Departamento: Comercio e Marketing
Nº Integrantes
Coordinador: Balvís Prieto, Carmen Lina
Álvarez Expósito, Yolanda
Álvarez García, Yolanda
Arias Ferreiro, Lina
O alumnado de Márketing e publicidade creou unha preciosa escena de Nadal onde todo o alumnado puido facerse fotos e todos e todas disfrutamos moito desta fermosa decoración.
Grazas!
O pasado día 11 de xaneiro, o alumnado de 1º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais na modalidade dual, acompañados de dúas embaixadoras de excepción (Patricia Leirós e Lourdes Porto), visitaron o Porto de Vigo e asistiron á subasta de bivalvos na lonxa de mariscos. Patricia e Lourdes explicáronlles como funcionaba a subasta, os tipos de pesca e de embarcacións que se empregan entre outras cousas moi interesantes do apaixoante mundo do sector pesqueiro.
O pasado mes de decembro os grupos de 1º e 2º de Grao Básico de Actividades Comerciais do IES A Guía foron quen de xestionar unha tenda, en colaboración con Oxfam Intermon. O proxecto xorde da colaboración de todo o profesorado, combinada cunha visita previa á tenda de Oxfam en Vigo. A proba de que outro xeito de ensinanza é posible
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer