Skip to Content

Semana da Diversidade

Como cada ano o Félix Muriel celebra a Semana da Diversidade do 18 ao 22 de marzo. Coa idea de Promover a inclusión e o respecto a nosa comunidade educativa proponse abordar e celebrar a diversidade nas súas distintas formas.

Para iso, terán lugar unha chea de actividades educativas e de sensibilización dirixidas a toda a comunidade educativa e postas en marcha por diferentes entidades do ámbito social. Entre as actividades programadas inclúense charlas e paneis de discusión sobre a importancia da inclusión de persoas con diversidade funcional, sensorial e mental en todos os aspectos da vida cotiá. Ademais, organizaranse talleres prácticos que brindarán aos participantes a oportunidade de experimentar e compartir en primeira persoa os desafíos dunha vida con diversidade funcional.

A diversidade sexual tamén ocupará un lugar central na semana, con actividades destinadas a promover o respecto á identidade de xénero e a orientación sexual.

Como colofón, a xornada do venres será para festexar a riqueza da diversidade, e farémolo cun concerto de Xerock ás 12:30 e un mercado no que participarán algunhas das entidades cos produtos elaborados polas persoas que participan nas mesmas.

No cartaz e programa adxuntos podedes consultar as entidades que estarán con nós!.

AdxuntoTamaño
cartel letra violeta imprimir.pdf1.17 MB
SEMANA DA DIVERSIDADE programa imprimir.pdf1.21 MB


story | by Dr. Radut