Skip to Content

Visita Erasmus+ ao IES Félix Muriel

A semana pasada, dúas profesoras de matemáticas e un inspector de educación de Rijeka (Croacia) visitaron, dentro do marco do programa Erasmus+, o IES FÉLIX MURIEL.

O obxectivo da visita era coñecer o sistema educativo de Galicia, e, en particular o ensino das matemáticas e a formación continua do profesorado desta materia na nosa comunidade. Ademáis da visita ao IES FÉLIX MURIEL, coñeceron a Facultade de Matemáticas da man da vicedecana Rosana Rodríguez, realizaron un percorrido polo Centro Autonómico de Formación e Innovación onde lles explicaron o Plan de formación do profesorado galego, e acercáronse á realidade de diferentes centros da contorna, entre eles o IES ROSALÍA DE CASTRO. A visita foi moi satisfactoria e crearonse sinerxias para futuras colaboracións entre as entidades educativas participantes.



story | by Dr. Radut