Skip to Content

Lingua galega

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA O CURSO ACADÉMICO 2013-14

O profesorado do Departamento de Lingua Galega e Literatura pon á vosa disposición, nesta páxina web, a Programación Didáctica da que se servirá ao longo do presente curso académico. Nela recóllense os obxectivos, os contidos, os programas de aula, os criterios de cualificación e avaliación, as lecturas, etc. Ademais tamén vos deixamos as distintas Programacións separadas por niveis académicos, para que cada un teñades máis rápido e fácil acceso á que vos corresponda.

SERAFÍN MARCOS: REPRESENTACIÓN TEATRAL SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE

TERRAS DE ACOLÁ

Un ano máis os rapaces de 3º da ESO tiveron a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio con Luis Menéndez, creador da serie documental "Terras de Acolá", sobre as terras da Lusofonía. Esta actividade completouse cunha exposición sobre estes países, no corredor de entrada ao instituto.

Artigo sobre Luis Menéndez no blog do EDLG Bico da Ría: http://www.bicodaria.com/spip.php?article934

Imaxes da charla:http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?album=100

Imaxes da exposción: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

CONTACONTOS EN PORTUGUÉS CON CARLOS MARQUÉS

O alumnado de 4º da ESO e de Portugués desfrutaron coa visita do contador de historias Carlos Marqués, que actuou no noso Salón de Actos o día 27 de marzo, nunha actividade organizada polo Dpto. de Galego e de Portugués.

Imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/galeria/thumbnails.php?a...

LIBROFÓRUM CON CONCHI REGUEIRO-"A HERDANZA DO MARQUÉS"

Entre as 10:30 e as 12:10 do 16 de xaneiro, tivemos no noso centro a Conchi Regueiro, que falou cos rapaces de 2º da ESO sobre o seu libro "A herdanza do marqués". Esta actividade foi organizada polo departamento de Galego.

LIBROFÓRUM CON ABRAHAM CARREIRO

O día 20 de decembro o escritor e ilustrador Abraham Carreiro veu ao noso centro para falar do seu libro Xoeliki cos rapaces de 1º da ESO.

Sobre Makinaria

Déixovos este enlace para que miredes un excelente traballo que a profesora Rosa Salgueiro fixo sobre o libro de lectura Makinaria co que estades a traballar en 4º ESO


 


http://www.rosasalgueiro.com/libros/LIM/makinaria.html

Poesía galega de finais do século XX e principios do XXI

Presentación en power-point vista na clase, para 2º de Bacharelato C

 

Distribuir contido


by Dr. Radut