TEATRO EN FRANCÉS

O alumnado de francés 3º e 4º de ESO acudiu o mércores 21 de febreiro ao auditorio Gustavo Freire de Lugo para ver unha representación teatral interpretada integramente en francés. A obra "Notre Dame de Paris", de Victor Hugo, correu a cargo da compañía "Bric à brac".

CHARLA DE MULLERES CIENTÍFICAS

O luns 19 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO acudiu a unha actividade organizada pola Biblioteca Pública da Xunta de Galicia en Lugo, coa intención de animar ao alumnado feminino a considerar a posibilidade de cursar estudos científicos e valorar as súas saídas profesionais. A charla correu a cargo de tres mulleres con actividades profesionais relacionadas coa ciencia e a innovación tecnolóxica.

 

NOVO NÚMERO DE PETISCOS

Xa saíu o número 9 da revista escolar Petiscos! Para velo en liña premede no nome da revista. Esperamos que vos guste. Pronto teremos a edición impresa.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Estes días podemos ver no noso centro unha exposición sobre os premios María Josefa Wonenburger Planells, cedida pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Moitas grazas ao departamento de Matemáticas por organizar esta actividade que dá visibilidade ao traballo das mulleres científicas e investigadoras.

#DICIONARIO GALEGO-PASTORICENSE

Os nosos rapaces e rapazas preséntannos en dez vídeos a riqueza e variedade léxica da súa zona.

CONCERTO DE ROCK DOS JIN TONY'S!

O 21 de decembro do 2017, para rematar ben a primeira avaliación, o grupo de As Pontes Jin Tony's Band ofreceunos un concerto espléndido no que fixeron un percorrido musical e didáctico pola historia do rock. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos con eles.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Xa é oficial! Con moita alegría anunciámosvos que os nosos ex-alumnos Fadoua El Hidam e Jesús Neira veñen de recibir un dos premios extraordinarios da educación secundaria obrigatoria ao esforzo e superación persoal. Parabéns a ambos!

O MUNDO QUE QUEREMOS

Outro ano máis continuamos participando no Plan Proxecta co programa "O mundo que queremos". O día 30 de novembro comezamos a nosa nova andaina, aprendendo o que é a cooperación internacional e fixando os obxectivos do proxecto xunto coas monitoras encargadas do programa.

OBRA DE TEATRO DA ASOCIACIÓN "A MARIÑA"

O día 28 de novembro, con motivo da celebración do día pola diversidade funcional, recibimos a uns actores de excepción, membros da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental "A Mariña". Representaron para nós a obra "Es único: teatro contra o bullying". Grazas pola vosa visita!!!

OBRADOIRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os días 22 e 24 de novembro recibimos a visita de voluntarias da Cruz Vermella para impartiren varias charlas e obradoiros nos que aprendemos a importancia de previr e actuar fronte a todas as manifestacións de violencia contra as mulleres. Porque todos os días son 25N!

Distribuir contido