Benvidos ao I.E.S. Fonmiñá
Enviado por carca en Lun, 11/15/2010 - 11:54.

Avda. Doutor Cabaneiro s/n. C.P. 27287. A Pastoriza (Lugo)
Tlf: 982 33 20 13 / Fax: 982 33 20 25
e-mail: iesfonmina@edu.xunta.es
Teatro: "Verbum Fahrenheit"
Enviado por carca en Lun, 05/14/2012 - 09:27.
Correlingua 2012
Enviado por acare en Mér, 05/09/2012 - 09:06.Os rapaces e rapazas de 3º e 4º acudiron á cita do Correlingua 2012 cunha pancarta co lema "En galego, todo o que buscas", que acadou o 2º premio do Concurso de Pancartas. O tempo non acompañou, pero todo o mundo o pasou moi ben. Parabéns!
Podedes ver máis fotos na galería.

Viaxe a Bruxelas e Bruxas
Enviado por acare en Mar, 04/24/2012 - 09:50.Os alumnos e alumnas da Sección Bilingüe de Informática en francés de 4º de ESO realizaron unha viaxe de estudos a Bélxica, acompañados dos seus profesores, Demetrio Hermida e Ana Campos. Na foto aparecen visitando o Atomium.

Concours de Chapeaux 2012
Enviado por acare en Mar, 04/24/2012 - 08:34.Os gañadores do III Concurso de Sombreiros, organizado polo departamento de Francés, foron os seguintes:
- 1º premio para Christian García Sandamil, de 3º de ESO, co seu modelo "La boîte à couture".
- 2º premio para Aida Pérez Flores, de 1º de ESO, co seu modelo "La reine des coquillages".
- 3º premio ex-aequo para as alumnas de 1º de ESO Andrea Blanco Vidal e Andrea Eiras Gallego polos seus modelos sobre a torre Eiffel e para Sara Rielo Quintela, de 3º de ESO, polo seu modelo "Le terrain de foot".
Parabéns a tod@s!
Podedes ver máis fotos na galería de imaxes.

Jorge Moreno medalla de ouro
Enviado por carca en Xov, 04/19/2012 - 08:39.
O profesor de educación física do IES Fonmiñá Jorge Moreno gañou a medalla de OURO no X Open Internacional de España de taekwondo, baixo a modalidade de poomsae ou técnica; nun torneo que tivo lugar o pasado 24 de marzo en Alicante como membro da selección galega absoluta.
Tropa de Trapo no IES Fonmiñá
Enviado por carca en Xov, 03/22/2012 - 11:45.O Departamento de Lingua Galega xunto co ENDL convidaron a actuar no noso centro ao grupo Tropa de Trapo que nos agasallou cun divertido espectáculo de contacontos e música, "A hora azul". Acompañandos de instrumentos árabes e portugueses, relataron historias do Magreb e da nosa terra. Despois organizaron para os alumnos do 2º Ciclo uns obradoiros de expresión teatral cos que os nosos rapaces e rapazas gozaron do lindo, segundo conta...
(Pincha na imaxe para ver o resto das fotos)
Semana de San Valentín na Biblioteca
Enviado por elenarias en Sáb, 02/18/2012 - 19:30.Do 7 ao 14 de febreiro celebramos na Biblioteca a Semana de San Valentín cunha exposición de libros de temática romántica, entrega de tarxetas e fotografías con corazón.
Exposición Vangardista
Enviado por carca en Mér, 01/25/2012 - 13:25.
Aproveitando que na materia de Lingua e Literatura Galega estamos a dar a literatura das vangardas en 4º da ESO, os alumnos e alumnas aproveitaron para realizar unha orixinal exposición surrealista-dadaísta-cubista con creacións propias. Se estas artes conseguiron sorprender á xente nos anos 20 e 30 do século XX, esta do Fonmiñá tamén está a cumprir co seu cometido.

Podes ver os traballos pinchando aquí
Bill, o noso auxiliar de conversa
Enviado por demetriohermida en Mar, 01/24/2012 - 12:52.
Podes ver o artigo completo na edición da Chaira de El Progreso (24-1-2012), ou ver un resumo premendo aquí.

