CHAPA galego

O ENDL do IES Fonmiñá realizou unha campaña de dinamización lingüística co deseño dunhas chapas para a ocasión, que foron repartidas entre os membros da comunidade educativa de A Pastoriza (alumnado, profesorado, persoal non docente, inspección, pais e nais, os CEIP, Concello, Biblioteca Municipal, etc.) Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración. Nesta ligazón están os dous vídeos que realizamos: http://oportaldebelen.blogspot.com.es/2017/03/chapa-galego.html

  

 

 

BRAVO, SILVIA!

A nosa antiga alumna, Silvia Folgueira Rico, resultou gañadora do 1º premio de pintura de automóbil nas Olimipiadas Nacionales de Formación Profesional. Dende o IES Fonmiñá queremos darlle os nosos máis sinceros parabéns e amosar a nosa alegría polo seu éxito, que agardamos se repita na proba mundial WorldSkills que disputará en outubro en Abu Dhabi. Moi ben, Silvia! Foto de El Progreso.

Entroido no IES Fonmiñá

O Venres 23 de Febreiro de 2017 tivo lugar no IES Fonmiñá un concurso de disfraces para festexar o entroido.

O xurado estivo composto pola profesora Uxía Logilde, a orientadora Montserrat Castro, e o cosnserxe Anxo Núñez.

Os premiados foron:

1º posto: "A estatua da liberdade", Andrea López.

 

2º posto: "Mulleres loitadoras" (Rosalía de Castro, Isabel II e María Castro) Claudia Rivas, Victoria Andrea Veiga e Sandra Pena.

 

3º posto: "Fufucha", Iago Álvarez.

# RosalíaTe Mannequin challenge

Co gallo do aniversario do nacemento da nosa autora galega máis internacional - 24 de febreiro-a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propuxo aos centros de ensino galegos una serie de actividades para honrar a Rosalía de Castro. Para os centros de ensino secundario a idea foi a realización dun mannequin challenge que recrease a obra ou a figura da escritora. Os rapaces e rapazas de 1º de ESO apuntáronse á proposta e fixeron un mannequin libremente baseado no seu célebre poema "Pra a Habana!". O de ficar quietiños, o peor...

# GRAZAS, AGUSTÍN.

Coa etiqueta #Grazas, Agustín, podedes atopar seis vídeos en youtube onde os nosos alumnos e alumnas contan as súas impresións sobre algúns libros do recordado autor vilalbés Agustín Fernández Paz, que marcou a toda unha xeración de lectores. Tédelos tamén na pestana das Actividades do EDL. Por se non o sabiades, temos un exemplar de Cartas de inverno, dedicado polo autor, que visitou o centro no ano 2001.

Bo traballo,rapaces e grazas, Agustín!  

  

 

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O venres 2 de decembro de 2016 visitáronnos membros da Fundación EU SON de Burela. A través dun concerto celebramos xuntos o día internacional da diversidade funcional.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O venres 25 de novembro, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, o noso alumnado participou en diversas actividades para concienciar sobre esta lacra da nosa sociedade. Na foto, varios alumnos realizaron un gran lazo morado con lemas en contra da violencia contra as mulleres.

VISITA A TECNÓPOLE - GALICIENCIA 2016

O día 16 de novembro os nosos alumnos de 2º e 3º de ESO acudiron ás instalacións de Tecnópole en San Cibrao das Viñas (Ourense) xunto coas profesoras de Ciencias Naturais e Matemáticas para participar nas actividades de Galiciencia 2016 .

 

Distribuir contido