVALIACIÓN.

OS DÍAS 19 E 20 DE DECEMBRO CELEBRARANSE AS SESIÓNS DE AVALIACIÓN. O DÍA 21, ENTREGARANSE OS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS AO ALUMNADO.

MATRÍCULA CURSO 2011/12-ESO E BACHARELATO

ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO

  • O alumnado que teña superadas todas as materias na convocatoria ordinaria de xuño, deberá recoller e facer entrega do sobre de matrícula nas oficinas do centro, debidamente cumprimentado e acompañado da documentación que dentro del se solicita, no prazo do 27 de xuño ao 10 de xullo.
  • O alumnado que se examine da convocatoria extr

ACTIVIDADES FIN DE CURSO (23 xuño 2011)

O xoves 23 de xuño celebramos unha serie de actividades para despedir o curso 2010-2011:
- Finais das Liguiñas deportivas de baloncesto e voleibol.
- Representación da obra "Criaturas" a cargo do grupo de teatro do noso IES. Fotos
- Entrega das orlas aos alumnos de 2º de Bacharelato. Fotos  

AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2011-12

LIBROS DE TEXTO CURSO 2011-12

CHARLA CON CARLOS NEGRO SOBRE "MAKINARIA"

O día 10 de maio estivo no noso IES Carlos Negro o autor do libro Makinaria, nunha actividade organizada polo EDNL para os rapaces de 4º da ESO. Demostrounos o que pode cambiar un libro dependendo de como se conte, e quen o conte: leunos o libro colocando uns cochiños de xoguete que simbolizaban os mortos entre 18 e 30 anos nas estradas de Galicia durante un ano. O libro fala sobre as festas que os mozos montan os sábados, e a irresponsabilidade que teñen ó conducir baixo os efectos do alcohol. FOTOS

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS A CARGO DO CORPO DE BOMBEIROS

O alumnado de PCPI recibiu un cursiño teórico-práctico sobre primeiros auxilios e actuación en situacións de urxencia a cargo do corpo de bombeiros de Rianxo. Esta actividade tivo lugar durante a 5ª e 6ª horas dos días 28 de marzo e 4 e 11 de abril.

O SÁHARA OCCIDENTAL NO NOSO IES

       

O 15 de abril organizáronse toda unha serie de actividades no noso centro destinadas a achegarnos á situacion política e á cultura do Sáhara occidental. Nelas contamos coa colaboración de persoas comprometidas coa problemática saharaui e de persoas saharauis residentes en Galicia.

Estas actividades tiveron reflexo na edición do Barbanza da Voz de Galicia, que deu cobertura á xornada. Picar na imaxe para ir á noticia:

Esta xornada foi a culminación de toda unha serie de actividades que se viñeron realizando durante todo o trimestre:

  • Establecemento dunha jaima nun dos corredores do edificio central do IES. FOTOS.
  • Degustación de comida tradicional saharaui, organizada polo Ciclo Formativo de Atención Sociosanitaria. FOTOS.
  • Posto de venda a prol dos refuxiados saharauis e proxección de música tradicional e vídeos sobre a situación do Sáhara Occidental. FOTOS.
  • Exposición de carteis explicativos sobre a cultura, historia, xeografía, etc do Sáhara Occidental e sobre o conflito. No edificio anexo, expúxose un conto tradicional do Sáhara. FOTOS
  • Exposición de lecturas recomendadas sobre o tema, nos puntos de lectura da biblioteca.
  • Elaboración de mapas do territorio saharaui. FOTOS
Distribuir contido