Skip to Content


Icono Aula virtual

Resumo dos produtos e saídas do alumnado en Tecnoloxía e TIC

Neste primeiro trimestre o Departamento de Tecnoloxía fixo as seguintes saídas didácticas:

  • 2º ESO: Acércate a la Robotica (Fundación Barrié)
  • 3º ESO: Norman Parkinson. Tecnología e-textiles (Fundación Barrié)
  • 4º ESO: Traballando o mundo 3D (Salnés Campus)

O ensino da Tecnoloxía en 2 e 3ºESO require que se realicen proxectos nos que se traballe en equipo para resolver problemas tecnolóxicos que permitan explorar e formalizar o deseño, a produción, a avaliación ou a mellora de produtos relevantes desde o punto de vista tecnolóxico e social. 

O alumnado de 2ºESO levou a cabo o seu primeiro proxecto. Un proxecto que amosa a súa primeira toma de contacto co mundo 3d, materiais, planos, deseño, unións fixas e articuladas e un sinxelo circuíto eléctrico. Todo pode verse no seguinte vídeo:

 

Tamén, o alumnado de 3ºESO creou o seu primeiro proxecto. Un proxecto que engloba electrónica, programación (algúns con mBlock usando unha LDR e outros con APP inventor conectando o seu smartphone coa Lámpada Intelixente mediante un módulo bluetooth). Neste proxecto tamén tiveron o seu primer contacto co deseño 3D a través de litofanias. Enténdese mellor o proxecto cando se visiona o vídeo:

 

Con relación ao alumnado de TIC de 4ºESO, esta materia desenvolve un papel fundamental na sociedade actual porque trata de achegarlle ao alumnado as habilidades necesarias para adaptarse aos cambios do ámbito tecnolóxico. O Departamento buscou unha actividade actual encamiñada a traballar o mundo 3D, para eles descoñecido. Esta saída didáctica fíxose na sede de Salnés Campus e nela traballaron o deseño, creación e escaneo de pezas 3D. No seguinte vídeo pode verse que ben aproveitaron a saída didáctica:

 



story | by Dr. Radut